A AUTORA: MARJANE SATRAPI Aínda que naceu en Rasht o 22 de novembro de 1969, a súa infancia e parte da súa xuventude transcorreu na capital de país, Teherán. Satrapi é descendente da familia real “kayar” que gobernou o país ata 1925 e contou con certas comodidades e facilidades educativas como aprender francés nun liceo privado.
A PELÍCULA O 27 de xuño de 2007 estreouse a película baseada na novela gráfica Persépolis, unha película de animación dirixida por Vincent Paronnaud e producida por Xavier Rigault e Marc-Antoine Robert.
CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN
A película, con música de Olivier Bernet, obtivo unha nominación á Palma de Oro e conseguiu o Premio do xurado no Festival de Cannes 2007. Tamén conseguiu o Premio Especial do xurado no Festival Internacional de Cine Cinemanila, un Goya e no ano 2008, foi nominada á Mellor película animada na entrega dos Oscar.
A súa familia, de talante progresista e con ideas marxistas, inculcoulle un pensamento máis ben contrario ao que se imporía na revolución islámica de 1979 e iso influiría nos seus posteriores traballos gráficos. Para evitar problemas co novo réxime irano, á idade de 14 anos trasládase a Viena (Austria) para continuar os seus estudos e vivir nunha sociedade máis liberal. Terminada a súa estadía en Europa, regresa ó seu país para graduarse en Belas Artes na Universidade Islámica Azad. Decepcionada de novo co goberno do seu país, decide mudarse a Estrasburgo (Francia) onde se incorpora definitivamente ao mundo de cómic.
“Persépolis” MARJANE SATRAPI Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-
24 NOVEMBRO 2014