ACTIVIDADES PARA A SEMANA ( 28 xaneiro ó 1 febreiro) DÍA 28 (3ª hora) HORA DE LER: Canción introductoria, lectura de poemas on-line, VIDEO e reflexión en grupo. DÍA 30 (2º recreo):"BOMBARDEO DE POEMAS” na biblio (PAPIROFLEXIA E POESÍA). o Taller de papiroflexia nos recreos do luns e martes (AVIÓNS con poesía) o Bombardeo de avións cargados de poemas e recital. Publicación na web do centro de recomendacións de lectura e películas Exposición deses materiais . CONCURSOS (Todos teñen premio e están abertos a toda a comunidade ALUMNADO, PAIS, PROFES e PERSOAL NON DOCENTE!!) o “ADIVIÑA PELIS”: reflexionando pola paz e a non violencia. Pon a proba os teus coñecementos cinematográficos e trata de adiviñar a que películas corresponden os 42 fotogramas de películas que abordan esta
temática e que aparecerán na páxina web do centro. Pide a túa ficha para escribir as solucións na biblio. Entrégaa cuberta antes do día 1 de febrero. o FRASES POLA PAZ: Quen dixo…? No patio interior do centro colocaremos un panel con 21 imaxes de personaxes famosos e frases ditas por eles. Animádevos a investigar a quen corresponden eses pensamentos. Pedide a folla para as respostas na biblio. o OLIMPÍADA PACÍFICA: Xogo de busca de información. Cada día ás 10.00 aparecerá unha pregunta na porta da biblioteca sobre personaxes coñecidos internacionalmente pola súa contribución á paz. Os participantes terán 24 horas para depositar a resposta nunha urna. Serán en total 5 preguntas e gañará quen máis acertos consiga na semana.