CASTELO DE SOUTOMAIOR ITINERARIO
I ES Po et a A ñó n - O ut e s -
8.30 Saída do IES Poeta Añón 10.00 Chegada ao PORTO de VIGO. Visita do monumento a Jules Verne. O castelo de Soutomaior é un castelo medieval do século XII, lugar de orixe e centro de poder dunha das liñaxes máis significativas da Galicia medieval: os Soutomaior. Os membros desta familia participaron como personaxes protagonistas na maioría de acontecementos políticos e sociais da época en Galicia (como a guerra civil entre Pedro I de Castela e Henrique de Trastámara, as guerras con Portugal, as revoltas irmandiñas, ou os múltiples enfrontamentos entre os bispados de Tui e Santiago de Compostela e casas nobres galegas entre si). Entre todos os membros desta familia destacou a figura de Pedro Álvarez de Soutomaior, máis coñecido polo alcume de Pedro Madruga. Pedro Madruga (1430-1486) foi unha das figuras máis sobresalientes de Galicia e prototipo do cabaleiro feudal na Baixa Idade Media. O seu alcume viría de chegar a combater de madrugada, algo que non era habitual entre os cabaleiros medievais. Cóengo de Tui, fixo unha importante carreira política e naval en Portugal e Galicia, sendo unha das figuras principais das batallas "Irmandiñas" e da loita sucesoria no reino de Castela trala morte de Henrique IV.
Polo MAR de Vigo
10.45: Barco á Illa de San Simón (visita guiada ) 13.00 Visita do Museo MEIRANDE. 14.00 Bus cara a Soutomaior (dende Meirande) 14.30 Chegada ao Castelo de Soutomaior.. Xantar e visita do recinto 16.30 Regreso a Vigo. Visita do Museo do Mar . 18.00 Tempo de lecer: merenda 19.00 Regreso a Outes 20.30 Chegada ao IES Poeta Añón
Tralas pegadas de JULES VERNE
Fontes para a elaboración deste tríptico:
https://vigopedia.com/2016/02/18/el-capitan-nemo-enla-ria-de-vigo/
https://gl.wikipedia.org www.turismodevigo.org http://www.museodomar.com https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/illade-san-simon/
Club de lectura LARETAS 20 maio 2017
G UÍA INF ORMATIVA e IT IN ERARI O DA VIAXE MONUMENTO A JULES VERNE O escritor francés dedicou un capítulo á Baía de Vigo nun dos seus libros máis famosos, 20.000 leguas de viaxe submarino, alimentando a lenda sobre o tesouro de Rande a través do popular personaxe do Capitán Nemo e o seu famoso Nautilus. Jules Verne mesmo veu coñecer a cidade, logo de escribir a novela. Así que, para agradecerllo, no centenario da súa morte (2005), a Asociación de Mulleres Empresarias de Pontevedra encargou esta escultura de bronce ao artista vigués José Molares e doouna á cidade.
ILLA DE SAN SIMÓN
A Illa de San Simón atópase na enseada homónima dentro da Ría de Vigo. En realidade trátase de dúas illas (San Antón e San Simón) unidas por unha ponte. San Simón foi escenario desde tempos remotos de pequenos templos relixiosos. Foi saqueada por piratas ingleses en innumerables ocasións. Nos séculos XII-XIII foi habitada por monxes templarios ata que un século máis tarde pasou a mans da Coroa de Aragón e xa que logo ao bispado de Tui. O trobador Mendiño chegou a compoñer unhas estrofas ás illas:
Sediam’eu na ermida de San Simón, e cercaronm’as ondas, que grandes son, eu atendendo ao meu amigo, eu atendendo ao meu amigo…”
MUSEO MEIRANDE Museo da Batalla de Rande e o patrimonio industrial, localizado no lugar de Rande , concello de Redondela. Está situado na antiga Fábrica do Alemán, unha construción de comezos do século XX dedicada á salgadura e logo a conserveira. Durante a Segunda Guerra Mundial foi centro loxístico de aprovisionamento de volframio a través de submarinos e barcos nazis. En 1702, durante a Guerra de Sucesión, prodúcese un importante episodio histórico na zona: a Batalla de Rande. Neste escenario enfrontáronse as tropas anglo-holandesas ás hispano-francesas, do que saíron vitoriosas as primeiras. Tras a batalla saquean toda a costa e incendian o mosteiro de San Simón, que despois dunha reconstrución volve ser destruído, ata que finalmente é abandonado en 1719, tras outro ataque inglés. A partir deste momento xorden as lendas dos tesouros dos galeóns afundidos que Jules Verne relatou nunha das pasaxes do seu libro Vinte mil leguas de viaxe submarina.
Foi escenario tamén das revoltas Irmandiñas. O 23 de outubro de 1702 tivo lugar a batalla de Rande. Logo de gañar, os anglo-holandeses saquearon a costa e incendiaron o mosteiro da illa. Tras un século de abandono e tralo aumento de enfermidades como a cólera e a lepra, a illa pasou a ser un lazareto. Todos os barcos debían de pasar por esta illa antes de desembarcar. O chamado “lazareto de San Simón” continuou ata principios do século XX. Máis tarde veu o que foi o episodio máis triste da súa historia: foi convertido en penal polo bando do ditador durante a guerra civil. Alí foron asasinados centos de contrarios ao réxime franquista, convivindo en condicións infrahumanas. Logo da guerra foi rehabilitado para converterse en residencia de verán da garda de Franco ata que se abandonou de novo, Anos máis tarde sería un centro de formación de nenos orfos de mariñeiros. Hoxe en día está aberta ao público formando parte do Parque Natural das Illas Atlánticas. No 2004, a Xunta de Galicia regalou aos habitantes de Vigo unha estatua en homenaxe a Xullo Verne, situada entre a illa de San Simón e a Praia de Cesantes. A obra recrea a escena na que o Capitán Nemo e dous buzos do submarino Nautilus recollen os tesouros da Batalla de Rande que xacen escondidos na ría.
MUSEO DO MAR DE GALICIA
O Museo do Mar de Galicia está emprazado na vella fábrica de conservas Alcabre-Molino de Viento (1887). Reutilizada como matadoiro municipal, en 1992 a Xunta de Galicia encargou o anteproxecto do museo ao arquitecto italiano Aldo Rossi e ao galego César Portela. Trala morte de Aldo Rossi, César Portela proxecta un complexo integrado pola vella fábrica, un novo corpo de naves, a taberna, o acuario e o faro. Este museo permite comprender a larga vinculación histórica dos galegos co mar a través do seu aproveitamento e coñecemento. No percorrido polas súas salas coñeceremos a actividade pesqueira en tódolos seus ámbitos, así como o seu desenvolvemento no descorrer da historia: a pesca, o marisqueo e a acuicultura, os métodos de conservación, desde o primitivo salgado ata o moderno conxelado, os avances técnicos nas embarcacións ou a bioloxía mariña. Completarase o percorrido cunha visita ao acuario do Museo, onde se poden observar os principais ecosistemas que se atopan entre o propio peirao do Museo e a costa acantilada das Illas Cíes. Jules Verne visitou Vigo en 1878 e 1884, a bordo do seu iate Saint Michel III . Nas dúas ocasións aproveitou a visita para realizar reparacións e algúns axustes no seu barco, que correron a cargo do industrial Antonio Sanjurjo Badía, o cal posuía un taller (“La Industriosa”) e un pequeno asteleiro no Arenal. A empresa máis famosa deste emprendedor foi a creación dun minisubmarino deseñada por el mesmo para defender a ría da flota estadounidense. Tratábase dun somerxible que conservaron os seus descendentes e que hoxe en día está no Museo do Mar.