FINA CASALDERREY Xeve, Pontevedra -1951
ALGÚNS DOS SEUS LIBROS –Lit. Infantil –xuvenil
CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN
Xosefa Casalderrey Fraga (Fina Casalderrey) naceu no lugar de Pilarteiros, Pontevedra en 1951 Profesora, etnógrafa vocacional, gastrónoma, xornalista...e, sobre todo, escritora. Tanto é así que está considerada unha das autoras máis recoñeci-das e traducidas da literatura infantil galega. Estudou maxisterio e o seu primeiro destino como mestra foi una substitución en Pontecesures. Alí deu con Avelino Pousa Antelo Foi daquela que comezou a adaptar contos populares ao teatro para representalos co seu alumnado. Nos comezos como ensinante, foron tantos os destinos que, en canto tivo oportunidade, quedou 25 anos en Moraña. Logo, os dez últimos anos, previos á súa xubilación, impartiu docencia no IES Illa de Tambo de Marín. Diplomouse en Lingua e Literatura Galega na Escola Oficial de Idiomas Cambiar a Escola, achegala máis á realidade, instouna a realizar co seu alumnado diferentes traballos relacionados coa investigación etnográfica no entorno próximo (os hórreos, os apeiros de labranza, as festas populares, a medicina popular, cantigas, refráns, lendas…), Todos eles en Galego. No ano 1991 deuse a coñecer no mundo das publicacións coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. Dende entón, publicou máis de cincuenta títulos, dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís Os seus libros, sempre escritos inicialmente en galego, tradúcense habitualmente ás demais linguas do estado. Algúns tamén ao bretón, coreano, inglés, francés, italiano, portugués ou chinés. Dende novembro de 2013 forma parte da RAG (Real Academia Galega) como membro numerario. FONTE: Web da autora
Fina Casalderrey ¿SOBREVIVES? 23 XANEIRO 2017
ARGUMENTO O libro narra a historia de Moni, Francisco Sánchez Loiro, un mozo orfo de nai dende os once anos. Este mozo hoxe ten dezasete anos e cursa con dificultade estudios de formación profesional en hostalería.O protagonista conta de forma dura pero divertida feitos da súa conflitiva vida social e familiar. Moni da moita guerra aos profesores, debido á súa reiterada mala conduta, amizades, obsesión pola caza e polos cans , o seu resentimento e as súas absurdas reaccións. Non deixan de abraiar ao profesorado e aos seus compañeiros. Conta co respecto dos compañeiros de patio e iso lle fai sentirse moi orgulloso. Vive entre un mundo urbano que o rexeita, e un mundo rural que o acolle. As súas esperanzas no futuro están nos seus podengos nos que confía case en exclusiva. O protagonista relata o que pensa das mozas, da relixión e nos descubre o mundo da drogadicción, cando se decata de que o seu amigo Cali e o seu tío son consumidores, facéndose consciente de que están metidos nuns hábitos de consumo nocivos que son moi difíciles de abandonar.
CANS PODENGOS
PODENGO
Denomínase podengo a un tipo de can de caza de oríxe antiga. Existen varias razas na actualidade ao longo de todo o Mediterráneo: crese que a orixe destas razas modernas está no Antigo Exipto (concretamente na raza Tesem) e que os cans foron difundidos polas costas mediterráneas polos fenicios.O seu aspecto lembra lixeiramente a un chacal ou á imaxe do deus exipcio Anubis. O podengo destaca polo amplio desenrolo dos sentidos. A súa visión, o seu olfato e o seu oído fan que sexa un dos cans de caza máis eficaces á hora de buscar a presa.
FRAN MARIANXO PAI DE FRAN TITO CALI AVOA PICHÓN DIRECTOR DO IES
Para o debate...
Personaxes
PODENGO ANDALUZ
Gustouvos a novela? Por que? Quen narra a historia? Como se pode definir ao protagonista? Que significa o título? Mirada náufraga, oscura, siempre en garda, rebelde, apático, provocador, agresivo, etc. ¿Sobrevive a todo elo? ¿Por qué? É un duro? Non ten sentimentos? ¿Ou simplemente protéxese para non sofrir tanto? Como lle chama ao director? Como é a súa relación con el ? As charlas que mantén o director con el serven de algo ? Paga a pena en educación corrixir, berrar ou dar unha e mil oportunidades?
Que outras alternativas se che ocorren a ti para intentar resolver os conflitos nos que constantemente se metía Moni? Que poden facer, como deben actuar os educadores de calquera tipo, para acompañar aos adolescentes nos seus procesos e como se lles pode axudar a sobrevivir? Que atopa Francisco nos cans, na caza, na natureza? Como se relaciona cos seus amigos? Que significa para el “ir de festa”? El pensa que “controla” tanto coas motos como co alcohol, as drogas, etc…Vós pensades o mesmo sobre o protagonista? E sobre vos mesmos? Como viviu a morte da súa nai? Segue afectándolle a súa morte? De que maneira o manifesta? Que lembra da súa nai? Que relación ten coa súa irmá? E con seu pai? Como é a súa relación co resto da famila: avoa, tios (especialmente Cali), primos (especialmente Pichón)… E no concurso de cans dixeron o nome do gañador: Francisco Sánchez Loiro. Que lle supuso iso? Que diferenza tan grande si a comparamos coas veces que tivo que escoitar o seu nome pola megafonía do centro! Orgullo, satisfacción? É un machista? Que pensa e como se relaciona coas rapazas? Góstame conversar conmigo mesmo de cando en vez, di Francisco ao final do libro. ¿E a ti? Para que serve? Qué podemos facer, cómo debemos actuar os adultos con adolescentes e xóvenes para poder axudalos a sobrevivir? Como é o final da novela? Paréceche realista ? Prodúcese algún cambio no protagonista? Cal ou cales?