OS LIBROS E AS IDADES Utilizar o servizo de préstamo da biblioteca ou regalar libros son algunhas formas de acercar a lectura ó teu fillo/a. En cada idade, os rapaces soen amosar os mesmos gustos e niveis lectores. A partires dos doce anos lembrade que os rapaces teñen máis claro o que lles gusta. Non vos empeñedes en que lean o que vos gustou a vós á súa idade. O voso papel será o de estimular, dar ocasión para falar de libros, propiciar encontros agradables cos textos, compartir as alegrías que dá unha boa lectura e invitarlles en todo momento a expresarse. Tede en conta que ser lector non é unha tarefa fácil e axudar a ser lector tampouco. Os libros non deben ser un castigo, senón un pracer que podedes descubrir xuntos.
Dende os favoritos
12
anos.
Temas
Entre os libros que máis atraen podemos destacar: Relatos de aventuras, de viaxes, e descubrimentos. Historias policiacas de misterio e terror. Libros de ciencia ficción. Novelas e poemas de amor. Libros de historia das civilizacións e biografías de personaxes ilustres. Obras clásicas en edicións orixinais. Antoloxías de contos. Cómics. Libros de información científica e técnica, amenos e complementados con material gráfico, en soporte papel e electrónico. Obras de referencia impresa e electrónico: diccionarios, enciclopedias, monografías sobre temas de estudio e aficións (fotografía, cine, pintura, música...) Historias de acción con protagonistas xuvenís nas que aparece un heroe ou un líder.
LER NA CASA Curso 2009-2010
Orientacións para FAMILIAS comprometidas coa LECTURA
Biblioteca IES “Poeta Añón” Outes