Nuestro último verano en Escocia

Page 1

ESCENARIOS: Escocia e as Highlands

CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

A película foi rodada nas fermosas praias do noroeste escocés. Gairloch e West Point Beach na zona de Wester Ross toman un protagonismo esencial nas peripecias da familia McLeod. Estas praias destacan pola súa area branca e fina e, sobre todo, por ter ao seu carón unhas espectaculares paisaxes montañosas dos que a película rende boa conta. WESTER ROSS

“Vive máis, pensa menos!”

NUESTRO ÚLTIMO VERANO EN ESCOCIA Andy Hamilton-Guy Jenking 2014 Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-

19 DECEMBRO 2016


Para saber máis sobre VIQUINGOS

Ficha técnica Título: Nuestro último verano en Escocia Título orixinal: What We Did on Our Holiday Dirección: Andy Hamilton -Guy Jenkin Intérpretación: David Tennant, Rosamund Pike, Billy Connolly, Ben Miller, Celia Imrie, Emilia Jones, Amelia Bullmore, Bobby Smalldridge, Alexia Barlier, Imogen Toner, Kirstin Murray País: Reino Unido Ano: 2014 Xénero: Comedia dramática. Duración: 95 min.

ODIN Odín ou Wotan ou Woden, é considerado o deus principal da mitoloxía nórdica . O seu papel, do mesmo xeito que o de moitos deuses nórdicos, é complexo. É o deus da sabedoría, a guerra e a morte. Pero tamén se lle considera, aínda que en menor medida, o deus da maxia, a poesía, a profecía, a vitoria e a caza.

sinopse

Fonte: Wikipedia

Doug e Abi son unha parella que levan aos seus 3 fillos a Escocia para participar nunha gran reunión familiar e celebrar o 75 aniversario do seu avó, Gordy. Alí recíbeos o estirado irmán de Doug, Gavin, e a súa depresiva muller, Margaret. Durante esta xuntanza todos intentan agochar os seus segredos e miserias. Gordy descobre que só pode entenderse cos fillos de Doug e Abi: a eles lles confesa os seus desexos e temores. Un acontecemento inesperado no que se ven envoltos os nenos forzará á familia a deixar de lado as súas diferenzas e a unir forzas ante o risco de perder o que máis queren.

reparto

VALHALLA Na tradición viquinga pensábase que un guerreiro morto en batalla ía parar a Valhalla, unha especie de paraíso no que os heroes mortos asistían a un gran banquete con mesas moi longas. A lenda di que o deus Odin mandaba ás súas guerreiras valkirias cabalgar polos ceos e recoller ós soldados mortos para levalos a Valhala.

FUNERAL VIQUINGO DOUG

ABI

JESS

GORDIE

David Tennant

Rosamund Pike

Harriet Turnbull

Billy Connelly

MICKEY

LOTTIE

GAVIN

MARGARET

Bobby Smalldridge

Emilia Jones

Ben Miller

Amelia Bullmore

Os viquingos adoitaban incinerar aos seus mortos en barcos funerarios. Frecuentemente os cadáveres eran depositados nun barco ou nun barco de pedra, e adoitábaselles deixar ofrendas segundo o estatus e a profesión do defunto, entre as que podía incluírse o sacrificio de escravos. Despois creábase o túmulo amontoando sobre os restos terra ou pedras.

CURIOSIDADES DA PELICULA

Boa parte dos diálogos dos nenos na película foron improvisados en base ás ideas e notas aportadas polos directores

O actor que fai o papel do avó soubo que padecía un cáncer de próstata e a enfermidade de Parkinson xusto antes de iniciar a rodaxe da película. Non llo comentou a ningún membro do equipo de rodaxe

A banda sonora da película inclúe: -Suite vikinga (Orquesta Filarmónica da cidade de Praga) -Fisherman’s blues ( THE WATERBOYS) -You in the Sky (THE WATERBOYS)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.