MEMORIA

Page 1

MEMORIA DO DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO DE BIBLIOTECA NO IES ILLA DE TAMBO.

CURSO 2010-11

Encargada da Biblioteca: Celia Sรกnchez Reboredo


GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS

En xeral o equipo entende que obtivo un grao de cumprimento moi satisfactorio no que se refire á catalogación, á mellora das instalacións, aos equipamentos, á difusión da páx web da biblioteca, á formación de usuarios. É tamén reseñable á aceptación dun novo modelo de biblioteca na comunidade escolar. O equipo de biblioteca foi felicitado polo seu labor en varias reunións do claustro neste curso. Medra, e moito, o número de visitas á páxina web da biblioteca. Tamén aumentou o número de visitas á biblioteca tanto no alumnado como no profesorado. Pero aínda quedan cousas por facer. En resumo, enumeramos os logros e os retos para o futuro na táboa seguinte.

PASOS XA DADOS

O QUE QUEDA POR FACER

Difusión e aceptación dun novo modelo

de

biblioteca

de usuarios, de fomento da

centralizada e aberta. •

Máis actividades de formación

lectura.

Continuidade dun grupo estable

Atraer a máis profesores á

de dinamización da biblioteca.

biblioteca como instrumento

Actividades de formación de

na súa práctica docente.

usuarios: informativo.

tríptico Sesións

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

de

Actividades para formar aos alumnos no uso crítico da

1


todos

os

cursos

con

información

profesores do equipo da •

biblioteca como instrumento na

en internet. •

os

informativos, de regulamento

catalogados neste curso).

e de lecer- para conservalos e

Dinamización da páxina web

difundilos dende a biblioteca. •

Informatización

Creación

Deseño

Mellora

total

dun

carné

dun

boletín

fondos.

do

da

das

Continuar coa renovación de

Unificación de armarios.

Mellora da iluminación.

Mellora

dos

postos

de

catalogación e atención ao

de

público.

instalacións:

Creación

dun

fondo

de

reparación de ventás, pintura

documentais educativos para

das paredes, redistribución de

uso docente.

espazos,

eliminación

dos

Creación

de

diferenciados.

Continuar coa catalogación dos fondos. Tamén dos que

armarios mais antigos. •

todos

(en torno aos 3800 documentos

recomendacións de lectura. •

de

documentos feitos no centro -

biblioteca. •

Recollida

Catalogación co Programa Meiga

préstamo. •

Editar unha guía de pautas para discriminar información

da biblioteca. •

de

Máis profesores que usan a

súa práctica docente. •

través

Internet.

biblioteca. •

a

espazos

están noutras dependencias do instituto: departamentos, sala de profesores, aulas.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

2


Renovación

de

fondos

documentais. •

Aumento

de

postos

ordenador

con

conexión

de a

internet. •

Pantalla para proxeccións na biblioteca.

Mellora da sinalización.

Foi evidente e moi

admirada neste curso a mellora das instalacións. Nun

instituto de máis de 50 anos, con moi poucas innovacións no pasado máis recente, a biblioteca renovada apareceu –como alguén comentou- como un “oasis de modernidade”. Enumeramos as reformas máis salientables: • Como as ventás eran moi antigas e estaban en moi mal estado, a biblioteca enchíase de humidade e mesmo tiña gotexas. O ambiente, entón era pouco acolledor. Así que a primeira actuación do curso foi o cambio de ventás. Pode ser que non sexa tan aparente á vista como outros cambios, pero si se nota na calidez do ambiente.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

3


โ ข

Moito mรกis vistoso foi o seguinte cambio: a pintura das paredes en dous cores diferentes.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

4


Nova sinalización: Neste aspecto tivemos tamén especial interese porque queremos unha biblioteca didáctica, que ensine aos nosos alumnos a moverse nas bibliotecas do mundo. Os paneis das paredes teñen a misión de familiarizar ao alumnado coa CDU e servir de guía na nosa biblioteca, sempre buscando a autonomía do usuario.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

5


O noso novo recuncho de lectura informal, polas cores vivas dos sillóns, alfombra e mesas, tivo un gran éxito entre profesores e alumnos. A montaxe dos mobles foi unha actividade lúdica que congregou a alumno se profesores amantes do bricolaxe, aínda que co afán de velos xa montados esquecémonos de fotografar estes traballos.

Lugar do “recuncho” ocupado por andeis BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

6


BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

7


Outras das

innovacións deste curso foi a mesa de novidades, así como o

expositor de material audiovisual .

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

8


• Nestas últimas semanas foise completando a sinalización das seccións feita en colaboración co departamento de plástica. Esta sinalización, na que traballaron alumnos de 4º da ESO dirixidos polo profesor Ítalo Cendán, foi un traballo co valor engadido de ser feito reciclando os separadores de madeira da antiga biblioteca. Como na anterior ordenación do catálogo había moitas seccións, ao simplificalas quedaban sen uso todos eses separadores con forma de libro. Por iso, pola súa forma e material, que non queríamos desperdiciar, pensamos en reutilizalos, pintándoos coas cores da CDU. O resultado está á vista nas fotografías.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

9


BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

10


BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

11


BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

12


EQUIPAMENTO 1.

Adquisici贸n de catro novos ordenadores

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

13


2.

Instalaci贸n de novos puntos de conexi贸n a internet.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

14


Canón e pantalla para proxeccións.

3.

ACTIVIDADES XESTIÓN •

Fíxose un enorme esforzo de catalogación, como se pode comprobar na nosa páxina web: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca= PED081”

Só neste curso catalogáronse arredor de 3800 documentos, porque é imprescindible que toda a comunidade educativa teña acceso á información sobre fondos da biblioteca. Hoxe están ao día xa varias seccións enteiras e noutras están catalogados os documentos con máis posibilidade de uso.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

15


Completouse a informatización do préstamo co programa Meiga, o que contribuíu poderosamente a aumentar o préstamo. O programa permite levar ademais un rexistro de morosos, un servicio de reserva dende casa e facer estatísticas sobre lectores e lecturas de diversos tipos.

Despois de acordos diversos sobre a convivencia na biblioteca, o grupo de biblioteca encargouse de difundir as normas de comportamento e de uso do material da biblioteca.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

16


Para optimizar o funcionamento do equipo de biblioteca sen recorrer a reunións longas fora de horario, comunicamos todas as novidades diarias na xestión ( listas de morosos na devolución de libros, cambios nas normas que non funcionan ben, reservas de libros, acordos de catalogación, dúbidas variadas) mediante un grupo na rede: “Grupo bitmarín”. É un importante pulo de axilización no desenrolo das actividades da biblioteca. (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 1)

A biblioteca ten que estar presenten a vida do centro, ten que facerse notar. Por eso, neste curso tivemos un empeño especial na difusión de novidades da biblioteca e dende a biblioteca. Fixemos carteis sobre as novidades que ían chegando á biblioteca, fixemos avisos aos correos dos profesores de noticias interesantes no entorno da biblioteca e iniciamos un taboleiro de novidades da biblioteca na sala de profesores. (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 2)

FORMACIÓN DE USUARIOS •

Por ese interese en facérmonos visibles, dende o comezo de curso puxémonos a traballar nun deseño de carné da biblioteca. Como o nome do instituto é recente, fixemos que o deseño do carné aludira ao novo nome: á Illa de Tambo (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 3: CARNÉ)

E así fixemos da distribución dos carnés de biblioteca a toda a comunidade un evento sinalado no instituto.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

17


No primeiro trimestre do curso, os profesores do equipo de biblioteca levaron a cabo sesións informativas sobre o novo funcionamento da biblioteca centrado nos seguintes apartados: 1. A CDU nesta e noutras bibliotecas. 2. Como atopar un documento na sala 3. Buscas na páxina web 4. Utilidades da páxina web Fixemos un horario, coincidindo con tutorías da ESO e con clases diversas en Bacharelato para que a cada curso lle correspondese, a lo menos, unha sesión de visita informativa á biblioteca. Para acompañar á explicación é para usar con todo o alumnado novo en anos vindeiros, o equipo de biblioteca deseñou un

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

18


tríptico informativo sobre a disposición da biblioteca e as buscas na páxina web de Meiga. (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 4: TRÍPTICO)

Nesta visita a cada alumno entregábaselle o tríptico informativo sobre a biblioteca.

As comunicacións ao claustro de profesores das novas da biblioteca teñen un resultado moi notable: o aumento do préstamo a profesores. É un pequeno paso que, sen embargo, nos parece decisivo, porque o coñecemento dos fondos da biblioteca por parte do profesorado é imprescindible para achegar a biblioteca ao resto da comunidade escolar.

Dende hai tempo viñamos notando que as visitas á páxina de Meiga de buscas na nosa biblioteca ían espaciándose. Os alumnos, ao chegaren á biblioteca preguntábanlle ao profesor encargado máis que buscar nó ordenador.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

19


Como nos parece que é unha pena que os usuarios non se beneficien dos medios ao seu alcance para consultar dende casa e para ser máis autónomos na busca de información, ideamos un concurso de preguntas que só se podían responder consultando a páxina web. Fixémoslle moita publicidade para animar á participación ao alumnado.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

20


É o noso Biblioconcurso, que tivo unha fervorosa acollida. (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 5) Tivemos moitos participantes e dous gañadores da primeira fase que competiron nunha final o venres día 3 de xuño.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

21


Na seguinte táboa pódese comprobar o espectacular aumento de consultas á páxina web da biblioteca durante a semana do concurso: CONSULTAS NA PÁXINA WEB 01-08 mayo Lunes 9 mayo Martes 10 mayo

627

semana anterior

1.409 947 Semana Biblioconcurso:

Miércoles 11 mayo

1.260 5.208 consultas

Jueves 12 mayo Viernes 13 mayo (hasta 14 h.)

1.480 112

FOMENTO DA LECTURA

Como xa dixemos, neste curso tivemos un empeño especial na difusión de novidades da biblioteca e dende a biblioteca. Fixemos carteis sobre as novidades que ían chegando á biblioteca, e tamén das novas culturais das que a biblioteca debe informar á comunidade educativa. Así fixemos coa chegada, no mes de novembro, da colección completa dos cómic de Ibañez “Mortadelo e Filemón”, moitas veces pedidos polos alumnos e que tiveron unha gran acollida.(ADXUNTO Nº 6)

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

22


BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

23


Tamén dimos rápida nova de importantes acontecementos culturais, como a concesión do Premio Cervantes a Ana Mª Matute (ADXUNTO Nº7)

Nesta mesma liña de publicitar as novidades da biblioteca puxemos carteis anunciadores das subscricións a periódicos e revistas do interese do alumnado como Rolling Stones ou Sport Life (ADXUNTO Nº 8).

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

24


Para o Nadal a biblioteca fixo unhas recomendacións de lectura por cursos: unha para bacharelato,outra para o segundo ciclo da ESO e outra para o primeiro ciclo. Foron os titores os encargados de repartilas en cada curso.

DOCUMENTOS

ADXUNTOS Nº 9, 10) O grupo de teatro do IES xa levan anos participando na Mostra de teatro do Ensino Secundario do Morrazo. Amais diso, este curso os nosos alumnos gañaron en varias categorías os premios de “Teatro breve. Testeatro” que organiza o mesmo IES de Rodeira. As obras premiadas foron publicadas en caderniños (ADXUNTO Nº 11) que se expuxeron na biblioteca e que se conservarán nela.

Vai medrando o número de profesores que optan por dar as súas clases na biblioteca. É ilustrativo sinalar que, dadas as carencias deste centro en recursos TIC, a biblioteca estase a convertir na zona da “modernidade en novas tecnoloxías” o cal

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

25


– entendemos- é unha boa maneira de fomentar a integración da cultura dixital e a cultura impresa.

No mes de febreiro, aproveitando o “famoso” día dos namorados, puxemos na entrada do instituto, durante unha semana, unha exposición variada en soportes- cd, dvd, libro, revista, cómic, novela gráfica...- enfoque –serio, humorístico...- e xénero –lírica, novela, teatro, películas...- de documentos en torno ao tema amoroso. Queríamos acercar a biblioteca aos que nunca acoden a ela, poñéndolle as cousas máis doadas. Podían levar en préstamo os materiais só con apuntarse na conserxería.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

26


BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

27


En colaboración co Departamento de Orientación estamos iniciando un camiño de achegamento da biblioteca aos pais. Con esta finalidade fixemos unha primeira actuación que consistiu en deixar nas salas de recepción de pais libros onde se tratan algúns dos problemas mais comúns da convivencia cos adolescentes e que poden ser de utilidade para nais e pais. De novo puxemos un cartel animando ao autopréstamo.

Por último, aínda estamos desenvolvendo unha serie de actividades, en colaboración con Normalización Lingüística, que teñen un motivo común:o homenaxe a unha compañeira e famosa escritora que se xubila ao final deste curso: Fina Casalderrey. A biblioteca, en primeiro lugar, mercou toda a obra da escritora que non estaba nos nosos andeis (aínda que tivemos que prescindir dos libros para os máis pequeniños que non teñen cabida entre o nosos alumnado), co fin de que ela os firme e os vexa expostos nun acto de fin de curso. A biblioteca, en colaboración con outros profesores e alumnos de 1º da ESO, está levando adiante unha gravación dun vídeo sobre a escritora.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

28


BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

29


Coordinados pola biblioteca, varios profesores levan a cabo outras actividades tamén en relación con Fina Casalderrey: unha pequena representación teatral (alumnos de 11 da ESO), unha presentación en power point (2º de ESO), un conta contos levado ao alumnado do colexio da Laxe, unha biografía da escritora (alumnos de 4º)., unha entrevista á escritora feita por alumnos de 2º de Bacharelato.

Tamén, na última semana do curso, a biblioteca concederá premios aos mellores lectores

HORARIO REAL ASIGNADO Á PERSOA RESPONSABLE E AO EQUIPO DA BIBLIOTECA

A persoa encargada da biblioteca é unha profesora que da dezaseis horas de clase e ten titoría, así que no horario só lle figuran cinco (5) horas de biblioteca. Pero son moitas máis as dedicadas aos labores de xestión e de dinamización. Por sorte (ou quen sabe si por desgracia) hoxe é moito o que se pode facer dende casa gracias ás TIC.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

30


E o mesmo podo dicir dos compoñentes do equipo, varios deles dedican moitas máis das que figuran no seu horario. Estas son, en conxunto e amais das da encargada, 20 horas.

GRAO

DE

IMPLICACIÓN

DO

CENTRO

E

DA

COMUNIDADE EDUCATIVA,

O IES Illa de Tambo está formado por profesores en xeral pouco dados a cambios, sin embargo valora moi positivamente os avances que se ven na biblioteca e quere, cada vez máis, contribuir a eles. Significativa é a participación do departamento de plástica , a colaboración con Normalización e a colaboración dalgúns profesores (inglés, matemáticas). O claustro felicitou polo seu traballo repetidamente ao equipo de biblioteca, como figura nas actas correspondente. Cada vez máis profesores veñen impartir as súas clases á biblioteca. Así ocorre con algúns profesores de Matemáticas, Economía, Ciencias (máis reseñables por ser menos habituáis ate agora). É ilustrativo sinalar que, dadas as carencias deste centro en recursos TIC, a biblioteca estase a convertir na zona da “modernidade en novas tecnoloxías” o cal – entendemos- é unha boa maneira de fomentar a integración da cultura dixital e a cultura impresa. Por outra banda, xa dixemos antes que, en colaboración co Departamento de Orientación, estamos iniciando un camiño de achegamento da biblioteca aos pais. O curso que ven a biblioteca pretende incluír aos que o desexen na lista de lectores e entregarlles un carné. Tamén estamos presentes no Consello Escolar e na CCP onde sempre facemos algunha alusión ás novidades da biblioteca.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

31


GRAO

DE

BIBLIOTECA

INTEGRACIÓN NOS

DOS

PROCESOS

DE

RECURSOS ENSINANZA

DA E

APRENDIZAXE DAS DIVERSAS ÁREAS DO CURRÍCULO

A biblioteca ten a aspiración de facerse imprescindible para o desenvolvemento dos programas de todas as materias pero é difícil que os hábitos cambien bruscamente. Tradicionalmente a biblioteca víase máis asociada ás asignaturas de “letras”. E nestas materias non é xa necesario subliñar a cada vez máis forte e estreita relación coa biblioteca na súa práctica cotián. Pero o equipo da biblioteca ten moi claro que pode facilitar e apoiar igualmente o traballo educativo nas disciplinas científicas ou técnicas, así que neste curso propuxémonos mercar novo material informativo e de lecer (cómic, divulgación, xogos) relacionado con ese mundo. É especialmente destacable o esforzo no entorno das matemáticas e o da química. Como a biblioteca tiña unha absoluta carencia de fondos sobre o deporte e a actividade física, tamén quixemos contribuír a encher ese oco. Estas ampliacións e renovacións de fondos vémolas como un paso necesario para facilitar o achegamento dos profesores menos acostumados a facer uso dela. Aínda que non quero pecar de optimista e que sei que –como xa dixen- as formas de ensino non cambian dun día para outro, a biblioteca xa está presente como posibilidade educativa para moitos profesores. Neste curso aumentamos o uso da biblioteca en relación coas titorías da Eso, o departamento de orientación, o Proxecto Interdisciplinar, Matemáticas, Economía, Química, Educación física e Filosofía.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

32


AS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO ÁMBITO DE BIBLIOTECA

ESCOLAR

NAS

QUE

PARTICIPOU

O

PROFESORADO A encargada da biblioteca participou nas seguintes actividades formativas: •

III ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, que baixo o lema VARIACIÓNS SOBRE A LECTURA, tiveron lugar en Santiago de Compostela, os días 29 e 30 de outubro de2010

Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2010/2011 en Santiago os días 7 e 8 de abril.

A PRODUCIÓN DE MATERIAIS Adxunto os documentos seguintes xa explicados anteriormente nesta memoria: Documento adxunto nº 1: Grupo “Bitmarín” Documento adxunto nº 2: Correos de novidades a profesores Documento adxunto nº 3: Carné da biblioteca Documento adxunto nº 4: Tríptico informativo Documento adxunto nº 5: Biblioconcurso Documento adxunto nº6: Cartel Novidade Documento adxunto nº7: Cartel Ana Mª Matute Documento adxunto nº 8: Cartel Prensa Documento adxunto nº 9 e 10: Recomendacións de lectura Documento adxunto nº 11: “Testeatro” Documento adxunto nº 12: Amor “de libro”

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

33


A AVALIACIÓN REALIZADA

Como a avaliación do traballo do equipo da biblioteca non debe facela só o propio equipo , dado o evidente perigo de parcialidade, baseamos a avaliación en

tres

diferentes indicadores obxectivos:

ENQUISA SOBRE HÁBITOS DOS PROFESORES CON REFERENCIA Á BIBLIOTECA

Para que a contesten todos os profesores do centro no mes de novembro e outra vez no mes de xuño para poder observar, no seu caso, as diferenzas:

Vas cos teus alumnos á biblioteca Si Non

Poucas veces Con frecuencia

Coñeces a disposición dos documentos na biblioteca do centro Si Non

Moi pouco Bastante ben

Usas a páxina web da biblioteca Si Non

Moi pouco Con frecuencia

Podes opinar sobre a composición dos fondos da biblioteca Están ben Están anticuados Hai distribución descompensada entre información e ficción Presenta carencias en …….

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

34


Tes collido en préstamo algún libro da biblioteca Si Non, nunca Asegúraste de que recomendas aos teus alumnos lecturas que poidan atopar na biblioteca Si, sempre Ás veces Non nunca Esta pequena enquisa a principio de curso e ao final pode darnos mostra de certos cambios nos hábitos dos profesores con respecto á biblioteca. Agora temos os resultados da de principio de curso, falta a do final De paso, pode servir para que algúns deles reflexionen sobre a necesidade de coñecer mellor a biblioteca.

ENQUISA SOBRE

HÁBITOS DOS ALUMNOS CON REFERENCIA Á

BIBLIOTECA Pasarase a todos os alumnos do centro no mes de novembro e outra vez no mes de maio para poder observar, no seu caso, as diferenzas: Vas á biblioteca? Si Non

Poucas veces Con frecuencia

Coñeces a disposición dos documentos na biblioteca do centro? Si Moi pouco Non Bastante ben Coñeces a páxina web da biblioteca?

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

- 35 -


Si Non Moi pouco Bastante ben

Podes opinar sobre a composición dos fondos da biblioteca? Están ben Están anticuados Hai distribución descompensada entre información e ficción Presenta carencias en ……. Tes collido en préstamo algún libro da biblioteca? Si Non, nunca

DATOS ESTATÍSTICOS •

Número de actividades do centro nas que participa a biblioteca en tanto por cen.

Número de préstamos.

Números distintos de carné de lector que foron utilizados.

Número de consultas na páxina da biblioteca.

Número de alumnos que participan nas actividades que desenvolve a biblioteca.

PREVISIÓNS DE FUTURO

1. En relación coa organización e xestión 1.1. Continuación da catalogación. Catalogar os documentos dos departamentos didácticos para centralizar e difundir os recursos existentes. 1.2. Finalización dos traballos de sinalización.


1.3. Finalizar a reorganización de espazos. 1.4. Mellora nos mecanismos de reserva dun documento a través da páx. Meiga.

2. En relación coa dinamización e promoción dos recursos da biblioteca. A súa integración no tratamento do currículo e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado. 2.1.

Creación dun blog.

2.2.

Maior publicidade das novidades entre o profesorado (taboleiro de anuncios na sala de profesores, correo electrónico, información da biblioteca

2.3.

en tódolos claustros como punto obrigado)

Constantes chamadas de atención sobre os recursos da biblioteca: carteis, exposicións.

3. En relación coa formación de usuarios e o acceso á información (educación documental) 3.1.

Sesións iniciais para o alumnado novo. Nova divulgación dos variados servizos da páx. web da biblioteca.

3.2.

Novas sesións de entrega de carnés e tríptico informativo.

3.3.

Concursos sobre datos da páx. Web. da biblioteca.

3.4.

Elaboración de repertorios de páxinas de internet con garantía para o uso do alumnado nos seus traballos en colaboración cos departamentos didácticos

3.5.

Criterios para buscar información fiable na rede elaborados e divulgados pola biblioteca

4. En relación co fomento da lectura e do proxecto lector de centro. 4.1. Algún mecanismo de recomendación de lecturas: como saben os editores e os libreiros o boca a boca é frecuentemente o que mellor funciona na divulgación de novas editoriais. Por eso estamos tentando

deseñar un

obxecto ( tarxeta, pequena pizarra ou similar) en que estas recomendacións estean sempre na biblioteca e, ademais, circulen con facilidade por toda a comunidade educativa. 4.2. Celebracións: ano da Química. 4.3. ¿Proposta de hora de ler?


4.4. Premios aos mellores lectores. 4.5. Exposicións e autopréstamo fóra da biblioteca. 4.6. Inclusión dos pais e nais que o desexen no préstamo da biblioteca. 4.7. Libros para pais e nais ( en colaboración co departamento de orientación) nas salas de titoría para autopréstamo.

5. Outras actuacións: 5.1. Mellora da accesibilidade. 5.2. Modificacións na iluminación. 5.3. Unificación de armarios.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.