Como levar emprestado un libro? Unha vez localizado o libro, só tes que presentar o teu carné da biblioteca ao profesor/a encargado. Podes retirar ata tres libros durante un máximo de quince días. Rematado o prazo, terás que renovalo. Poderá facelo por outros quince días, sempre que non haxa lectores en lista de espera. Se queres un libro que está emprestado, pódeste anotar nunha lista de espera. Fala co profesorado da biblioteca.
BIBLIOTECA DA
ILLA
Outros servizos Na web da biblioteca, moitas libros teñen un w encerrado nun círculo a continuación do título: se premes nel, enlazarás cunha páxina web destacada sobre o autor ou a obra. Consulta, na páxina da biblioteca, os Recursos web: webs recomendadas, autores galegos, obras dixitais, revistas electrónicas... En Recursos web > Recursos electrónicos, poderás acceder a obras de consulta sobre temas variados: só tes que usar o teu contrasinal de usuario da biblioteca. Podes reservar exemplares dos libros que che interesen desde a casa.
Ies Illa de Tambo. Marín. “De todos los instrumentos del hombre, el más asombroso es, sin duda, el libro. Los demás son extensiones de su cuerpo. El microscopio, el telescopio, son extensiones de su vista; el teléfono es extensión de la voz; luego tenemos el arado y la espada, extensiones del brazo. Pero el libro es otra cosa: el libro es una extensión de la memoria y la imaginación". Jorge Luis Borges
Curso 2010-11 Nº.0 Decembro 2010
UNHA BIBLIOTECA PARA TI Como están colocados os libros? Como buscar un libro? Como levar emprestado un libro?
IES ILLA DE TAMBO CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rúa da Estrada s/n, 36900, Marín ● Tf.: 986880158 ● Fax: 986880162 ● Email: ies.illa.tambo@edu.xunta.es ● http://centros.edu.xunta.es/iesilladetambo
Outros servizos.
VISITA A WEB DA BIBLIOTECA: http:// www.opacmeiga .rbgalicia.org
Como están ordenados os libros?
A biblioteca está organizada segundo unha CLASIFICACIÓN DECIMAL UNIVERSAL (CDU), usada en todas as bibliotecas, baseada en números e cores. CDU Obras xerais Filosofía Relixión Ciencias sociais Produción propia Ciencias experimentais Ciencias aplicadas Deportes, música, xogos, espectáculos. 8 Linguas e literatura 9 Historia. Xeografía. 0 1 2 3 4 5 6 7
Na nosa biblioteca, cada un destes apartados pode ter varios SUBAPARTADOS. Están sinalados no cartel da PAREDE.
Como están ordenados os libros? Dentro de cada materia os documentos ordénanse alfabéticamente. No seu lombo levan pegada unha etiqueta: os números corresponden á materia. As letras maiúsculas correspóndense coas primeiras do apelido do autor; e as tres letras en minúsculas, coas primeiras do título do libro. Nos andeis os libros están colocados por orde alfabética polos apelidos dos seus autores. Os libros dun mesmo autor están ordenados alfabéticamente polo título.
Materia segundo CDU: “Literatura en castelán”
860 CER don
AUTOR tres primeiras letras do primeiro apelido: “Miguel de Cervantes”
Título tres primeira letras, agás artigos e preposicións: “Don Quijote de la Mancha”
Como buscar un libro? CO ORDENADOR Entra en
http:// www.opacmeiga. rbgalicia.org/ e selecciona provincia, comarca (O Morrazo), concello, grupo (Centros de ensino) e Biblioteca (IES Illa de Tambo).
Ou entra directamente en http://www. opacmeiga.rbgalicia. org/Biblioteca.aspx? CodigoBiblioteca =PED081 e garda en Favoritos ou engade acceso directo no escritorio.
Selecciona o criterio de busca (autor, título, materia…), escribe no recadro á dereita e pulsa na lupa. Tamén podes usar o buscador avanzado en “Buscar na biblioteca” > “Busca avanzada” Tamén podes consultar as novidades, os libros máis emprestados, os fondos totais da biblioteca... DIRECTAMENTE NA SALA
Mira o cartel da CDU para saber cara onde debes dirixirte. Cando xa saibas a subsección que lle corresponde, guíate polo apelido do autor para atopalo. Usa as tres primeiras letras e segue a orde alfabética. BUSCAR DOUTROS XEITOS
“Explora” os andeis: seguro que atopas algo interesante (malo será!). Pregunta ao profesorado de garda na biblioteca.