Normas Torneo Xadrez BiT

Page 1

BiT TORNEO DE XADREZ REGRAS DO XOGO 1. A vitoria contabiliza 1 punto, a derrota 0 e as táboas 0,5. 2. O xogador que non compareza terá 0 puntos. 3. O público terá que gardar silencio privándose de facer indicacións aos xogadores. En caso de indicación, a partida será invalidada. 4. PEZA MOVIDA É PEZA XOGADA. Está terminantemente prohibido cambiar a peza unha vez movida, o incumprimento desta norma leva a perda da partida. 5. Os xogadores deben avisar do enroque e dos xaques. 6. As partidas terán unha duración de 20 minutos (10 para cada xogador) celebrándose no primeiro recreo na biblioteca. 7. Hai tres categorías: ESO, 1º de Bacharelato e 2º de Bacharelato. Na primeira fase elixiranse os TRES mellores de cada categoría, na segunda fase competirán os 9 e elixiranse os 2 mellores. Na última fase os dous mellores xogarán 7 partidas gañando quen teña máis puntos. 8. Cada partida terá un árbitro, as súas decisións serán inapelables. O árbitro porá o reloxo, anotará o resultado, vixiará que non se cometan ilegalidades e ten potestade para invalidar unha partida. 9. O xogador ao que caia a bandeira perderá por tempo. 10.Os xogadores deben saudarse ao empezar e rematar a partida.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.