As dúas en punto: as irmás Fandiño Ricart Durante moitos anos cada día a esa precisa hora, Maruxa e Coralia collíanse de ganchete e paseaban desde o Espíritu Santo ata a Alameda de Compostela. Saudaban, rían e brincaban cos outros paseantes mentres lucían vestidos e panos de vivas cores. Maruxa: Compostela, 1898 — Compostela, 1980 Coralia: Compostela, 1914 — Compostela, 1983
Maruxa e Coralia eran fillas dun zapateiro da Algalia de Arriba, e dunha costureira da rúa do Espíritu Santo.Aprenderan liberdade, dereitos e sindicalismo na súa propia casa, escoitando os seus irmáns, destacados dirixentes e líderes da CNT, e da que seu irmán Manuel, era o secretario xeral. Tras o alzamento do 36, os irmáns conseguiron fuxir. Mais as mulleres da casa, a nai e as irmás, si que tiveron que vivir as ameazas, o aceite de rícino, o pelo rapado, os falanxistas que viñan controlar a casa a calquera hora do día e da noite… Tolearon.
Como
di
Luz
Fandiño
"Vestíronse de luz e forza”. Escuálidas, sen dentes, cheas de po de arroz, colorete e carmín, todos os días, á mesma hora,
marcada
polas
badaladas
da
Catedral, saían da casa, chiscaban os ollos e
dicíanlle
piropos
pola
rúa
aos
estudantes, algo ao que ningunha muller se atrevería no franquismo. Mais debaixo daquela actitude, daquelas máscaras, había moita fame e moita dor. Tamén moito medo: as Marías xamais se atreveron a saír de noite.