PRESENTACIÓN - CANTIGA __________.- Santiago de Compostela é unha cidade coñecida por ser o punto final dun Camiño que sempre recibiu a milleiros de peregríns procedentes de todas as partes do mundo. ___________.-Chegaban a Santiago, e a Catedral recibíaos, pero nesta cidade había homes e mulleres que co seu labor anónimo construíron o legado do que hoxe desfrutamos. Entre ese legado está a tradición oral, que tan ben estudou Antonio Fraguas. __________.- As nenas e os nenos de quinto do CEIP López Ferreiro queremos amosarvos algunhas desas cantigas que nos falan dos oficios tradicionais que fixeron Santiago.
LABRADORAS, LABRADORES.
(Entran cantando ou facendo barullo cos sachos) _____________- Bo día. Aquí estamos as labradoras e os labradores. _____________- O noso oficio é fundamental para que a xente poida comer. Por exemplo, antes de facer o pan hai que ter a fariña, e a fariña vén do trigo, do centeo ou do millo (amosa espigas). _____________- Para chegar a telo, aramos a terra, botámoslle a semente e no mes de xuño temos que segalo (fouce).
______________- Alá polo mes de agosto mallaremos o trigo para que solte o gran que logo levaremos ao muíño.
__________________- Pero no noso traballo hai tempo para divertirse e para escoitar cantigas.
Rapaza se vas arar
Ai roxiña, roxiña do pelo,
a aquela leira do souto,
Hei de ir á túa seitura,
ven comigo mallar o centeo;
prestareiche o meu arado
hei de ir á túa segada,
o centeo e mais a cebada
e moitos bois por un pouco.
hei de ir á túa seitura,
ai roxiña, miña resalada!
que a miña vai acabada.
MUIÑEIROS
_________.- As bestas cargadas cos sacos de trigo chegaban aos nosos muíños, situados nas beiras dos ríos.
_________.- Ao dono do muíño pagábaselle coa maquía, que era unha porción de gran ou fariña que se levaba para moer.
___________.- Mentres se esperaba a que o cereal se moera, os mozos e as mozas xogabamos, cantabamos e bailabamos. E así naceron as nosas “muiñeiras”. Unha noite no muíño,
Meu muíño, meu muíño,
Muiñeira abrancuxada
unha noite non é nada.
bótame a fariña fóra,
de tanto andar coa fariña,
Unha semaniña enteira,
que a filla da muiñeira
eu ben sei dun rapaciño
esa si que é muiñada.
ten un cantar que namora.
que te pon coloradiña.
PANADEIRAS E PANADEIROS. __________.- E nós somos os panadeiros, os que facemos o pan de millo, de trigo ou de centeo. (Rebandas de pan). __________.- En Santiago, había fornos colectivos onde cocían varias persoas. E así hai unha rúa no barrio de San Pedro que se chama Campo do Forno; e na rúa Entremuros ou en San Clemente tamén existía outro.
Válame Dios meu amore, sempre vés cando peneiro, se viñeras cando amaso daríache un bolo enteiro.
Bate meu leite na cántara nova, con tres pelouriños e mais o da roda.
Así se amasa, así se peneira, así se lle dá a volta ao pan na maseira.
Bate meu leite se te has de bater, que na casa teño quen te ha de comer.
Toco e retoco co puño puñete; toco e retoco, e amaso o molete.
TABERNEIRAS E TABERNEIROS. ________.- E nós somos as taberneiras; nas nosas tabernas vendemos os produtos que nos traen os arrieiros, que cos seus carros chegan aquí cargados de viño, especialmente da zona do Ribeiro que entraban pola Porta de Mazarelos. _________.- Os nosos locais son o lugar onde se xunta a xente, especialmente os homes, pois non está ben visto que as mulleres vaian á taberna. Dáme de beber ribeiro
O cantar do arrieiro
ribeiro de Ribadavia.
éche un cantar moi baixiño.
Dáme de beber ribeiro,
Cántano en Ribadavia,
ribeiro da túa labia.
resoa no Carballiño..
_________.- Vendemos viño, vendemos azucre, vendemos o peixe salgado ou enlatado... Por certo compañeiras, haberá que chamar aos mariñeiros que nos fai falla máis mercancía. Mariñeiro, mariñeiro,
Non te cases cun ferreiro
ti mariñeiro non es;
que ten moito que lavar.
que se foses mariñeiro
Cásate cun mariñeiro
traías medias nos pés.
que vén lavado do mar.
COSTUREIRAS/ FIADORAS/LEITEIRAS/ZAPATEIROS/ZOQUEIROS. __________.- E nós somos as costureiras. Costureiriña bonita,
Costureiriña bonita,
Costureiriña bonita,
a túa agulla picoume;
dáme unha agulla de prata,
dime onde tes a acama.
Se non teño outros amores,
para sacar unha espiña
-No poleiro das galiñas,
a picada consoloume.
do corazón que me mata.
nunha presiña de palla. do corazón que me mata.
_________.- Á xente sempre lle gustou andar ben posta, así que co liño que as mulleres fan nas nas casas, cosemos as mellores vestimentas. (Fusos). Fía, miña roca, fía
Voume por aquí abaixo,
que eu son boa fiadora;
voume por aquí arriba,
cada día fío un fío,
fiando na miña roca,
cada mes unha mazorga.
gobernando a miña vida.
__________.- As costureiras, as leiteiras e as castañeiras eramos mulleres que conseguiamos ter un soldo. Pero as costureiras ían de casa en casa, coa máquina de coser e co ferro. E tamén nas casas nas que traballabamos se nos daba de comer. As leiteiras levabamos o leite á xente da vila, pero regresabamos ás nosas casas para seguir traballando no campo e cos animais. E as castañeiras ofreciamos o noso produto a quen quixera e puidera mercalo:
A tía Marica, encima da abada espeliscou as castañas douradas.
Cando ferveron un pouco a cachón botounas todas dentro dun cribón.
Logo no pote, de facer o caldo, botounas todas puñado a puñado.
Cando estiveron ben frías e secas, aquelas castañas que boíñas eran.
Botoulle fiúncho, sal e loureiro, e prendeulle lume a aquel pote de ferro.
Tanto me souberon, tanto me gustaron, que desde aquel día, sempre me recordo...Da tía Marica.
__________.- E aínda que moita xente andaba descalza, quen tiña cartos encargáballe uns zocos ao zoqueiro, ou aínda mellor, zapatos ao zapateiro. O zoqueiro foi á misa
Vimos dunha romería
e non sabía rezar.
e mañá imos para outra,
Andaba polo altar:
e así pasamos o tempo
- Hai zocos para remendar?
dunha romaría en outra.
CANTEIROS. __________.- Pero se por algo se caracteriza Santiago é pola pedra: pedra nos edificios; pedra nas rúas e pedras nas esculturas. __________.- Era este un traballo de homes pola forza que había que empregar, e tamén nos deixou as súas pegadas na tradición oral. Pica, canteiriño, pica.
Carpinteiro e canteiros
Pica na pedra miúda,
son un fato de ladróns:
pica na muller allea
carpinteiros rouban puntos,
que outro picará na túa.
os canteiros, corazóns.
GAITEIROS ___________.- Pero a xente sempre buscaba o seu divertimento. E non había romería da Ascensión, Apóstolo ou Procesión, na que os gaiteiros non saíran cumprir coa tradición. Os gaiteiros de Soutelo,
Non hai amores máis firmes
mala centella os mate:
que os do gaiteiro e a gaita;
non queren tocar a gaita
eu sopro e ela toca,
se non lle dan chocolate.
nin a engano nin me engana.
DESPEDIDA Toda esta tradición está presente nas composicións escritas. Rosalía, a gran escritora que tamén era santiaguesa, foi a primeira en incorporala á poesía escrita; pero seguiron outros como O gaiteiro de Soutelo, que compuxo este poema ao instrumento propio da nosa música: a gaita galega.
Diante do altar de Rosalía e carballos de Santa Susana, Muñeiriña (….) , cando te toco na gaita engaiolas a alma miña. E sinto a enteira Galiza no meu corazón cautiva. Cando saibas que morrín, gaitiña, miña gaitiña, esperta a miña alborada que toco para Rosalía..., que dorme no teu punteiro cos meus dedos tapadiña. Testamento de O Gaiteiro de Soutelo.