EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR – CEIP LÓPEZ FERREIRO NOVIDADES DVDs - OUTUBRO 2016
Disney convídavos a un incrible viaxe por un mundo novo e asombroso. Para as fadas da Hondonada das Fadas, o Bosque de Inverno é a terra prohibida. Pero cando unha forza misteriosa impulsa a Campaíña a traspasar a fronteira de ese mundo descoñecido, descubre un secreto que cambiará a súa vida para sempre. Campanilla e o Secreto de las Hadas farate crer na amizade e no inquebrantable vínculo fraternal.
Pepper Busbee é un neno de 8 anos que vive coa súa familia nunha pequena cidade de EEUU. Todo o mundo o coñece como little boy, debido a súa baixa estatura. É rexeitado e acosado polo resto dos nenos, sendo o seu pai o seu único amigo O seu mundo derrubase cando o seu pai é chamado a filas na segunda guerra mundial. Inspirado por un heroe de cómic, cree que pode traer o seu pai a casa. Para que a súa misión teña éxito, debe facerse amigo da persoa á que máis teme.
Gozade de toda a emoción deste clásico Disney e metédevos nunha selva de diversión, chea de pegadizas cancións e queridos personaxes con esta obra que resalta o verdadeiro significado da amizade.
Segunda Guerra Mundial. Sebastián é un neno solitario que vive nun pequeno pobo dos Alpes e que encontra un can salvaxe, ao que domestica e chama Belle. A pacífica vida da aldea vese interrompida pola chegada dos alemáns. É entón cando Sebastián parte xunto a Belle en busca da súa nai. Unha película tenra convertida no verdadeiro himno á natureza.