Na Idade Media había distintas profesións, e segundo as habilidades que os profesionais debían ter para realizar cada unha delas, convíñalles tomar en máis abundancia determinados alimentos. Se non os tomaban, corrían o risco de enfermar pola falta destes na súa dieta. O mesmo sucede nos nosos días, pero agora temos moita máis variedade de alimentos: daquela, aínda non se descubrira América e, por tanto, produtos coma a pataca, os pimentos, tomates, o millo, ou mesmo o chocolate, descoñecíanse por completo. Por outra banda, a necesidade de conservar os alimentos, supuxo, dalgunha maneira, a fin da Idade Media, xa que Colón quería chegar á Terra das especias por un camiño máis curto…Pero esa, xa é outra historia.
Os mercaderes da Idade Media debían ter unha boa vista, axilidade e un cálculo mental moi desenvolvido. Estas características eran importantes para realizar o seu traballo con máis facilidade. Os alimentos adecuados para eles eran as froitas e verduras, que lles proporcionaban vitaminas para a vista, as carnes e leites, que lles daban axilidade e enerxía, e os froitos secos que lles aportaban habilidade mental. Pero, non todos os mercaderes tomaban os alimentos que debían e iso podíalles traer consecuencias. Podían chegar a ter enfermidades por non incluír eses alimentos que necesitaban na súa dieta. Por exemplo, pola falta de verduras e froitas podían ter problemas coma o raquitismo, o escorbuto ou a anemia. A carencia de carnes e leites tamén lles podía ocasionar enfermidades. Algunhas delas son a perda da memoria ou o marasmo. A deficiencia de froitos secos nas súas dietas podíalles causar problemas coma a dificultade para respirar ou a dor de estómago. As enfermidades na Idade Media, moitas veces, tiñan consecuencias moi malas dado que anteriormente non había tantos recursos coma hoxe en día. Polo tanto non tiñan as medicinas que hai agora, e por ese motivo corríanse moitos máis riscos se non se levaba unha dieta equilibrada.
Fonte: wikipedia la enciclopedia libre
Valeria Ninni Santalla, 5.ºA, n.º 22, 14/12/2015
A COMIDA DO FERREIRO NA IDADE MEDIA
O ferreiro, ao igual que a maioría dos traballadores, debía comer moitos hidratos de carbono, sobre todo cereais e froitos secos. Aos traballadores dábanlle o pan moreno, con fariñas de centeo, cebada e avea, pouco refinado (como o que chamamos hoxe pan integral), pois a fariña branca de trigo quedábanse con ela as clases altas. Ademais de legumes, comían froitos secos como noces e castañas. Tamén comían verzas e outras verduras.
As carnes eran escasas, pero había porco e aves de curral, e pesca de río ou salgados como o bacallau. A deficiencia proteica ou deficiencia de proteínas é un estado de mala nutrición provocado por unha inxesta insuficiente de proteínas.
Moitas veces escaseaba a comida, ou sobre todo a súa variedade, e a xente podía enfermar por mala nutrición. Os froitos secos eran a mellor medicina, pola súa riqueza en vitaminas e minerais, ademais de proteínas e aceites. O ferreiro en moitas ocasións non podía comer os alimentos entón podía ter enfermidades como a osteoporoses (que se produce por falta de calcio) ou a diverticulose (unha enfermidade intestinal). Tamén poderías atoparte mal se durante a dixestión, a degradación de hidratos de carbono non é suficiente a causa dalgunha enfermidade intestinal hereditaria ou un trastorno intestinal.
Gael Soto 5º A Fontes: curiosoando.com wikipedia la enciclopedia libre
COMO SE ALIMENTABA O GREMIO DOS ZAPATEIROS NA IDADE MEDIA Os zapateiros na Idade Media necesitaban tomar os seguintes alimentos: cenoiras, leite, ovos e carne, para ter boa vista e axilidade nos dedos. CENOIRAS: as cenoiras teñen o beneficio de aportar moitas vitaminas para a vista, e aos zapateiros failles falla. LEITE: o leite aporta proteínas e achega moitos materiais. Os lácteos fan que os seus osos medren e estean fortes e sans.
CARNE E OVOS: achegan moitas proteínas e materiais.
ENFERMIDADES Hai algunhas enfermidades provocadas pola desnutrición, e naquela época, eran moi comúns: ENFERMIDADE CARDIOVASCULAR: provocada pola falta de froitas e verduras. Sen elas aumenta o risco de padecer enfermidades cardiovasculares.
BOCIO: é o aumento de tamaño da glándula tiroides. OSTEOPOROSE: é a falta de calcio nos ósos,e dicir,e cando o tecido dos ósos se debilita por non tomar lácteos. XEROFTALMIA: é unha enfermidade da vista que é caracterizada por sequedade nos ollos cando non se toma a verdura suficiente. ANEMIA: é unha enfermidade moi común nos nenos, por deficencia do ferro presente nas proteínas.
Aitana Mosquera e Lucía Maiora, 5º A
Fonte: wikipedia la enciclopedia libre
Alimentación e enfermidades entre os monxes. Na Idade Media había moitas profesións importantes, como por exemplo os monxes, que pasaban moito tempo escribindo pergameos, para o que necesitaban boa saúde e os nutrientes axeitados na súa alimentación. Pero… que alimentos lles podían achegar eses nutrientes? Nos conventos tiñan alimentos que lles aportaban nutrientes que necesitaban: peixe azul, legumes, froitos secos e cenorias. •Peixe
azul: é bo para a tensión arterial, os problemas cardíacos, a artrite, a demencia…, pero se non o tomaban poderían ter esas enfermidades. •Legumes: aportan proteínas, hidratos de carbono, lípidos, fibra (é boa contra a obesidade, diabete, estreñimiento, cancro
de colon…) , minerais e vitaminas. •Froitos
secos: son moi enerxéticos, e ricos en ácidos graxos, proteínas, oligoelementos (cobalto, cromo, cobre, flúor, iodo,
ferro, manganeso, zinc…) e, algúns deles, en vitaminas e ácidos graxos omega 3. •Cenoria: ten vitamina A (boa para a vista, a súa deficiencia causa cegueira), carotenoides (bos para o cancro de mama,
uñas, pelo…), flúor (dentes), sodio, cloro, vitaminas B, auga (desfai as pedras renais), potasio e fósforo (bos para a mente); tamén son boas contra algúns cancros.
MariĂąa Maceiras Segovia, 5ÂşA
Os cabaleiros,empregaban na súa dieta carne, leite, verduras, froitas e froitos secos. Se non consumimos carne non temos as proteínas necesarias para formar e reparar tecidos e participar en moitas funcions vitais. O deficit de proteínas pode producir: anemia, edemas, debilidade do sistema inmunolóxico, perdida de masa muscular, problemas cardiovasculares e retraso no crecimento. O exceso de consumo de carnes producía nos cabaleiros “gota” debido a un aumento de acido úrico no sangue que iba acompañado por dores articulares con hinchazón e enroxecimento da pel. Se non tomamos leite tampouco conseguiremos as proteinas necesarias. Ademais o leite e rico en calcio. O déficit de calcio pode producir deformacións óseas, problemas de espalda ,problemas musculares, temblores e cambras. Pode producir tamén problemas de dentición. As froitas e verduras son moi importantes na nosa dieta porque nos proporciona moitas vitaminas e minerais. O déficit dalgunhas vitaminas pode producir:
Escorbuto (déficit de vitamina C) Beriberi, depresión, falta de memoria, palpitaciones (déficit de vitamina B1) Trastornos do figado, anemia, conxuntivitis, dermatitis da pel e úlceras na boca (déficit de vitamina B2)
Na mesa dos cabaleiros da Idade Media, servíase unha dieta moito máis sá e equilibrada ca dieta actual, según un estudo realizado na Gran Bretaña. E o máis importante: non existían os azúcares refinados como galletas, chocolates ou doces. Se sumamos a esta alimentación unha cantidade de traballo increíble (pero menos que a dos labregos e servos), está claro que os cabaleiros medievais tiña menos risco de padecer enfermidades cardíacas e diabetes que hoxe en día. Por suposto tampouco terían problemas de colesterol.
Pelagra (déficit de vitamina B3) Fátiga, naúseas, alerxias e dor abdominal (déficit de vitamina B5) Anemia perniciosa (déficit de vitamina B12) Problemas de acné e visión (déficit de vitamina A) Raquitismo (déficit de vitamina D) Riesgo de hemorraxias (déficit de vitamina K) Os froitos secos aportan enerxía e graxas de boa calidade ao noso corpo.
FONTES: •botanical-online. •blogdefarmacia.com •monografias.com. enbuenasmanos.com. •edadmediaonline.foroactivo.com. •medicinieval.blogspot.com.es •dialnet.uniroja.es
O
Cabaleiro: O cabaleiro era o que protexía á poboación loitando nas guerras. Tiña que ter boa vista, forza e axilidade. Para acadar estas calidades debía manter unha dieta cos seguintes alimentos: cenoria, verduras, carne, leite, froitas, froitos secos... Pero tamén lle afectaban enfermidades , causadas por falta de alimento e de hixiene.
Jonh Antelo Balbi, 5ºA BIBLIOGRAFÍA:
http://iesleopoldocano.centros.educa.jcyl.es/aula/archivos/repositorio/0 /5/html/web/etapa4/enfermedades_media.html
https://es.wikipedia.org/wiki/Hernia
PESTE NEGRA Esta enfermidade foi provocada pola pulga da rata negra, traída dende China a Europa e se expandeu rapidamente. Algún dos seus síntomas foron: febre alta, sede, tos... HERNIA Unha hernia prodúcese cando un órgano ou texido non se atopa onde está normalmente. Sobre todo hai hernias abdominais. SUDOR INGLÉS Foi unha enfermidade contaxiosa que hoxe coñecemos como gripe. CARBUNCO É unha enfermidade infecciosa na que aparecen grans cun ton negro e brillante. ESCORBUTO Prodúceo a falta de Vitamina C por unha mala alimentación. Síntomas: hemorraxias, dores nas articulacións, tumefación das encías, manchas no pel... GOTA É unha alteración nas proteínas pola que aumenta o ácido úrico do sangue, con dores articulares... LEPRA O enfermo era separado da poboación, e foi considerado un morto vivinte. Críase que os leprosos eran casigados por Deus e que sentían envidia dos sans. Na actualidade esta enfermidade aínda existe. Síntomas: pérdida das cellas, ollos saltóns, color morado na cara, dedos dos pés pequenos, voz ronca...
Os muiñeiros dedicábanse a moer cereais para facer
o pan. Moitas veces cobraban unha parte do que moían. Por iso tiñan moita fariña e comían moitas cousas feitas con fariña, e menos proteínas, vitaminas,etc. E así víñanlles enfermidades por falta doutros alimentos, como por exemplo: peixe,carne, verduras e froitas,etc. Tamén tiñan enfermidades por falta de nutrientes, xa que non tiñan unha dieta equilibrada. A falta de iodo, que é unha substancia que ten o peixe, provocáballes enfermidades como o bocio.
https://es.wikipedia.o Manuel Cabido, 5ºA.
Os xograres foron elemento activo de grande importancia na Idade Media en toda Europa. A diferenza dos trobadores, que normalmente eran nobres, os xograres procedían de clases baixas, tocaban nas festas e cantaban, bailaban, facían acrobacias e contaban historias de pobo en pobo. Por tanto, necesitaban tomar vitaminas (froitas e verdura), peixe e hidratos de carbono que están presentes nos froitos secos e nos derivados dos cereais. Nuno Durán,5º A
A peste negra e unha das enfermidades mais asoladoras da humanidade. A enfermidade foi provocada por unha pulga da rata negra. Os síntomas eran: náuseas, fatiga extrema, esputos sangrentos. Saian unhas placas na pel de cor negro (morría tanta xente que case non había vivos para queimar e enterrar os mortos). Os médicos que trataban a peste negra levaban unha careta para protexerse do contaxiTamén había unha enfermidade chamada o baile de san Vito. Producíase cando picaba unha tarántula e provocaba uns movementos rápidos e involuntarios sen sentido, por iso lle puxeron “ O baile de San Vito”, porque parecía un baile. https://es.wikipedia.
Imaxes extraídas do libro: Le Moyen Âge expliqué en images. Le Goff, Jacques. Ed Seuil.