POR ONDE EMPEZAR? • É probable que xurdan ideas para escribir un conto, para contar unha historia, para expresar unha información, pero… Como pode expresarse cunha linguaxe poética? • Con algunha destas técnicas, comprobarás que todos levamos un poeta ou unha poetisa agochados. • Que che parece se empezamos?
TÉCNICAS DE REPETICIÓN. • A repetición (dunha frase, dun retrouso, dunha palabra, de preguntas, dunha onomatopea...), é un dos recursos máis empregados na linguaxe poética • Esta técnica dálle ao poema ritmo, inquietude , alegría ou dramatismo segundo os casos. E na lectura, permite realizar exercicios de modulación de voz, ata ir creando intensidade na recitación.
Repetición dunha frase ou pregunta. Neste caso García Teijeiro usa unha pregunta para marcar un ritmo que dá impresión de cansazo.
Pensa nunha pregunta e tenta contestala. Volve a formular a pregunta e respóstaa. Se inventas un final sorprendente…Composición feita!
Polo camiño amarelo A onde? Polo camiño vermello A onde? Polo camiño do ceo A onde? Polo camiño do vento A onde? Estou canso e teño sono Sento aquí para agardar a chegada do Outono.
E onde vas? Vou ao río. E onde vas? Vou ás estrelas. E onde vas? Vou aos planetas. E onde vas? Vou aos camiños. E onde vas? Vou aos océanos. E onde vas?
A. García Teijeiro: As catro estacións.
E de quen es? Son dun sono…
REPETICIÓN DUNHA ONOMATOPEA Uú-Uú, Un moucho vai en autobús., Uú-Uú, Leva un traxe azul de plumas. Uú-Uú, E de manicura, as uñas. Uúuuuuuu…! Gloria Sánchez : Rimas con letra.
Trátase dunha técnica moi similar á anterior, pero coas onomatopeas conséguese un maior ritmo e musicalidade.
Chis-chis, cantaba o martelo.
Chis-chis, no tempo das pipas.
Chis-chis, debaixo do medo.
Chis-chis, xogaba ás canicas.
Repetición dun retrouso A dama que ía no branco cabalo levaba un pano de seda bordado. Na verde fror As letras van de amor! O cabaleiro do cabalo negro levaba unha fita colléndolle o pelo. Na verde fror As letras van de amor! No meio do río cambiaron as vistas, el para o pano i ela prá fita. Na verde fror As letras van de amor! Álvaro Cunqueiro.
• Neste caso, o que se repite é unha expresión (retrouso) que imprime misterio ao poema. E Carapuchiña non tiña nada con que comer.
E nas follas daquel bosque vai medrando unha ilusión. Dérallo todo ao lobo e ela soíña quedou. E nas follas daquel bosque vai medrando unha ilusión.
Técnica do encadeamento Neste caso, a última palabra dun verso, empeza o seguinte. Para que teña máis ritmo e musicalidade, pode repetirse a mesma estrutura sintáctica e rematar cun encadeamento (recollida dos Antonio Machado. elementos enumerados).
La plaza tiene una torre, la torre tiene un balcón, el balcón tiene una dama, la dama una blanca flor.
Cando ti cantas, canta unha rosa. Cando ti choras, chora unha rosa. Cando ti soñas, soña unha rosa. Cando ti ris, rise unha rosa.
Cando ti cantas, cando ti choras, cando ti soñas, cando ti ríes… Alumea unha rosa!
As definicións • Para definir algo o mellor é exemplificalo cunha comparación (é coma, semella, lembra…). • Se o que facemos é identificar chegamos á metáfora, coas que podemos crear preciosos versos. As nubes brancas son la de ovella nun prado azul cheo de estrelas.
H. Villar Janeiro: A campá da lúa.
Preguntas e respostas encadeadas - Chucuruchú, onde vai a vella?
Combina tamén as técnicas anteriores; é moi empregada na literatura popular para facer recitados. Fíxate nesta composición extraída da páxina de Orella Pendella, e que podes seguir.
- Chucuruchú, a Redondela. - Chucuruchú, que foi facer? - Chucuruchú, buscar o sal. - Chucuruchú, para que serve o sal? - Chucuruchú, para facer o caldo. - Chucuruchú, para que é o caldo? - Chucuruchú, para lle dar ó can. - Chucuruchú, para que é o can? --------------------------
As adiviñas Verde foi o meu nacemento de amarelo me vestín e todos os que me cortan choran por min. Para estas composicións o mellor é comezar facendo comparacións, e intentar buscarlle unha rima:
Son longo coma un cempés, e pola vía sempre me ves.
As comparacións podemos transformalas en metáforas: Son un cempés; camiño do dereito, camiño do revés, mais pola vía sempre me ves.
O aleluia É unha das técnicas máis sinxelas: hai que compoñer pareados, mesmo con palabras inventadas, e pódense enlazar. Fíxate o efecto na poesía popular que aparece recollida na páxina web de Orella pendella.
Tantarantán, tantarantiña, o que non pensa non ten cabeciña. Tantarantán, tantarantola, o que non pensa non ten cabezola.
O limerick É unha técnica proposta por Rodari. Trátase de ir definindo un protagonista, indicar as súas características e contar o que fai, as reaccións… Os resultados, achéganse á poesía do absurdo, polo que son composicións realmente creativas. Fíxate como no poema da dereita se resposta a estas cuestións: Quen? Cando? Onde? Como? Que fixo? Con quen?
Un principiño bonito e perfecto, unha mañá de verán, nun palacio de cristal, lía un libro de poemas co seu gato Marisapo.
Acr贸sticos Nestas composici贸ns, coa primeira letra de cada verso, pode formar unha palabra. Para realizalos, 茅 mellor pensar a palabra e logo ir pensando cada verso.
Poema escaneado ordenador da biblioteca
Trabalinguas • Nos trabalinguas abundan as palabras inventadas. Nós tamén podemos formar palabras sonoras diferentes. • Fixádevos na composición da dereita que seguro vos recorda outra moi coñecida. • Recoñeces as palabras inventadas?
• Nun niño de conchagarfos, dous conchagarfiños hai. Quen os desenconchagarfizare bo desaconchagarfizador será. Montse Ginesta e Xulio Cobas Brenlla: Trabalinguas para xogar.
Chistes • Para buscar o humor, as rimas chocantes son un bo recurso, ou as comparacións Teño uns zapatiños novos hiperbólicas. Polo A, amoriños, polo E, pequeniños polo I, pirulí, polo O, potoploff!! polo U, ai meu cú!
Ana Mª Fernández: Rimas con letra.
ferrados con chocolate e as biqueiras son de azucre; ¡mire “usté” que disparate! Era un home tan pequeño, tan pequeño, tan pequeño, que subiuse a unha canica e dixo: “O mundo é meu!”
caligrama • Páx 37 de Vaia Tropa!
• Pódense convertir as adiviñas en debuxos que representen o que se ha de averiguar. Hai que falar do obxecto sen nomealo: describilo, comparalo…
Xogamos a cambiar Arrolos son cancións de berce , :
axeitados para cambiar as accións.
Este neniño pequeno quen o vai aturular. Súa nai vai no muíño e seu pai vai traballar. (Leilía)
Este neniño pequeno quen o virá espertar. Súa nai está lavando e seu pai vai navegar.
Se cambiamos os substantivos e, ou, os adxectivos, comprobarás como se transforma este poema: Ai, lúa nena! Flor caprichosa. Flor exquisita. Flor xenerosa. Arrecendente, lene e donosa. Ai, lúa nena! Flor vaporosa. Flor transparente. Flor ben fermosa.
(Poema transformado)
A. García Teijeiro: Lueiro de papel.
• Escribir complementos ou finais para versos que parecen incompletos: Medrou unha planta. Medrou un amor. Medraron tres flores no teu corazón.
Medrou nos teus beizos unha planta de ilusión. Medrou nos teus ollos un fermoso amor. Medraron na vida tres flores coma tres soles no teu , e no meu, corazón.
A. García Teijeiro: As catro estacións. (Poema transformado).
Cambiar por contrarios Merco cunchas satinadas. Vendo ondas brincadeiras. Vendo lúas prateadas. Vendo toxos e silveiras. Vendo ventos, treboadas, Horizontes ferruxentos. Merco . Vendo. Vendo Merco e, por iso, nada teño. A. García Teijeiro. Lueiro de papel.
• Cos contrarios pódense compoñer versos que expresen ideas opostas. Neste caso, García Teijeiro xoga cos verbos merco e vendo, pero pódense empregar centos: entro-saio; teño-dou; collo-deixo…
Poemas surrealistas Coller un xornal e elixir un artigo.
Recortar cada unha das palabras que forman o artigo e metelas nunha bolsa.Axitala suavemente. Agora sacar cada recorte un tras outro. Copiar concienciudamente na orde en que saĂron da bolsa. O poema parecerase a ti. E ti es un escritor infinitamente orixinal e dunha gran sensibilidade.
E para rematar… • •
• • •
•
• • • • •
• •
E colorín, colorou este conto rematou. E colorado, colorín este conto chegou ó seu fin. E colorado, colorín este conto chegou á súa fin. “…e colorin colorou este conto rematou”. “... e colorín colorado este conto dáse por rematado e ó quen non levante o cu quedaralle pegado. "...e colorín colorete pola cheminea sae un foguete" “... e con “esto” unha vella fixo un cesto” “... e colorín colorete polo cu saíu un foguete” “... e colorín colorado este conto está rematado” “... e colorín colorado este conto está contado" “... e colorín colorado este conto está contado; e por un lado e polo outro, ata mañá non hai outro” Golfiños de Aguiño.
Para saber máis… • Rosa Huertas: Poesía popular infantil y creatividad. Ed. CCS. • Montse Ginesta e Xulio Cobas: Trabalinguas para xogar. Ed. Edelvives. • Rosa Luengo: Animar a Leer… también poesía. Ed. Luis Vives • • • •
http://juego-poetico.blogdiario.com/ https://sites.google.com/site/diapoesiarecursos/ http://menos-lobos.blogspot.com.es/2014/02/barquito-de-papel.html http://www.juntadeandalucia.es/averroes/recursos_informaticos/andared 01/poesia/home.html