EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA-CEIP LÓPEZ FERREIRO
NOVIDADES FÁBULAS - OUTUBRO DE 2016
Libro de fábulas no que priman as ensinanzas morais. Agrúpanse por temas: astucia, responsabilidade, ambición, abuso de poder, vaidade, sensatez, amizade... Cada un dos capítulos vai encabezado polo título que indica o contido dos textos e por dous refráns.
A autora, María José Lozano Lorenzo, traballa na Sanidade Pública de Galicia, con pacientes neurolóxicos e cedeu os dereitos de autor deste conto, a “Xuntos”, asociación que ten como obxectivo tratar de lograr a integración das persoas con Síndrome de Down, en todos os ámbitos da súa vida familiar, escolar, social e laboral. Gota é unha gaivota que vive co seu amigo Faro. Os dous comparten un momento especial cando a Gaivota Tara lles conta a súa emocionante aventura.
Libro recompilatorio das máis famosas fábulas de Tomás de Iriarte, que nos achegan ao universo deste extraordinario fabulista.