FEITICEIRAS E FEITICEIROS • Eran seres capaces de cambiar a realidade de forma ilóxica. Tamén eran coñecidos como magos. • Vivían nos bosques, en cabanas tenebrosas, pero relacionábanse coa xente corrente, por quen eran moi respectados e temidos, por temor a que lles fixera un conxuro e lles saíra rabo, ou ben que os converteran en cabalo…, ou calquera outro castigo. Noutras ocasións, eran mulleres vellas da aldea a quen se acudía para o remedio dunha enfermidade. • Acostumaban a ser feos e de idade avanzada; vestían roupas vellas e sucias, e disque que odiaban a todo o mundo. • Unha curiosidade é que herdaban os coñecementos do seu mestre feiticeiro, e así ían pasando os seus poderes de xeración en xeración. (Laura Rodríguez, Anxo Pacheco, Daniel Burke , Lucas Cea e Mercedes Parajó.)
O corvo branco • Na antigüidade era coñecido por todo o país este corvo que, en vez de ser negro, tiña as plumas brancas e era un pouco máis pequeno ca os outros, de ollos marróns e brancos. Asemade, era moi espelido e rápido. • Dise que o corvo branco era coma o cobrador da pousada Xerdiz, porque se poñía a carón das casas que lle debían cartos á pousada. (Manuel, Uxía e Daniel Prado)
O home do saco • Dise que vivía no medio do bosque. Tivo moita sona en Galicia a partires da Segunda Guerra Mundial. • Cóntase que era un home alto, forte, que vestía roupa remendada. • Sempre levaba ao lombo un saco, que era onde metía aos nenos que se portaban mal e collíaos polas noites. Logo, obrigáballes a facer maldades, e se non lle obedecían, matábaos. (Jesús, Álvaro, Antonio)
Fadas da auga • As fadas da auga viven en lagos, ríos, fervenzas, fontes…, en calquera sitio do bosque nos que auga é limpa, pero sempre nas profundidades. As que viven en ríos ou covas chámanse lamias; as que sucan os mares son as sereas e as das fontes, coñécense coma ninfas. • Guían a auga pola seu cauce natural e así chega ás casas, aos colexios…Dise que se te portas mal coa natureza, poden provocar grandes catástrofes. • A súa pel varía segundo o lugar que habitan: se é próximo ao mar, son case transparentes; se están nun lago, a súa cor é azul clariña e as dos ríos calmados teñen unha pel coma a dun bebé humano, moi clariña. • O seu tamaño é de máis ou menos 13 cm e algunhas teñen unhas ás lixeiriñas brancas (ou tamén azuis). • Aliméntanse das plantas, flores ou froitos do bosque. (Nerea G., Noela)
Chuchasangues • Vivían en lugares escuros ou nos cemiterios, e saían dos seus agochos polas noites. • Vestían roupas escuras; os seus incisivos eran moi longos e afiados; as orellas, puntiagudas; saíanlle pelos nas palmas das mans e, sobre todo, tiñan moi mal alento. Así, enganaban á xente para mordela e chuparlle o seu sangue, aínda que moitas veces se transformaban en morcegos, ratas arañas, corvos…, ou en animais domésticos coma porcos, cabalos ou cans. • Normalmente eran de sexo masculino, mais tamén existían chuchasangues femias que usaban a súa beleza para seducir ás vítimas e aproveitarse delas. Eran malvadas, pero nalgunha ocasión eran boas porque imapartían “xustiza”. ( Tais, Lucas Lodeiros, Aarón)
Fadas e fados perversos • As fadas e os fados do lume eran seres malvados, despiadados, que non dubidaban en queimar todo o que se lles puxera por diante. • Fisicamente, eran moi atractivos para seducir as súas vítimas e convertelas en cinzas ou afogalas. Tamén empregaban o lume para facer todo tipo de falcatruadas, rápidas coma o lume. Eran espelidos coma un raposo e cun xenio coma os dun tigre. • Distinguíanse porque vestían de vermello, levaban o pelo longo e o seu pelo lembraba ao lume, por iso se lles coñece tamén como FADAS E FADOS DO LUME. (Sandra, Lupe, Brais Vila)
A fada do vento • Esta fada é a raíña do outono. Soe vivir no alto das montañas nevadas, desde onde controla a neve e o vento e déixase levar por el coma se nada. • Pode ser boa, e así constrúe reservas de auga, impide avalanchas…Pero tamén pode ser malvada e facerlle a vida imposible aos animais. • So se pode ver durante o outono, vestida de morado. • Representa a liberdade espiritual. Carmela González.
As fadas dos bosques • Viven nos bosques galegos, arrodeadas de vexetación. • Como todas as fadas, son seres diminutos que poden vestir de millóns de maneiras porque os seus traxes confecciónanos coas pólas e flores silvestres. As cores preferidas para iso son o verde, para mimetizarse coas follas, e o branco, en símbolo de bondade e pureza. Confúndense moito cos vagalumes, xa que cando voan, so se ve unha luz. • En canto ao carácter son amables, sensitivas, esquivas, invisibles, caprichosas e amorosas. Danlle sensibilidade aos humanos, que compoñen cancións e poemas sobre elas. • Estas fadas son as encargadas de coidar a flora e a fauna . Dise que decoran os bosques segundo as estacións, e que son elas as que colocan as pingas de orballo cada mañá. Noa, Iria, Cristina, Iria
O apalpador • O apalpador é o nome dun ser que habitaba nos montes galegos, principalmente nas serras de Lugo e do norte de Ourense. • Na época de Nadal (en concreto, o día 31) baixa dos montes ás casas e apálpalle as barrigas ás nenas e ós nenos para ver se están mantidos e déixalles unha presa de castañas. • Viste cunha boina, un pantalón con moitos remendos, un xersei e fuma unha pipa. Alán Álvarez
O lobishome • Era un home que a partires da doce da noite se convertía nun lobo e se comportaba como tal. • O seu aspecto era de metade home e metade animal, con pernas e brazos longos, abundante pelo e enormes e prateadas garras. • Cando unha persoa sente desexos de tombarse e refregarse na terra é que está comezando o proceso de transformación e que pronto será un lobo. Entón, non haberá arma que o poida matar. • Para liberarse desta maldición, alguén ten que facerlle sangue cunha aguillada de aceiro, bendita na igrexa o Domingo de Ramos. (Brais Couselo, David Bello, Jorge Miranda, Hugo Martínez, P. Yared)
O tardo
Pedro O Chosco
• É similar a un trasno, pero moito máis malévolo. • Fisicamente, é un ser pequeno e peludo, con moitos dentes de cor verde, e usa un traxe moi vello e roto. Álvaro
• Pedro Chosco é un ser mitolóxico que aparece polas noites na habitación dos nenos e coas súas caricias dórmeos. • Polo día vai entretendo ás rapazas impedíndolles traballar. • É un home anciá de barba branca , cunhas maneiras doces e de voz grave. Lucas Diogo
As fadas das flores • Estas fadas viven nos bosques, agochadas nas flores máis belas das terras de Galicia. Pola noite, péchanse para protexer ás fadas do frío da noite. A raíña, vive nun palacio, feito con miles das flores máis bonitas da zona. • Son tan pequenas coma a palma da man, amables, amorosas, esquivas, caprichosas ou sensitivas.. .Por iso, eran as amorosas compañeiras dos poetas, músicos, escultores…, e de toda a xente relacionada coa arte. (Irene, Jenni, Ana López)
O home misterioso O home misterioso non sabe quen é, pero viste pantalón marrón, chaqueta negra e camiseta branca, pero ninguén lle viu a cara. Anda ao par da xente polos camiños, facéndolle sombra. Foi avistado pola parte de Moraña. Que é o que quere? É un misterio… (Óscar Álvarez, Pedro Liste)
• Todos estes traballos proceden da investigación realizada polo alumnado cuxos nomes figuran ao pé de cada páxina. • Para a vestimenta, contouse coa colaboración das familias, e para as pancartas, houbo no centro un proceso cooperativo de elaboración do material, como se aprecia nas imaxes seguintes…
• Moitas grazas a todas e a todos, e moi especialmente á xente que elaborou estas páxinas: http://seresmiticos-galegos.blogspot.com.es/2009/03/introduccion.html http://www.edu.xunta.es/centros/iesfelixmuriel/node/730 https://www.google.es/webhp?sourceid=chromeinstant&ion=1&espv=2&ie=UTF-8#q=galicia+encantada Pequena mitoloxía de Galicia , Xosé Miranda . Xerais.