A escritora Rosa Aneiros veu visitarnos á biblioteca do López Ferreiro para comentar co alumnado de 5º a lectura do seu premio Merlín: Xelís, o guieiro das botellas do mar.
A escritora Rosa Aneiros veu visitarnos á biblioteca do López Ferreiro para comentar co alumnado de 5º a lectura do seu premio Merlín: Xelís, o guieiro das botellas do mar. Seguro que dentro duns anos leremos moitas das súas obras, pero mentres, podemos coñecela a través de A batalla da pequena Chañan Curi Coca, Orestes perde o sentido!, e sobre todo por Tres bichicomas, dúas illas e unha serea, co que conseguiu o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade.
Seguro que dentro duns anos leremos moitas das súas obras, pero mentres, podemos coñecela a través de A batalla da pequena Chañan Curi Coca, Orestes perde o sentido!, e sobre todo por Tres bichicomas, dúas illas e unha serea, co que conseguiu o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade. Equipo de dinamización da biblioteca. CEIP López Ferreiro. www.bibliolulu.blogspot.com
Equipo de dinamización da biblioteca. CEIP López Ferreiro. www.bibliolulu.blogspot.com
Viñera voando coas muxicas de lume canda as bolboretas monarca.
ENCONTRO LECTOR: MARTES, 28 DE XANEIRO, ÁS 17,00 H.
Imaxe extraída de Un estraño agasallo, Triqueta editora. Un espazo lector no que comentaremos a historia de Usha, ou Uxía. Unha ponte entre as culturas de Galicia e a India, inundada de respecto, amor, desigualdade, solidariedade.., e onde latexa un misterio: o pai de Usha. Equipo de dinamización da biblioteca. ww.bibliolulu.blogspot.com.
Lulu, mascota da biblioteca do CEIP López Ferreiro, concede a:
Mariña Abollo Aneiros o diploma como colaboradora especial da biblioteca, por compartir as súas recomendacións lectoras entre toda a nosa comunidade educativa.
Día do libro, 23 de abril de 2020.
Lulu
Lulu
Imaxe de: Moreno, Marisa: DÍA DEL LIBRO - Picasa Web Albums