Infantil

Page 1

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR – CEIP LÓPEZ FERREIRO NOVIDADES LIBROS PARA OS MÁIS PEQUENOS - OUTUBRO 2016

O ratiño quere irse a casa, pero antes debe pasar polo bosque escuro, cheo de animais salvaxes e esqueceu o camiño. ¿Logrará atopar a súa familia e poñerse a salvo?

Troquelado para soprar, o libro tráenos rimas divertidas, breves, que convidan a achegarse ao burato e non parar de soprar. Porque... quen se resiste? Se ata podes facer voar un elefante! E, por suposto, non esquezades pararvos nas fermosas ilustracións deste artista irrepetible.

A vida na sabana resulta dura incluso para o rei dos animais. Por iso un día o león decide que vai empezar a ditar leis que lle faciliten a vida a el. Unha fábula divertida que nos axuda a reflexionar cos máis pequenos sobre o poder e a responsabilidade que implica.

O protagonista desta historia é un burro triste que vive ao pé dun sauce chorón. Cando o sauce chora, chora o burro. Un día decide que está farto de tanta pena e márchase. Ao largo da aventura descubrirá o seu inimaxinable talento para disfrazarse e a súa capacidade para desfacer feitizos e maleficios. Hasta reescribir a súa propia historia, a orixe da súa lenda.

Moi poucos coñecen a verdadeira historia do ratoncito Pérez. Quen podía imaxinar que todo comezou baixo o mar?


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.