EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR – CEIP LÓPEZ FERREIRO LIBROS PARA XOGAR – NOVIDADES OUTUBRO 2016
Un orixinal, didáctico e entretido libro-test con máis de 100 preguntas para que podas comprobar cánto sabes de mitoloxía.
Nestes libros,o lector toma o papel dun neno capaz de transportarse ás lendas máis famosas grazas ao almacén de reliquias do seu avó.
Nestas narracións hai que elixir o rumbo que tomará a historia. Estimula a lectura activa, atenta e participativa que converte a experiencia de pasar páxina en auténtica diversión.
Gilgamesh, rei da antiga cidade de Uruk e un dos primeiros heroes da Historia, foi chamado pola diosa Ishtar para cumprir unha importante misión e... ¡necesita a túa axuda!
Hércules é o máis famoso e forte dos heroes da antiga Grecia. Agora tes que facerte pasar polo seu irmán e acompañalo nas súas aventuras. O rei de Micenas encargoulle doce probas para demostrar o seu valor. Xuntos teredes que enfrontarvos a monstros mitolóxicos para convertervos en lenda.
Despois de tocar un obxecto máxico veste convertido nun nibelungo, un anano escavador mitolóxico. A túa misión: axudar a Sigfrido a recuperar o ouro do Rin. Agárdanvos moitos desafíos.