MARÍA CASARES

Page 1

María Casares (A Coruña, 1922- Alloue, Francia, 1996)

Esta actriz, símbolo do teatro francés, era filla de Santiago Casares Quiroga, do

goberno

guerra

no

civil.

presidente estalido

Por

iso

exiliarse primeiro en

da ten

Gran

Bretaña, e logo en París. Chegou a esta cidade sen case saber

francés,

pero

pronto

deixa abraidos aos profesores coas súas dotes escénicas e co seu acento marcadamente galego. Debutou en 1942 como primeira actriz e obtén unhas excelentes críticas. Chekhov, Dostoievski, Synge, Ibsen, Sartre, Camus…, foron algúns dos autores

cos que María

enchía os escenarios

desde os anos 40. Mentres, tamén facía pequeñas incursións no cine. Tras a morte de Franco, volve a Madrid, pero séntese allea ao cambio político que empeza. Decide regresar a Francia e redacta as memorias Residente Privilexiada, nas que debuxa a súa infancia en Galicia. En Francia recibe os premios Molière e o Nacional de Teatro. O goberno español concédelle a Medalla ao Mérito en Belas Artes e a Xunta , a Medalla Castelao. Os actores e actrices galegos poñen o nome María Casares aos premios que conceden anualmente. Amósase encantada, mais nunca volverá a Galicia.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.