NOVIDADES BANDA DESEÑADA - OUTUBRO 2016
Ulises volve á súa terra ao terminar a guerra de Troia, onde lle espera a súa muller, Penélope. Pero a viaxe estará chea de obstáculos que Ulises debe superar. Un dos clásicos da literatura universal, ao alcance dos lectores en forma de atractivo cómics.
Mentras levan a cabo os traballos de remodelación acontece un misterioso asasinato no altar maior da Catedral, aterrando á cidade enteira e espertando a curiosidade de Aleida, que non poderá ficar queda, comezando así unha arriscada aventura .
Historia que combina a dureza duns feitos reais (o xenocidio armenio por parte do Imperio otomán) coa banda deseñada de aventuras, en que a denuncia das violacións dos dereitos humanos convive cunha narración de entretemento apta para todo tipo de públicos.
Xa temos os tres títulos publicados desta colección, indicada para os primeiros lectores.
Os Abrafaxe queren saber a verdade da historia do monstro do Val do N'Gomo, ya que aparentemente trátase dun deses contos de espíritos e fantasmas que os supersticiosos indíxenas africanos soen relatar ao anoitecer...