Equipo de dinamización da biblioteca
[Año]
NOVIDADES LENDAS - OUTUBRO 2016
"A flor da auga" recolle cento vinte e un relatos lendarios nos que a auga, proveña esta de fontes, dos ríos, do mar ou do ceo, xunto cos seres da mitoloxía popular relacionados con ela son os protagonistas principais. A auga dá e quita a vida, cura, limpa, fertiliza, purifica, mais tamén afoga, cobra vidas de homes e animais, e ata pode asolagar vilas e cidades enteiras. Auga prodixiosa, pois, que tanto fai pola beleza, polo amor e pola vida, e que forma parte das crenzas herdadas dos nosos devanceiros. A segunda novidade, é unha guía práctica para viaxar por un cento deses lugares onde se abren as galerías, se franquean e se iluminan os pasos soterrados para chegar aos mundos escuros, sepultados baixo a terra ou a area, se navega polas canles que conducen aos lugares mergullados baixo as arrebatadas augas dun pozo ou dunha lagoa, do mar ou do ceo...En definitiva, unha guía que fai visible o invisible.
Descubrirás que un home pode transformarse en dragón, como domesticar un trasno e iniciarte na sabedoría dos magos...
Encontrarás relatos inspirados en episodios históricos como A Canción de Roldán, o Cantar del Mío Cid ou O Cantar dos Nibelungos, aventuras protagonizadas polos cabaleiros da Táboa Redonda, Lancetot...