Equipo de dinamización da biblioteca. CEIP López Ferreiro NOVIDADES MITOS - OUTUBRO 2016
Juanita, a mariquiña, encontra a Om, un escaravello que é coma un avó contador de historias. Xuntos viaxan ata unha montaña e desde alí penetran no mundo dos mitos de varias culturas diferentes.
No primeiro título estúdanse os deuses Zeus, Hera, Poseidón, Hades, Atenea, Apolo, Afrodita, Ares, Hermes e Dioniso. Cada deus ou heroe vai precedido dunha información mitolóxica, para unha mellor comprensión das obras artísticas e literarias elixidas. No segundo, estúdanse os Titáns, as divindades das augas, do bosques e montañas, do alén e outras divindades individuais e colectivas
Con palabras sencillas, gozarás das historias destes deuses e deusas tan temibles. Coñece aos heroes e heroínas máis valentes, aos más temidos monstros e vive con eles fantásticas aventuras.
Equipo de dinamización da biblioteca. CEIP López Ferreiro
30 relatos rápidos e fabulosos de coñecidos mitos do mundo. Un conxunto ilustrado de contos tradicionais, acompañados de rápidos resumos, acontecimentos mitolóxicos breves e propostas de divertidas misións.
Nos capítulos do presente libro, coñecerás os motivos que levaron a Hércules a afrontar os lendarios doce traballos que tivo que realizar para o rei Euristeo de Tirinto. O texto complétase con blocos de xogos, que facilitan unha mellor comprensión do lido, y con informacións complementarias sobre religión, literatura ou historia do mundo grego.
Biografía do titán rebelde, Prometeo, que lle roubou o lume a Zeus e que llelo deu aos homes, e con el todas as artes que fan a vida máis vivible.
Coidada selección das lendas e mitos máis representativos da cultura de todos os tempos, cunha linguaxe sinxela e unhas coloristas ilustracións que marcarán aos primeiros lectores.