O LIBRO DOS PORCOS, baseado na obra homónima de Anthony Browne, ed. Kalandraka

Page 1

O LIBRO DOS PORCOS, baseado na obra homónima de Anthony Browne, ed. Kalandraka. Narrador/-a.- (Van aparecendo pai e os fillos, mentres a mamá prepara a casiña). O señor Porcón vivía cos seus fillos Miguel e Antón, nunha bonita cas cun bonito xardín, e cun bonito coche nun bonito garaxe. Dentro da casa estaba a súa muller.

Señor Porcón.- Bule co almorzo muller. Non te dás conta que teño que marchar para o meu importantísimo traballo. (Mamá intenta dar o servizo)

Nenos Porcón.- Bule co almorzo mamá. Non te dás conta que temos que marchar para a nosa importantísima escola. (Mamá intenta dar o servizo)

Narrador/-a.- Cando se ían, a señora Porcón fregaba a louza …(ponse a fregar); facía as camas (estira una colcha pola sofá); e despois ía para o traballo (colle o seu bolso). E así pasaban os días, ata que chegaba a noite (apáganse as luces).

Nenos Porcón.- (Deixando as mochilas ciscadas). Bule coa cea, mamá. Non te dás conta que vimos moi cansos da nosa importantísima escola.

Señor Porcón.- (Que estaba lendo o xornal). Bule coa cea, muller. Estou acabando co xornal e aínda non puxeches a cea.

Narrador/-a.- En canto acababan de cear, a señora Porcón fregaba os pratos, botaba a ropa a lavar, pasaba o ferro…, e poñíase a cociñar outra vez. (Xira sobre si mesma sen saber moi ben que facer. Tira un sobre. Os Porcóns, señor e nenos, están sentados). (Volve acenderse a luz).

Narrador/-a.- Unha tarde, ao chegaren da escola, os rapaces non atoparon a ninguén na casa.

Señor Porcón.- Nenos, onde está mamá? (Póñense a berrar por ela ata que atopan o sobre).

Nenos Porcón.- Mamá escribiu: “Sodes uns Porcos”.

Señor Porcón.- E agora, que imos facer?


Narrador/-a.- Tiveron que prepara a súa comida. Levoulles horas, e aínda por riba, daba noxo. Á maña´seguinte tiveron que preparar o seu almorzó. Levoulles horas. E tamén daba noxo. Ao día seguinte, e á noite seguinte, e durante varios días, a señora Porcón seguiu sen aparecer. E a casa parecía un cortello.

Nenos Porcón.- Cando vai volver mamá?

Señor Porcón.- Como o vou saber? Xa non temos nada co que prepara a cea. Teremos que rebuscar para atopar unas sobras.

Narrador/-a.- E xusto nese momento apareceu pola porta…(Entra pola porta principal) A SEÑORA PORCÓN!

Nenos Porcón e Señor Porcón.- (Axeónllanse). VOLVE, POR FAVOR, VOLVE. (Choromicando)

Narrador/-a.-Dende aquela, a señora Porcón quedou con eles. Pero agora o señor Porcón lava a louza. Miguel e Antón fan as camas e o señor Porcón pasa o ferro. Todos xuntos fan de comer…E mesmo se divirten!

Señora Porcón.- E eu tamén estou moi, moi feliz.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.