Unha rota mitoloó xica: outra guíóa para conñ ecer Santiago de Compostela
En calquera proxecto, o traballo cooperativo debe ser a guía para chegar a bo porto. Neste caso, debemos agradecer o traballo do profesorado do CEIP López Ferreiro, pero tamén moi especialmente dalgúns membros da nosa comunidade educativa: - En primeiro lugar, á profesora de literatura galego-portuguesa da Universidade de Santiago, Isabel Morán Cabanas, que nos amosou que polas rúas da cidade naceu unha das mostras da lírica máis fermosas da literatura universal. -Tamén ao profesor de Inxeniería cartográfica, xeodésica e fotogramétrica, Francisco Alberto Varela García, da Universidade da Coruña. Sen el, non sería posible subir os contidos á aplicación Emapic, e, por tanto, amosar o noso traballo fóra dos límites da comunidade educativa. - Á Sociedade Española de Estudios Clásicos (sección Galicia), polo material e asesoramento ofrecido. - Grazas tamén ao Departamento de Educación e Cidadanía do concello de Santiago, pola valoración do noso proxecto. E, por suposto, un agradecemento especial a todas as nenas e a todos os nenos que se involucraron nunha iniciativa á que dedicaron moitas horas do seu tempo, e mesmo do seu lecer.
1
Unha rota mitoloó xica: outra guíóa para conñ ecer Santiago de Compostela
ÍNDICE XUSTIFICACIÓN DAS ACTIVIDADES REALIZADAS
3
DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO
4
A. FASE DE MOTIVACIÓN E EXPLORACIÓN
4
B. FASE DE DESENVOLVEMENTO
7
C. FASE DE COMUNICACIÓN E DE REPRESENTACIÓN DO APRENDIDO
10
2
Unha rota mitoloó xica: outra guíóa para conñ ecer Santiago de Compostela
XUSTIFICACIÓN
O
proxecto "Unha rota mitolóxica: outra guía para coñecer Santiago de
Compostela", presentado polo CEIP López Ferreiro, resultou seleccionado polo Departamento de Educación e cidadanía do concello de Santiago para representar á cidade
no programa pedagóxico Aula de Patrimonio, organizado polas cidades
patrimonio españolas. Deseguido, amósase o seu desenvolvemento, así como os enlaces nos que poden encontrarse os materiais utilizados e realizados. Hai que dicir que, tendo en conta a flexibilidade coa que hai que contar en toda programación, realizáronse algúns cambios con respecto ao proxecto presentado, mais que, en todo caso, non afectan á elaboración do produto final que nel se indicaba. Así, o proxecto inicial abranguía tres materias: sociais, matemáticas e lingua galega. Unha vez coñecido que se recibiría a escolares de Toledo no noso centro, e que nós viaxariamos ata Segovia, decidiuse que algúns documentos se realizaran en castelán, tales como a guía turística en formato papel ou a representación teatral. Asemade, a aplicación utilizada para a creación do mapa dixital foi Emapic e non Mapme, aplicación que en principio se seleccionara. Por outra banda, no proxecto inicial sinalábase que no terceiro trimestre se realizaría unha visita guiada pola cidade coas familias, na que as súas fillas e os seus fillos actuarían coma guías. Evidentemente, esta actividade aínda está por facer, se ben no resumo final que se lles entregará en forma de realidade aumentada, incluirase esta e as actividades realizadas conxuntamente cos outros centros.
3
Unha rota mitoloó xica: outra guíóa para conñ ecer Santiago de Compostela
DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO
No proxecto presentado ao Departamento de Educación e Cidadanía do concello de Santiago en decembro, sinalábase que se desenvolvería en tres fases que deseguido se expoñen. Asemade, en cada actividade indícanse os enlaces aos documentos para que poidan ser empregados polo Departamento antes indicado. A) FASE DE MOTIVACIÓN E EXPLORACIÓN A primeira unidade de Ciencias Sociais en sexto
trataba como contido
curricular os xeitos de representación da Terra. Despois de analizar globos terráqueos, mapas e planisferios, centrámonos en diferentes tipos de planos:
4
Unha rota mitoloó xica: outra guíóa para conñ ecer Santiago de Compostela
Así, comprobouse que na nosa cidade patrimonio faltaban: - Planos que representaran os lugares significativos onde viviron escritores relacionados con Compostela. - Planos sobre as lendas de Compostela e a mitoloxía, eixe transversal do proxecto da biblioteca que se traballaba a nivel de todo o centro. Para solucionar o primeiro caso, estudáronse algunhas Cantigas medievais de trobadores relacionados con Compostela, ou que no seu contido se referían a lugares da cidade. Estes, localizáronse nos planos, e finalmente, realizouse unha rota trobadoresca baixo a dirección da profesora
da USC Isabel
rematamos na biblioteca América do Pazo de Fonseca.
Morán, que
O resumo desta rota
aparece no vídeo seguinte. https://youtu.be/gO3qC7SKVVw
Deste xeito coñecemos cales eran os límites primixenios da cidade medieval, e que lugares como Bonaval ou Sar xa quedaban afastados. É dicir, que había unha parte de Santiago de Compostela que existía desde hai séculos, e que iso se representaba nos planos e nas rúas da cidade.
5
Unha rota mitoloó xica: outra guíóa para conñ ecer Santiago de Compostela Pero ..., e a cultura clásica? Esa mitoloxía da que trataba o proxecto da biblioteca, existiría nunha cidade medieval como Santiago? Foi entón cando se lle deu ao alumnado o nome de diferentes mitos (Minerva, Prometeo, Atlas...), e se dedicaron a investigar se aquí podiamos encontralos. E así, en pequenos grupos, buscaron as representacións mitolóxicas nos edificios santiagueses e buscaron información a partires da bibliografía que desde a biblioteca se lles proporcionou:
O seguinte paso xa foi a rota por Santiago, na que cada grupo explicaba as características do mito que lles tocara. Tamén eles mesmos medían o tempo entre cada punto da rota, se ben esta medición non resultou do máis fiable (esquecíanse de poñer ou parar os cronómetros), polo que posteriormente na clase se aprendeu a buscar as distancias coa ferramenta de https://www.google.es/maps
6
Unha rota mitoloó xica: outra guíóa para conñ ecer Santiago de Compostela
B) FASE DE DESENVOLVEMENTO A información xa estaba localizada, polo que agora había que expresala en forma de resumos informativos. Así, decidiuse crear unha presentación de acordo ao seguinte esquema:
7
Unha rota mitoloó xica: outra guíóa para conñ ecer Santiago de Compostela
E deste xeito compúxose a presentación xeral da información que pode consultarse no seguinte enlace: https://www.yumpu.com/s/xY3khGWiO2pLCz0g
Ao tempo, outro grupo buscaba información sobre as distancias entre as diferentes localizacións, tanto a pé como en bicicleta, así como o tempo empregado coa aplicación https://www.google.es/maps. Grazas a eses datos, resolveron situacións problemáticas como as seguintes: http://www.authorstream.com/Presentation/Carmen165-3042920-problemas/
8
Unha rota mitoloó xica: outra guíóa para conñ ecer Santiago de Compostela
9
Unha rota mitoloó xica: outra guíóa para conñ ecer Santiago de Compostela C) FASE DE PRESENTACIÓN E DE COMUNICACIÓN DO APRENDIDO Ata esta fase, todo o traballado e aprendido quedaba entre o alumnado de sexto e algúns comentarios que poderían facer nas casas. Pero non había algo que amosase que podía realizarse unha rota mitolóxica por Santiago, de interese non soamente para a comunidade educativa, senón tamén para o exterior. Así pois, había que presentar o proxecto, e para iso: - Con toda a información, elaborouse un gran plano mural exposto no corredor do centro: https://photopeach.com/album/d75sl6 - Elaborouse unha guía turística, en formato papel, para regárllelo ás compañeiras e aos compañeiros tanto de Toledo coma a xente de Segovia. Por tanto, considerouse necesario a presentación dos datos en castelán, como se comproba no documento que se achega. Esta guía, tamén se entregará ás diferentes clases do centro. (Véxase ao final do informe o documento que
se
achega
ou
no
https://issuu.com/bibliolulu0/docs/plano_paseo_mitoloxia) - Coa plataforma Emapic, subiuse a información e as fotografías a un mapa interactivo que pode visualizarse neste enlace: https://emapic.es/survey/6bmtyYo/results
10
enlace
Unha rota mitoloó xica: outra guíóa para conñ ecer Santiago de Compostela - Pero cando se trata de traballar con nenas e nenos, nunca se pode esquecer o aspecto lúdico como unha motivación máis na aprendizaxe. No documento que se achega, presentamos unha sinxela obra de teatro na que o Apóstolo sae da Catedral para facer el tamén o seu Camiño por Santiago, e vano guiando as diferentes figuras estudadas: "La magia de la ciudad de Compostela". (Achégase tamén como documento ao final do presente informe http://issuu.com/bibliolulu0/docs/representacion_ruta_mitologica). Para as nenas e os nenos non foi difícil completar o guión a partires dunha idea presentada pola profesora, xa que a esas alturas coñecían "os seus mitos", e aínda que nun principio se pensaba escribir e representar en galego, compúxose a obra en lingua española como deferencia ao alumnado das outras cidades patrimonio e a quen llelo representaremos. - Dentro desta fase, queda a última actividade na que tamén intervirán as familias. O alumnado de sexto está cursando o derradeiro curso de educación primaria; cando cheguen os primeiros días do verán, farán de guías pola cidade pero, neste caso, os turistas serán as súas propias familias a quen lle explicarán os coñecementos adquiridos. Finalmente, as nenas e os nenos entregaranlles como agasallo o resumo do proxecto, xunto coas fotografías e vídeos cos escolares de Toledo e Segovia, todo elo en formato QR. Será a derradeira actividade do proxecto, pero para moita xente, tamén o inicio dunha nova visión da cidade. 10 de febreiro de 2017.
Asdo: Mª del Carmen Montero Chacón, profesora responsable do proxecto.
11