Obradoiro de habilidades sociais 1

Page 1

OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS

EQUIPO DE DE DINAMIZACIร N DA BIBLIOTECA. Alumnado de 5ยบ de Primaria. CEIP. Lรณpez Ferreiro (Santiago de Compostela). Curso 2016/2017


Jacques Delors. educación.

Os

catro

pilares

da

■ APRENDER A COÑECER. Pode considerarse que a ensinanza básica ten éxito se achega o impulso e as bases que permitirán seguir aprendendo durante toda a vida. ■ APRENDER A FACER. Fai referencia ás competencias clave. Aprender a coñecer e aprender a facer son, en gran medida, indisociables, pero moitas veces camiñan por separado. ■ APRENDER A VIVIR XUNTOS/AS. A educación debe seguir dúas orientacións: o descubrimento do/a outro/a (coñecerse a un mesmo e observar e aceptar as diferencias entre os demais) e participar en proxectos comúns. ■ APRENDER A SER. É importante fomentar a imaxinación e a creatividade tanto no/a neno/a como no adulto. O obxectivo da escola será dar todas as oportunidades de descubrir e experimentar.


QUE SON AS COMPETENCIAS CLAVE? Son unha combinación de coñecementos, capacidades e actitudes adecuadas ao contexto. Son aquelas que todas as persoas precisan para a súa realización e desenvolvemento persoal. Ocupan un papel esencial para exercer a cidadanía activa e lograr a inclusión social e laboral.


A EDUCACIÓN DESENVÓLVESE AO LONGO DE TODA A VIDA.

Competencias clave para a aprendizaxe permanente. Recollidas, coa LOMCE, no currículum de Primaria e na ESO. Competencias clave da sociedade do coñecemento, globalizada, tecnolóxica e multicultural. 1. Comunicación na lingua materna. 2. Comunicación en linguas estranxeiras. 3. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía. 4. Competencia dixital. 5. Aprender a aprender. 6. Competencias sociais e cívicas. 7. Sentido da iniciativa e espírito de emprendedor. 8. Conciencia e expresión cultural.


Javier. M. Valle, Doutor en Ciencias da Educación, é un dos maiores estudosos da Educación Comparada Internacional e das Competencias clave nestes momentos. Sinala, como requisitos para a adquisición de cada unha delas: 1. Interacción verbal e autoconfianza. 2. Falar, ausencia de timidez e de medo a errar. 3. Traballar con números, medidas, desenvolver operación básicas, ser curiosos/as e ser capaces de buscar razóns ou hipóteses. 4. Achegarse ás diferentes aplicacións e ferramentas dixitais e desenvolver o pensamento crítico e reflexivo. 5. Coñecer estratexias de aprendizaxe e estar motivados/as. 6. Posuír coñecementos sobre os códigos de conduta, dereitos... e amosar actitudes de respecto ao interculturalismo, á diversidade, de respecto aos demais. 7. Iniciativa, creatividade e liderazgo. 8. Coñecementos das diferentes expresións culturais e artísticas, creatividade, actitude aberta.


COMPETENCIAS SOCIAIS E CIVICAS Fan referencia ás competencias persoais, interpersoais e interculturais. Son as formas de comportamento que preparan as persoas para participar de xeito eficaz e constructivo na vida social e profesional, e para resolver, de ser o caso, conflitos. A competencia cívica prepara as persoas para participar plenamente na vida cívica e democrática grazas ao coñecemento de conceptos e estruturas sociais e políticas. ESTA COMPETENCIA CLAVE, VERTEBRADORA DAS OUTRAS COMPETENCIAS, ESIXE, SOBRE TODO, HABILIDADES SOCIAIS.


QUE SON AS HABILIDADES SOCIAIS? Son as capacidades que nos permiten interactuar de xeito socialmente aceptable. Son sentimentos, crenzas, valores... que nos permiten relacionarnos ben cos/coas demais. Constitúense na arte de establecer relacións co mundo que nos rodea e acadar un/uns obxectivo/s. O desenvolvemento destas habilidades está integrado, como xa sabemos, nas competencias sociais e cívicas, a competencia máis transversal da nosa lexislación educativa.


TIPOS DE HABILIDADES SOCIAIS As habilidades sociais poden ser: Básicas: As habilidades básicas inclúen saber escoitar e facer preguntas, dar as grazas, iniciar e manter unha conversa, presentarse, saber despedirse, eloxiar, etc. Complexas: As habilidades complexas inclúen condutas como saber disculparse e pedir axuda, admitir os erros, afrontar as críticas, convencer aos/ás demais, etc. O DESENVOLVEMENTO DAS PRIMEIRAS É IMPRESCINDIBLE PARA ACADAR AS SEGUNDAS.


QUE PRETENDEMOS ACADAR? Os programas para traballar as habilidades sociais son una ferramenta ao servizo dun modelo de convivencia pacífico baseado na participación, na colaboración e no diálogo. Entre outros, nós pretendemos acadar os seguintes obxectivos: ■ Desenvolver a cohesión e a confianza no grupo. ■ Desenvolver a capacidade de escoita activa. ■ Promover a capacidade de comunicación verbal e non verbal de xeito positivo. ■ Impulsar actitudes de aprecio e recoñecemento dos sentimentos e das calidades propias e das dos demais. ■ Achegarse a conceptos básicos de igualdade, solidariedade, empatía, asertividade… ■ Desenvolver a capacidade de toma de decisións ■ Favorecer a capacidade de observación e análise do conflito.


ASPECTOS QUE TRABALLAREMOS Coñecementos: ► Códigos de conduta e xeitos de comportarse. ► Conceptos básicos: igualdade, solidariedade, participación, compromiso, empatía, asertividade... Dereitos e deberes establecidos na nosa sociedade. Destrezas: ► Comunicación construtiva. ► Expresión e comprensión de diferentes puntos de vista, incluído o propio. ► Negociación e consenso. ► Cumprimento cos requirimentos sociais, académicos... Actitudes: ► Respecto aos/ás demais. ► Disposición ao compromiso. ► Xeitos de relacionarse con asertividade. ► Comportamento empático. ► Disposición a tomar parte nas actividades da comunidade escolar.


COMO TRABALLAMOS AS HABILIDADES SOCIAIS? Actividades: Farase sempre antes de cada xogo e/ou actividade e ao remate unha pequena asemblea de inicio e presentación da actividade e de remate e avaliación da mesma. ■ Xogos de presentación. ■ Xogos de autoestima e afirmación. ■ Xogos de “etiquetado” de emocións. ■ Análise e textos: artigos da Constitución, artigos do Estatuto de Autonomía, artigos da Declaración Universal de Dereitos Humanos e outros textos. ■ Xogos de dramatización e valoración, a través de textos literarios (ex: “O episodio da escaleira” da obra Das cousas de Ramón Lamote). Metodoloxía: A organización destas actividades, individuais, de pequeno e gran grupo, pretende impulsar a construción de aprendizaxes significativas. Os contidos, que se presentarán case sempre, a través de xogos e de textos e pretenden ser moi motivadores. Deberán ser funcionais e tentarán promover o cambio no alumno/a, favorecendo a construción persoal.


COMO AVALIAREMOS O OBRADOIRO? Avaliación: Avaliarase todo o programa: os obxectivos, a relación cos contidos, as propostas metodolóxicas… Tamén se avaliará o proceso de aprendizaxe do alumnado participante, o grao de implicación, a motivación… Farase unha avaliación inicial, unha avaliación ao final de cada sesión e outra ao final do programa. Este proceso levarase a cabo a través dunhas rúbricas de seguimento que cada alumno/a e a mestra posuirán e que servirán para valorar a idoneidade do obradoiro. Non se esquecerá a triangulación de fontes aportadas pola observación e pola coavaliación que se leve a cabo en cada sesión.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.