Ángeles Alvariño Unha precusora na investigación oceanográfica mundial (Serantes, Ferrol, 1916- San Diego,California, 2005)
Desde pequena caracterizouse por ter unha grande inquietude intelectual e demostrou unha habilidade especial e gusto pola lectura. Ata 1931 estudou en diversos centros educativos de Ferrol, para despois cursar o Bacharelato Universitario en Ciencias e Letras na Universidade de Santiago. Aínda que en 1934 comeza os seus estudos de Ciencias Naturais na Universidade de Madrid, estes vense interrompidos pola Guerra Civil. Nese período Alvariño decide mellorar os seus coñecementos de francés e iniciarse na aprendizaxe do inglés. Unha vez aberta a universidade, Ánxeles continúa cos seus estudos. Logo imparte clases como profesora de Bioloxía, Zooloxía, Botánica e Xeoloxía, en colexios universitarios en Ferrol. Nos anos 50 Ánxeles pasa a ser unha muller precursora na investigación oceanográfica española e destacada científica internacional: foi a primeira muller nun barco de investigación británico; chegou a descubrir 22 especies novas de organismos mariños, así como os indicadores planctónicos para correntes oceánicas e para a pesca. Ao mesmo tempo publicaba diversos traballos científicos, algo que nunca deixou de facer ata a súa morte. Por exemplo, o estudo sobre a expedición de Malaspina, na que decribe plantas e animais mariños atopados durante esta expedición. Foi a súa maneira de combater a propaganda dada a Cook como a primeira expedición científica.
As gaiteiras de Ribadeo
(Ribadeo 1961 - Ribadeo
1966)
O instrumento propio de Galicia, a gaita, é de xénero feminino. Pero…quen a imaxinaría nos anos 60 no colo dunha muller? Pois non unha, senón varias mulleres eran as integrantes do grupo “Saudade” de Ribadeo, a primeira banda de gaitas formada exclusivamente por mulleres de Galicia e do Estado, e posiblemente en todo o mundo. A indumentaria que usaban era a tipíca ribadense do S. XVIII. A súa compositora tamén era unha muller, Amadora Suárez Couto. Inauguraron o ferrocarril da Costa e o primeiro barco de Pescanova en Vigo; filmáronas en Betanzos para a película “Asi es Galicia”; apareceron no NO DO; actuaron no Gran Teatro de Lisboa e na Televisión portuguesa; percorreron Galicia, Asturias, Zamora, Salamanca… E mesmo, as chamaron de Nova Iorque para a celebración do Día da Hispanidade.
Unhas pioneiras na incorporación da muller ao mundo musical, grazas ao compromiso e á dedicación dunhas rapazas, que chegaron a cobrar arredor de 400 pesetas cada unha por saída, a dispor dun minibús e a seren cabeza de cartel de calquera festa ou festival que se prezase.
As dúas en punto: as irmás Fandiño Ricart Durante moitos anos cada día a esa precisa hora, Maruxa e Coralia collíanse de ganchete e paseaban desde o Espíritu Santo ata a Alameda de Compostela. Saudaban, rían e brincaban cos outros paseantes mentres lucían vestidos e panos de vivas cores. Maruxa e Coralia eran fillas dun zapateiro da
Algalia
de
Arriba,
e
dunha
costureira
da
rúa
do
Espíritu
Santo.Aprenderan liberdade, dereitos e sindicalismo na súa propia casa, escoitando os seus irmáns, destacados dirixentes e líderes da CNT, e da que seu irmán Manuel, era o secretario xeral. Tras o alzamento do 36, os irmáns conseguiron fuxir. Mais as mulleres da casa, a nai e as irmás, si que tiveron que vivir as ameazas, o aceite de rícino, o pelo rapado, os falanxistas que viñan controlar a casa a calquera hora do día e da noite… Tolearon. Como di Luz Fandiño "Vestíronse de luz e forza”. Escuálidas, sen dentes, cheas de po de arroz, colorete e carmín, todos os días, á mesma hora, marcada polas badaladas da Catedral, saían da casa, chiscaban os ollos e dicíanlle piropos pola rúa aos estudantes, algo ao que ningunha muller se atrevería no franquismo. Mais debaixo daquela actitude, daquelas máscaras, había moita fame e moita dor. Tamén moito medo: as Marías xamais se atreveron a saír de noite.
Maruxa: Compostela, 1898 — Compostela, 1980 Coralia: Compostela, 1914 — Compostela, 1983
Mª Antonia Dans (Oza dos Ríos 1922 - Madrid 1988) Pasou a súa xuventude en Curtis, o que se reflectirá
nas
cores
da
súa
pintura,
nas
sensacións que transmite, na observación da vida das mulleres… Recibiu clases de debuxo de Lolita Díaz Baliño, quen a animou a que se adicara á profesión marchou
de pintora. Casou e
para
Madrid,
onde
sobresae por un tipo de pintura figurativa e paisaxística
fronte
á
abstracción
que
predominaba naquela época. Destacan nos seus cadros a intensidade do cromatismo e unha elementalidade formal un tanto naif e primitiva. Aínda que orgullosa das orixes aldeás, María Antonia foi unha muller seu
adiantada tempo,
ao
cunha
modernidade e unha independencia que a penas se lle permitía a unha
muller
panorama posguerra española.
no da
María Casares (A Coruña, 1922- Alloue, Francia, 1996)
Esta actriz, símbolo do teatro francés, era filla de Santiago Casares Quiroga, do
goberno
guerra
no
civil.
presidente estalido
Por
iso
exiliarse primeiro en
da ten
Gran
Bretaña, e logo en París. Chegou a esta cidade sen case saber
francés,
pero
pronto
deixa abraidos aos profesores coas súas dotes escénicas e co seu acento marcadamente galego. Debutou en 1942 como primeira actriz e obtén unhas excelentes críticas. Chekhov, Dostoievski, Synge, Ibsen, Sartre, Camus…, foron algúns dos autores
cos que María
enchía os escenarios
desde os anos 40. Mentres, tamén facía pequeñas incursións no cine. Tras a morte de Franco, volve a Madrid, pero séntese allea ao cambio político que empeza. Decide regresar a Francia e redacta as memorias Residente Privilexiada, nas que debuxa a súa infancia en Galicia. En Francia recibe os premios Molière e o Nacional de Teatro. O goberno español concédelle a Medalla ao Mérito en Belas Artes e a Xunta , a Medalla Castelao. Os actores e actrices galegos poñen o nome María Casares aos premios que conceden anualmente. Amósase encantada, mais nunca volverá a Galicia.
María Castaña Século XIV - Data e lugar da morte descoñecidos
A xente, para falar de cousas antigas, di «nos tempos de María Castaña», pero esta muller foi unha persoa de carne e óso, que lle tocou vivir nunha época de cambio da sociedade feudal. Segundo documentos históricos, vivía no ano 1386 no Couto de Cereixa, no actual concello da Pobra do Brollón. Estaba casada con Martín Cego e, nun enfrontamento co recadador do bispo de Lugo, Francisco Fernández, ela, o seu marido e os seus fillos, feriron de morte ao recadador. Como sanción e pago polos feitos, a familia tenlle que doar á catedral de Lugo canto posúen no Couto de Cereixa. Asemade, deben pagar mil marabedís da moeda en circulación, e xuran que non farán dano xamais aos recadadores da Igrexa e do bispo e que os axudarán en todo canto fose preciso.
Velaí os tempos de María Castaña: loitas, destrucións, incendios, violacións, roubos, motíns e, cando parece que chega a paz, os novos señores impoñen contribucións especiais para enriquecerse axiña. Polo tanto, María Castaña xunto coa súa familia e con outras moitas mulleres e familias coma eles, resistiron primeiro e logo enfrontáronse ao recadador do señor feudal. Un episodio máis das numerosas loitas que as mulleres levaron a cabo no mundo feudal na defensa do pan, da alimentación dos seus e da paz. O resultado foi terlle que «doar» á Igrexa todos os seus bens.
Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837- Padrón 1885)
Era filla dunha fidalga de Santiago, e dun sacerdote, con cuxas irmás Rosalía pasou parte da súa nenez. É probable que a partires dos cinco anos Rosalía pasara a vivir coa súa nai, dona Teresa. Como tantas protagonistas dos seus poemas, súa nai era a pobre muller namorada e enganada polo varón. Pero tamén a muller que, finalmente, se enfrontou á sociedade para recoñecer o froito do seu descoido e reparar así a súa falta. A instrución de Rosalía parece que foi escasa, como demostran as abundantes faltas de ortografía dos seus manuscritos. Estudou algo de Debuxo e Música nas aulas da Sociedade Económica de Amigos do País. Contrae matrimonio con Manuel Murguía en 1858. O matrimonio formaba parte da corrente federalista e republicana que aspiraba a un novo modelo político en que a causa galeguista tería cabida, con liberdade relixiosa, libre comercio, sufraxio universal... Neste ambiente de ilusión, Rosalía escribiu en 1863 os Cantares gallegos, que marcou o inicio do Primeiro Renacemento. No "Prólogo" intentou suavizar as posibles reaccións contra o libro polo seu carácter reivindicativo, o uso exclusivo do galego e a autoría feminina. Ao fracaso da Revolución do 68 e á Restauración Borbónica, seguiu o desengano, agravado polas dificultades económicas. Publica o seu derradeiro poemario galego, Follas Novas (1880). O desencanto e a amargura ditaron as "Dúas palabras da autora" con que se abre este poemario, en que a muller galega, os nenos, os vellos e todos os desposuídos encontraron a súa voz propia. No centenario da publicación de Cantares Gallegos, a Real Academia Galega consagrou o 17 de maio á celebración do Día das Letras Galegas. Os restos da nosa máis insigne escritora repousan hoxe no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval.
Sofía Casanova (Culleredo 1862 - Poznan 1958) A primeira correspondente de guerra Trasládase a Madrid moi nova coa súa familia. Nesta cidade, con 15 ou 16 anos, xa frecuenta varias tertulias e coñece ao nobre e diplomático polaco Vicente Lutoslaswki, co que vai casar e vivir a Polonia. Os desprazamentos continuos, como consecuencia da carreira diplomática do seu home, combínaos co traballo de xornalista e co estudo dos idiomas dos países onde reside, o que lle vai permitir dominar 8 linguas diferentes, incluída a súa, é dicir, o galego. Asemade vivirá acontecementos históricos trascendentais: a loita das sufraxistas en Inglaterra, o desenvolvemento do sindicalismo, a formación do Partido Bolchevique na Rusia tsarista e, sobre todo, a Primeira e a Segunda Guerra Mundial e a persecución dos xudeus polo réxime nazi no gueto de Varsovia. Sofía Casanova só terá fillas motivo polo que é repudiada polo seu marido, xa que non garante a continuidade do apelido paterno. Para sobrevivir escribe crónicas dos acontecementos que estaba a vivir, colabora en xornais como La Época, El Liberal…; en publicacións galegas e en prensa internacional como a Gaceta Polska e o New York
Times. En todos estes traballos manifesta unha postura pacifista e antibélica.
No ano 1952 concédeselle por unanimidade o título de académica de honra pola Real Academia Galega.