OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS. 5º EDUCACIÓN PRIMARIA. CEIP LÓPEZ FERREIRO. CURSO 2016/2017
Esculturas de chatarra. Cartagena de Indias-Colombia
Para levar a cabo este obradoiro formamos dous equipos, azul e vermello e a actividade levouse a cabo os venres, na hora do recreo. Comezamos este obradoiro no mes de xaneiro. Traballamos, en primeiro lugar, a escoita atenta e activa e o respecto ás quendas de palabra. Tamén soubemos iniciar, manter e rematar unha conversa, habilidade fundamental para interactuar con outras persoas. Tivemos en conta aspectos relacionados tanto coa comunicación verbal, como coa comunicación non verbal.
No mes de febreiro traballamos sobre os dereitos e deberes das persoas, como seres sociais que somos. Para isto, coñecemos diferentes textos normativos e centrámonos na Declaración Universal dos Dereitos do Neno, aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1959, dez anos despois da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Nela recóllense dez principios que supuxeron o primeiro grande consenso internacional sobre os dereitos das nenas e dos nenos.
A partir deste regulamento, o alumnado de 5ยบ elaborou os seus propios Principios.
No mes de marzo centrámonos en aspectos relacionados coa educación emocional e coa intelixencia emocional, é dicir, coa capacidade que nos permite, por un lado, recoñecer, expresar e xestionar as emocións propias e, por outro, empatizar e manifestar habilidades sociais na relación cos demais. Profundamos nas catro emocións básicas: ira, tristura, medo e ledicia. IRA
TRISTURA
MEDO
LEDICIA
Rabia
Autocompaixón
Angustia
Gozo
Anoxo
Soidade
Aprehensión
Contento
Resentimento
Desalento
Fobia
Deleite
Furia
Melancolía
Temor
Diversión
Exasperación
Depresión
Pánico
Pracer
Indignación
Aflición
Preocupación
Gratificación
Animosidade
Pena
Desacougo
Satisfacción
Irritabilidade
Desconsolo
Incertidume
Euforia
Hostilidade
Pesimismo
Ansiedade
Éxtase
Odio
Desesperación
Inquietude
Felicidade
Violencia
Terror
Soubemos que: .- Non hai emocións malas, hai que saber xestionalas-calibralas. .- As emocións teñen unha duración breve, pódese pasar dun estado emocional a outro rapidamente. .- Pódense sentir distintas emocións ao mesmo tempo. .- Ante unha mesma situación as persoas podemos experimentar emocións diferentes.
Isto levounos a facer, con ĂŠxito, unha actividade de etiquetado de emociĂłns. Aprendemos a diferenciar diferentes tipos de textos e comprendemos termos como asertividade, empatĂa ou pasividade.
O día 7 de abril concluíu o Obradoiro de Habilidades Sociais que, dende a biblioteca do centro, se desenvolveu cos/coas alumnos/as de 5º de Primaria do Ceip López Ferreiro. O Equipo da Biblioteca amósase moi satisfeito desta actividade, na que participou e se implicou de xeito activo o 80% do alumnado. Os dous equipos que se constituíron desenvolveron valores cooperativos como: axuda mutua, igualdade, responsabilidade e democracia. A avaliación da actividade, por parte do alumnado, tanto ao inicio, como no proceso e ao final, foi moi positiva. Á mesma conclusión chegaron as docentes que constitúen o equipo da biblioteca. O Equipo, por outra banda, sentiu que non se puidesen levar a cabo algunhas das dinámicas que se tiñan previsto desenvolver, debido ao grande número de alumnas e alumnos participantes, e convida a todos/as a retomar esta actividade, e outras, o vindeiro curso.
Moitas grazas a Manuel Aboal, Claudia Blanco, Anxo Carreira, Mauro Cribeiro, Carla de Abreu, Manuel de Cal, Aleida del Río, Laura Domínguez, Rosario Eirís, Aaron Iglesias, Nidia Iglesias, Marina Lamelo, Celia Lema, Carla López, Sonia Martín, Ariadne Mesejo, Carlos Ordóñez, Mateo Prado, Rita Ramos, Xela Rei, Martín Vázquez e Xiana Vidal de 5º A. Moitas grazas a Alejandra Cela, Iago Fernández, Matías da Silva, Marco Fernández, Ana Fondo, Cloe Gamallo, Lucas García, Aldara González, Daniela Lamas, Unai Pérez, Daniel Rodríguez, Xela Rodríguez, Gadea Rubial, Julia Salvado, Lía Santomil, Antía Toimil, Mencía Varela e Erea Vidal, de 5º B. Grazas tamén a Julia e a María e a Montse e a Noelia, as súas titoras.
Equipo de dinamización da biblioteca. CEIP López Ferreiro