ALGUNHAS SUXESTIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL

Page 1

Venturoso 2019, ano de Antรณn Fraguas, antropรณlogo que recolleu e sistematizou a riqueza da lingua e da cultura galegas.


A biblioteca do López Ferreiro ofrece para este Nadal uns consellos rimados, por se son de utilidade para escoller nos mercados: Cada idade precisa dun agasallo, pois hase de ter en conta que non xoga do mesmo xeito un neno ca un xubilado. Ao principio os xoguetes deberanlle permitir e construír, expresarse e palpar, manipular e pintar. Aos seis anos comezan a socializar, así que cos seus xogos deben colaborar, construír, interpretar, moverse e, sobre todo, investigar.

A partir dos once anos empezan a cambiar; cos seus agasallos han de crear, competir, cooperar, investigar, inventar e coleccionar. As nenas e os nenos teñen as mesmas capacidades...Por que elixir agasallos que, segundo o sexo, desenvolven diferentes habilidades? A tecnoloxía en calquera momento pode estar presente, mais hai que observar se deixa á nena ou ao neno ausente. Hai un agasallo que sempre é o acertado: un libro. Hainos para todos os gustos e en todo tipo de mercados.

Este Nadal, as nenas e os nenos do López Ferreiro preséntavos esta escolla de aventuras, experiencias e poesía..., que se agochan por calquera libraría.

https://www.facebook.com/Serpadres.es/videos/10159838663690651/ http://www.euskadi.eus/contenidos/informacion/gura_materiales/es_esjueg o/adjuntos/juego_educacion-1.pdf https://www.eduardpunset.es/17983/punset-en-los-medios/son-utiles-losvideojuegos-en-la-educacion

*As

imaxes e informacións sobre o contido dos libros están extraídas dos blogs das súas respectivas editoriais. *A imaxe da portada baseouse no marcapáxinas elaborado polo Servizo de Normalización Lingüística do concello de Ames.


Para quen empeza…

A Minimoni encántalle pintar de cores: xoaniñas vermellas, ceos azuis, plátanos amarelos... pero nunca pintou un bico. De que cor será?

A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Cando xa está na cama, despois de cumprir co ritual para ir durmir (cepillar os dentes, poñer o camisón, acomodar as sabas…), alguén chama á porta. Libro-disco de arrolos tradicionais, de puntos diversos da xeografía galega, recreadas por destacados intérpretes.

Canto se desgusta Celestina por extraviar o seu boneco! Unha obra para atopar a felicidade nas cousas sinxelas e compartir os bos momentos.

A diferenza e a diversidade a través das vivencias dun personaxe sensible e distinto...Ou non tanto? Todo depende da mirada...

Cando Monstro Grande pilla a gripe monstruosa, Monstro Pequeno vai visitalo. Pero é moi difícil compracer a Monstro Grande cando está enfermo. ..

Cabalgando sobre rimas, viaxaremos pola terra e pola serra, pola rúa e pola lúa, pola herba e pola néboa, con sombreiro e chuvasqueiro, con miñocas e con focas, con estrelas e con velas, con amigas, con amigos, con piratas… e contigo! Con este libro poderás soñar, poderás sorrir, poderás bailar, poderás sentir.


Para quen xa sabe ler…

Xinfu e Wini levan unha vida tranquila. Todo cambia cando Wini atopa un óso enterrado no xardín que fará que viaxen a outro mundo, embarcándose nunha aventura máxica e chea de acción.

A diferenza e a diversidade a través das vivencias dun personaxe sensible e distinto... Ou non tanto? Todo depende da mirada...

As vogais desapareceron e as persoas non se entenden. Eira, sae na súa busca coa axuda dunha vaca moi, moi pesada.

Só un dos personaxes aproveita o tempo. O conformismo, a apatía, a inseguridade ou o temor ao descoñecido, fronte á iniciativa, a audacia e a vontade por mellorar.

Fórmulas representativos do cancioneiro de tradición oral infantil relacionado cos animais. O libro acompáñase dun documento sonoro.

Relato rimado no que destaca o humor. A vida a Míster Magnolia cámbialle coa chegada dun paquete envolto en papel de regalo. ..

Relatos que engaiolarán con moito sabor e moita, moita diversión. Podedes seguir a elaboración das receitas por YouTube e polos códigos QR


Para quen ten autonomía na lectura… Curiosity é un robot explorador que recorre os desertos de Marte. Cuns diagramas fascinantes, lévanos do laboratorio ao planeta veciño para amosarnos ata onde nos levou e nos leva a curiosidade humana.

Ilumianatomía ofrece uns filtros que hai que aprender a usar para ver as ilustracións: para o esqueleto, filtro vermello; para os músculos, verde, e co filtro azul, todos os órganos. Mola, a que si?

Selección de poemas editados por Xoán Neira para facer unha homenaxe a Manuel María no cincuentenario da publicación de Os soños na gaiola.

Ona atopa na casa da avoa un libro.Cando o abre le unha historia diferente, pero aos seus protagonistaspása nlles as mesmas cousas que a ela.

O gladiador Globulus morreu nun espectáculo no Coliseo. Os seus amigos tentarán localizar a súa fortuna escondida. Novela de intriga que achega o mundo da Antiga Roma.

O que non se contou dos clásicos: a miopía e o daltonismo de Carapuchiña; a afección de Pulgariño polo escondite , ou o lobo en castings para buscar outros papeis...

Millóns de calcetíns desaparecen cada día misteriosamente en todas as casas. Por medio do profesor René Melenas e o músico Egon Lourenzo coñeceremos o mundo secreto destas criaturas, nunha historia chea de suspense e humor.

Un libro para comprender mellor as relacións entre a actividade humana e os cambios que sofre o mar. Convida á reflexión e resulta un bo recurso para a acción.


Para quen ten experiencia… Un libro de gran formato con impresionantes ilustracións, con datos para descubrir os seres fantásticos más misteriosos de todos os tempos.

Na época da febre do ouro, Sherlock Holmes está de vacacións en California. A historia do crime maniféstase neses días cun gran rebumbio nun campo mineiro onde, casualmente, traballa un sobriño de Holmes...

Diversión, tenrura e humor, optimismo e ledicia son ingredientes deste clásico universal. Esta edición en galego conta coas ilustracións orixinais e restauradas de Ingrid Vang Nyman.

Anécdotas, xogos estimulantes e propostas para desenvolver o teu «pensamento creativo»: estimula a túa curiosidade, sé imaxinativo e actúa con determinación.

Axlin é a escriba da súa aldea, a única que sabe ler e escribir. Vai investigar todo o que poida sobre os monstros e plasmar os seus descubrimentos nun libro que sirva de guía e protección a outras persoas. Por iso decide partir…

Un camiño cara Rosalía. Todos os poemas parten dun diálogo con ela, coa súa lírica.

Cómic gañador do Premio Jeunesse de Angoulême que relata a historia de Rachel, que vivirá a súa adolescencia na Francia da Segunda Guerra Mundial.

Maëlle quere cambiar o mundo. De carácter firme, aplicada, simpática, solidaria e líder no equipo de balonmán. Pero cada día pasa máis tempo nas redes sociais, abandona o deporte, cambia a súa forma de vestir, deixa o seu mozo… Maëlle converterase en Ayat para unirse ao Daesh.


Para quen queira compartir…

A literatura -oral e escrita- e a arte, serven para que entre a realidade e cada persoa exista un tecido de historias, fantasías e coñecementos. Sen esa bagaxe, o mundo sería insoportable. A autora desmonta prexuízos culturais infundados, incita a reflexionar e a intercambiar opinións.

A historia dunha nena que vai ter un irmán. El, por suposto, vive dentro do ventre da súa nai. E vai ter que esperar nove meses…,ou non. Porque ela, ten un plan para coñecer ao seu irmán antes de tempo.

Un libro cheo de maxia, dozura, e moita, moita tenrura.

As cóxegas son capaces de alegrar os corazóns máis apagados e enchelos de luz. Pero para conseguilo hai que poñerlle moitas gañas e imaxinación, e neste libro tedes algunhas ideas. Non dubidedes en regalar algunhas cóxegas ao voso corazón e ao dos demais.

Un volume de aceptación de orfandades, cando o amor debe existir mesmo xa sen amantes. Cando o camiño interior se converte nunha aprendizaxe da soidade. Cando alguén desprega nos poemas todos os dispositivos dunha intelixencia introspectiva... É aí onde xorde o canto das sereas.


Celso Emilio Ferreiro. De Viaxe ao paĂ­s dos ananos.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.