LETRAS GALEGAS
2017
NO CEIP LÓPEZ FERREIRO
• No CEIP López Ferreiro, tivemos conciencia de que había que empezala xuntamente co inicio do curso 2015-16, e formando parte dun proxecto máis global e común a todo o centro como o Proxecto da biblioteca, que este ano versaba sobre Fábulas, mitos e lendas. • Pero, como enlazar a temática da biblioteca coa celebración das Letras Galegas?
Comezamos co Obradoiro de Penélope, un taller creativo desenvolto durante os recreos. Ao xeito de Penélope, tecendo e destecendo, un mínimo de seis nenas e nenos, acudía cada semana a para crear a súa galiña azul ou para confeccionar laranxas para a “Árbore das lecturas”. Deste xeito, practicamente todo o alumnado de educación primaria fixo a súa galiña azul. O obxectivo do Obradoiro era motivar cara a obra do autor a quen este ano se lle dedicaría o Día das letras galegas: Carlos Casares.
E mentres, practicĂĄbase a lectura no Obradoiro, cun poema que asociaba a PenĂŠlope e a Casares.
E foi chegando o Nadal! Para pedir aos Reis, ao Apalpador, a Papá Noel…, un libro sempre é unha boa idea.
O equipo de dinamización da biblioteca confeccionou un calendario que se distribuíu entre as familias. E quen foi o protagonista do mes de maio? Carlos Casares e a súa obra
• A fase de achegamento ao autor desenvolveuse, xa que logo, durante o primeiro trimestre. • Pero había que afondar na súa produción, no seu coñecemento. • E así, deseñouse un xogo para os usuarios da biblioteca, e unha bolsa viaxeira das Letras Galegas (diferente segundo os niveis), para compartir coas familias.
O xogo de Casares na biblioteca, baseábase nuns enigmas, graduados segundo os cursos, que cada mes debían resolver acudindo á información dixital ou á produción literaria de Carlos Casares. Para gañar o concurso había que ter catro preguntas ben contestadas, como as que aparecen se se preme neste enlace:
concurso Carlos Casares
Caderno entregado ás gañadoras e gañadores.
Ao tempo, preparáronse unhas bolsas viaxeiras que rularon entre as familias para que se compartira un momento de lectura en galego, coñecendo ao autor das Letras Galegas 2017. O noso obxectivo era que se creara vínculos afectivos por medio da lectura en galego. •
O material de Casares era diferente segundo os niveis, mais en todas as bolsas se incluíu unha biografía do autor, así coma un caderno para que se valorara a actividade.
Colaboración con outras institucións • Mantemos unha colaboración moi estreita coa biblioteca pública Ánxel Casal. • Como vén sendo habitual nos últimos anos, alumnado do noso centro participa no concurso de carteis sobre as Letras Galegas que organiza a devandita biblioteca. Trátase de expresarse coas características da linguaxe publicitaria e, nesta ocasión, conseguiuse un terceiro premio e un accésit.
E tamén con motivo das Letras Galegas, acudíu o 5º nivel para participar no Gran Xogo das Letras Galegas, a cargo de Eduvía.
• Pola súa parte, o alumnado de tres anos, foi á Ánxel Casal para unha actividade de formación de usuarios na biblioteca, e de paso, deixarlle as súas mostras creativas sobre Carlos Casares e a súa obra. Este material decorou a zona infantil da Ánxel Casal durante o mes das Letras Galegas.
• Coa editoral Galaxia tamén colaboramos, xa que alumnado do noso centro asistiu á representación de A Galiña Azul no teatro Principal de Compostela, representación patrocinada por Galaxia.
As Letras coas familias O 16 de maio realizamos a Festa das Letras na biblioteca, fóra do horario lectivo. Invitamos ás familias, e co acordeón de Santi Cribeiro (excompoñente de Berrogüetto), cantamos as letras dos nosos poetas, por suposto, en galego. Tamén houbo tempo para ler o Manifesto das Letras e, de paso, recordar a Carlos Casares.
De rota pola cidade E no Día das Letras Galegas, non podemos esquecernos da poetisa que marcou un inicio na defensa da lingua esquecida e da realidade dun pobo: Rosalía de Castro. O 16 de maio, as nenas e os nenos de 6º, visitaron diferentes lugares de Compostela relacionados coa biografía de Rosalía. Diante deles, ademais de explicar a relación coa poetisa, leron poemas da escritora. O material empregado pode descargarse premendo no seguinte enlace: Rota biográfica de Rosalía en Compostela
E pouco a pouco, foron saíndo os propios materiais, pero sen esquecernos que se celebramos as Letras Galegas é grazas a Rosalía. • En forma de presentacións: https://issuu.com/joseloisvace/docs/ilovepdf_merged • En forma de vídeos: https://youtu.be/dgKT8L6cc6c
En forma de carteis que reproducĂan a linguaxe publicitaria.
E sobre todo, en forma de textos, a mellor maneira de tributarlle homenaxe.
E con todo este material celebramos o 19 de maio os Maios e o DĂa das Letras Galegas.
VECIร O TORTO Facede un paso no muro, que pesa demasiado para dar a volta. Carlos Casares: As laranxas mรกis laranxas de todas as laranxas.
Equipo de dinamizaciรณn da biblioteca. Curso 2016-17.