Primeiras novidades

Page 1

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR – CEIP LÓPEZ FERREIRO NOVIDADES EMOCIÓNS - OUTUBRO 2016

Nárranse algunhas aventuras da simpática Juanita, que viaxa polo mundo e trae distintos contos populares, como recordos, na súa mochila. O libro é una viaxe reflexiva que invita a pensar.

Neste libro preséntanse máis de 200 actividades para desenrolar: habilidades do pensamento creativo,actitudes éticas e valores para convivir e autocoñecerse. Todas as actividades parten do libro de contos La mariquita Juanita.

Relato en primeira persoa do tortuoso periplo que emprenderá una familia para escapar dos horrores da guerra e intentar atopar un lugar no que formar un novo fogar. Os ollos dun neno guíannos a través da escuridade en busca das cores dun futuro mellor.

Un percorrido polas nosas emocións a través das orixinais ilustracións de Anna Llenas. A túa alma ten tantos rostros, pensamentos e sentimentos como estados nos que pódeste atopar. Aventura, emoción e imaxinación están aseguradas.


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR – CEIP LÓPEZ FERREIRO

Esta é a historia dun can, ao que todos teñen medo, menos a máis pequena dunha familia. Esta é una historia sobre ter medo, tamén é una historia sobre non o ter. Todo depende de cómo vexas as cousas.

Rula busca o seu lugar no mundo. A súa familia, sen embargo, encárgase de recordarlle que o seu lugar está na casa para facer a cama, preparar o almorzo, facer a compra… Un día os libros crúzanse na súa vida. Grazas a estes, Rula comprenderá que o seu lugar está alí onde os seus pasos a leven. Un relato abráiante, para concienciar sobre a marxinación da muller.

Este proxecto permite reflexionar sobre os valores da tolerancia, da xenerosidade, do espírito de diálogo e da honradez. No reino de Birmania, a filla dun humilde artesán decora con fermosura os obxectos lacados. É coñecida como a "Princesa Laca". Ao chegar aos oídos do rei este talento, o rei ordena que a moza traballe para el. A partir de entón nas obras da Princesa aparece sempre o mesmo tema: o sufrimento dun pobo sometido pola lei dun tirano...

O libro conta a historia dunha nena feliz que, tras sufrir unha inesperada perda, descubre no seu interior un gran baleiro. Este feito énchea de tristura e pesadume e lévaa a saír a buscar posibilidades para pechalo e volver a ser como antes. A solución para encher ese baleiro está no interior de ela mesma


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR – CEIP LÓPEZ FERREIRO

NOVIDADES FÁBULAS - OUTUBRO DE 2016

Libro de fábulas no que priman as ensinanzas morais. Agrúpanse por temas: astucia, responsabilidade, ambición, abuso de poder, vaidade, sensatez, amizade... Cada un dos capítulos vai encabezado polo título que indica o contido dos textos e por dous refráns.

A autora, María José Lozano Lorenzo, traballa na Sanidade Pública de Galicia, con pacientes neurolóxicos e cedeu os dereitos de autor deste conto, a “Xuntos”, asociación que ten como obxectivo tratar de lograr a integración das persoas con Síndrome de Down, en todos os ámbitos da súa vida familiar, escolar, social e laboral. Gota é unha gaivota que vive co seu amigo Faro. Os dous comparten un momento especial cando a Gaivota Tara lles conta a súa emocionante aventura.

Libro recompilatorio das máis famosas fábulas de Tomás de Iriarte, que nos achegan ao universo deste extraordinario fabulista.


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR – CEIP LÓPEZ FERREIRO

NOVIDADES LENDAS - OUTUBRO 2016

"A flor da auga" recolle cento vinte e un relatos lendarios nos que a auga, proveña esta de fontes, dos ríos, do mar ou do ceo, xunto cos seres da mitoloxía popular relacionados con ela son os protagonistas principais. A auga dá e quita a vida, cura, limpa, fertiliza, purifica, mais tamén afoga, cobra vidas de homes e animais, e ata pode asolagar vilas e cidades enteiras. Auga prodixiosa, pois, que tanto fai pola beleza, polo amor e pola vida, e que forma parte das crenzas herdadas dos nosos devanceiros. A segunda novidade, é unha guía práctica para viaxar por un cento deses lugares onde se abren as galerías, se franquean e se iluminan os pasos soterrados para chegar aos mundos escuros, sepultados baixo a terra ou a area, se navega polas canles que conducen aos lugares mergullados baixo as arrebatadas augas dun pozo ou dunha lagoa, do mar ou do ceo...En definitiva, unha guía que fai visible o invisible.

Descubrirás que un home pode transformarse en dragón, como domesticar un trasno e iniciarte na sabedoría dos magos...

Encontrarás relatos inspirados en episodios históricos como A Canción de Roldán, o Cantar del Mío Cid ou O Cantar dos Nibelungos, aventuras protagonizadas polos cabaleiros da Táboa Redonda, Lancetot...


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR – CEIP LÓPEZ FERREIRO

NOVIDADES MITOS - OUTUBRO 2016

Juanita, a mariquiña, encontra a Om, un escaravello que é coma un avó contador de historias. Xuntos viaxan ata unha montaña e desde alí penetran no mundo dos mitos de varias culturas diferentes.

No primeiro título estúdanse os deuses Zeus, Hera, Poseidón, Hades, Atenea, Apolo, Afrodita, Ares, Hermes e Dioniso. Cada deus ou heroe vai precedido dunha información mitolóxica, para unha mellor comprensión das obras artísticas e literarias elixidas. No segundo, estúdanse os Titáns, as divindades das augas, do bosques e montañas, do alén e outras divindades individuais e colectivas

Con palabras sencillas, gozarás das historias destes deuses e deusas tan temibles. Coñece aos heroes e heroínas máis valentes, aos más temidos monstros e vive con eles fantásticas aventuras.


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR – CEIP LÓPEZ FERREIRO

30 relatos rápidos e fabulosos de coñecidos mitos do mundo. Un conxunto ilustrado de contos tradicionais, acompañados de rápidos resumos, acontecimentos mitolóxicos breves e propostas de divertidas misións.

Nos capítulos do presente libro, coñecerás os motivos que levaron a Hércules a afrontar os lendarios doce traballos que tivo que realizar para o rei Euristeo de Tirinto. O texto complétase con blocos de xogos, que facilitan unha mellor comprensión do lido, y con informacións complementarias sobre religión, literatura ou historia do mundo grego.

Biografía do titán rebelde, Prometeo, que lle roubou o lume a Zeus e que llelo deu aos homes, e con el todas as artes que fan a vida máis vivible. Coidada selección das lendas e mitos máis representativos da cultura de todos os tempos, cunha linguaxe sinxela e unhas coloristas ilustracións que marcarán aos primeiros lectores.


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR – CEIP LÓPEZ FERREIRO NOVIDADES LIBROS PARA OS MÁIS PEQUENOS - OUTUBRO 2016

O ratiño quere irse a casa, pero antes debe pasar polo bosque escuro, cheo de animais salvaxes e esqueceu o camiño. ¿Logrará atopar a súa familia e poñerse a salvo?

Troquelado para soprar, o libro tráenos rimas divertidas, breves, que convidan a achegarse ao burato e non parar de soprar. Porque... quen se resiste? Se ata podes facer voar un elefante! E, por suposto, non esquezades pararvos nas fermosas ilustracións deste artista irrepetible.

A vida na sabana resulta dura incluso para o rei dos animais. Por iso un día o león decide que vai empezar a ditar leis que lle faciliten a vida a el. Unha fábula divertida que nos axuda a reflexionar cos máis pequenos sobre o poder e a responsabilidade que implica.

O protagonista desta historia é un burro triste que vive ao pé dun sauce chorón. Cando o sauce chora, chora o burro. Un día decide que está farto de tanta pena e márchase. Ao largo da aventura descubrirá o seu inimaxinable talento para disfrazarse e a súa capacidade para desfacer feitizos e maleficios. Hasta reescribir a súa propia historia, a orixe da súa lenda.

Moi poucos coñecen a verdadeira historia do ratoncito Pérez. Quen podía imaxinar que todo comezou baixo o mar?


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR – CEIP LÓPEZ FERREIRO LIBROS PARA XOGAR – NOVIDADES OUTUBRO 2016

Un orixinal, didáctico e entretido libro-test con máis de 100 preguntas para que podas comprobar cánto sabes de mitoloxía.

Nestes libros,o lector toma o papel dun neno capaz de transportarse ás lendas máis famosas grazas ao almacén de reliquias do seu avó.

Nestas narracións hai que elixir o rumbo que tomará a historia. Estimula a lectura activa, atenta e participativa que converte a experiencia de pasar páxina en auténtica diversión.

Gilgamesh, rei da antiga cidade de Uruk e un dos primeiros heroes da Historia, foi chamado pola diosa Ishtar para cumprir unha importante misión e... ¡necesita a túa axuda!

Hércules é o máis famoso e forte dos heroes da antiga Grecia. Agora tes que facerte pasar polo seu irmán e acompañalo nas súas aventuras. O rei de Micenas encargoulle doce probas para demostrar o seu valor. Xuntos teredes que enfrontarvos a monstros mitolóxicos para convertervos en lenda.

Despois de tocar un obxecto máxico veste convertido nun nibelungo, un anano escavador mitolóxico. A túa misión: axudar a Sigfrido a recuperar o ouro do Rin. Agárdanvos moitos desafíos.


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR – CEIP LÓPEZ FERREIRO NOVIDADES DVDs - OUTUBRO 2016

Disney convídavos a un incrible viaxe por un mundo novo e asombroso. Para as fadas da Hondonada das Fadas, o Bosque de Inverno é a terra prohibida. Pero cando unha forza misteriosa impulsa a Campaíña a traspasar a fronteira de ese mundo descoñecido, descubre un secreto que cambiará a súa vida para sempre. Campanilla e o Secreto de las Hadas farate crer na amizade e no inquebrantable vínculo fraternal.

Pepper Busbee é un neno de 8 anos que vive coa súa familia nunha pequena cidade de EEUU. Todo o mundo o coñece como little boy, debido a súa baixa estatura. É rexeitado e acosado polo resto dos nenos, sendo o seu pai o seu único amigo O seu mundo derrubase cando o seu pai é chamado a filas na segunda guerra mundial. Inspirado por un heroe de cómic, cree que pode traer o seu pai a casa. Para que a súa misión teña éxito, debe facerse amigo da persoa á que máis teme.

Gozade de toda a emoción deste clásico Disney e metédevos nunha selva de diversión, chea de pegadizas cancións e queridos personaxes con esta obra que resalta o verdadeiro significado da amizade.

Segunda Guerra Mundial. Sebastián é un neno solitario que vive nun pequeno pobo dos Alpes e que encontra un can salvaxe, ao que domestica e chama Belle. A pacífica vida da aldea vese interrompida pola chegada dos alemáns. É entón cando Sebastián parte xunto a Belle en busca da súa nai. Unha película tenra convertida no verdadeiro himno á natureza.


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR – CEIP LÓPEZ FERREIRO

NOVIDADES BANDA DESEÑADA - OUTUBRO 2016

Ulises volve á súa terra ao terminar a guerra de Troia, onde lle espera a súa muller, Penélope. Pero a viaxe estará chea de obstáculos que Ulises debe superar. Un dos clásicos da literatura universal, ao alcance dos lectores en forma de atractivo cómics.

Mentras levan a cabo os traballos de remodelación acontece un misterioso asasinato no altar maior da Catedral, aterrando á cidade enteira e espertando a curiosidade de Aleida, que non poderá ficar queda, comezando así unha arriscada aventura .

Historia que combina a dureza duns feitos reais (o xenocidio armenio por parte do Imperio otomán) coa banda deseñada de aventuras, en que a denuncia das violacións dos dereitos humanos convive cunha narración de entretemento apta para todo tipo de públicos.

Xa temos os tres títulos publicados desta colección, indicada para os primeiros lectores.

Os Abrafaxe queren saber a verdade da historia do monstro do Val do N'Gomo, ya que aparentemente trátase dun deses contos de espíritos e fantasmas que os supersticiosos indíxenas africanos soen relatar ao anoitecer...


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.