1.- INTRODUCIÓN Cun globo terráqueo explicar onde está Birmania. Explicar que é a laca e quen era a princesa (lectura). Amosar algúns obxectos feitos con laca.
2.- En Birmania, un rei orgulloso reinaba sen oposición no seu país. Chamábase "Máis brillante co Sol".
Sabía todo o que sucedía no seu reino, e chegou ata os seus ouvidos a sona da Princesa Laca. Por iso lle dixo a un dos seus ministros: - Vaite, e comproba se esa princesa é tan hábil como se di. Se é así, págalle para que poña o seu talento ao meu servizo. 3.- O ministro recibiu unha bolsa chea de cartos, e despois de cabalgar toda unha noite, chegou ao pobo onde vivía U Tin coa súa filla.
O ministro pediulle ver o traballo da princesa Laca, e pareceulle admirable. -A partir de agora, servirรกs unicamente ao noso rei, "Mรกis brillante co Sol".
4.- Pero a princesa engadiu: -Dise que o Rei ama os obxectos cubertos de follas de ouro e pedras preciosas. Necesitamos que nos dea con que mercar todo iso.
E o ministro, que seguía coa bolsa chea de cartos, no peto respondeu: -Estasme pedindo cartos, princesa Laca? Espabila e ponte a facer marabillas. Eu regresarei para recoller o voso traballo. E para satisfacer ao Rei, a princesa creou unha laca que lle permitía obter un negro profundo e perfecto. Pero non deixaba que ninguén mirara esas obras, ni sequera o seu pai U Tin.
5.- Pasaron os meses, e os cestos que a princesa gardara coas marabillosa creacións, chegaron ás mans do rei "Máis brillante co Sol". Cando abriu o primeiro cesto, berrou sorprendido: -Pero como se atreveu?
Todos os obxectos tiñan o mesmo motivo: o sufrimento do pobo de Birmania, asovallado por un tirano.
-Lévame onda esa indolente. Debe ser castigada alí mesmo. E dirixiuse con decenas e decenas de homes armados ao pobo da princesa Laca. 6.- Cando chegou, espetoulle na cara: -As túas imaxes non son máis ca mentiras. -Maxestade, non hai nada nesas pezas que eu non vira cos meus propios ollos.
-Pois ben, que che arranquen os ollos. -Perdoade a miña filla! Son eu o que debe ser castigado exclamou U Tin. - Bueno, pois este vello tamén é culpable. Será expulsado do meu reino, e a súa filla que se atreveu a roubar o título de princesa, indúltolle os ollos...Pero nunca máis volverán a ver a luz.
7.- E os soldados construíron a prisión no mesmo centro do pobo, sen porta, e sen oco algún por onde entrara a
luz. Cunha pequena trampilla para introducirlle auga e comida. Alí encerraron á Princesa Laca. Alí chorou e arañou un bo anaco as paredes coas súas unllas.
8.- Pero entón deuse conta que podía escoitar o que sucedía fóra: as risas dos nenos, as cancións dos campesiños, a chamada dos barqueiros...
Entón, eles tamén podían oír as súas palabras. Achegouse á fenda da prisión e empezou a contar coa súa voz todo o sufrimento que ela vira. Non comía, nin bebía, so falaba e falaba e íase sentindo cada vez máis lixeira e suave...
9.-Mentres, "Máis brillante co Sol" non saía do palacio por medo a unha revolta. Soamente recibía a espías ben pagados que lle informaban de todo canto sucedía.
Unha tarde, un espía tróuxolle un obxecto idéntico a un dos que a princesa Laca tivera o valor de enviar a palacio. -Maxestade estas pezas lacadas están por todas partes.
10.- No pobo eran incontables os talleres nos que se fabricaban bandexas, caixas, cuncas...E estaban
decoradas coas escenas que a Princesa Laca contara. Había, centenares, milleiros... O Rei dirixiuse á prisión, pero seguía pechada e sen porta algunha por onde saír. Ordenou dun mazazo abrir a prisión, pero non había ninguén... -Encontrádea, soldados, encontrádea...!
11.- "Máis brillante co Sol" entrou nun taller e rompeu con rabia as pezas lacadas que alí se encontraban. Pero
unha cara multiplicábase en cada un dos anacos espallados polo chan...Era a princesa Laca que se lle aparecía en cada anaco co seu sorriso. Saíu do taller, pero aquela cara seguía a multiplicarse: nas follas das árbores, na terra dos camiños, sobre a brillante auga dos fieitos...
12.- E ningún dos artesáns ten por que a temer a cólera do rei. Tirouse ao río para escapar da faciana da princesa Laca que o atormentaba sen parar. continúan a traballar tal e como a Princesa lles ensinou a facelo, e sobre a os obxectos que fabrican mostran sempre a vida do pobo birmano, con toda a súa verdade.
13.- E cóntase que nas noites de lúa chea, polo ceo estrelado, por encima das pagodas douradas, unha silueta luminosa deslízase como unha nube... É a princesa Laca.