El Cable, nº 53

Page 29

El Cable Nº 53

REVISTADOALUMNADODE"LA MILAGROSA" DEPÓSITOLEGALU-700-1983
CONTIDOS ESCULTURAS DA CONTORNA 4 "A PÓCEMA DO OUTONO" OS VOLCÁNS 5 DE VIAXE POR MARCELLE E A MIÑA SUPER HEROÍNA ROSALÍA. 6 HISTORIA DUNHA FABA 8 PASATEMPOS 9 PROXECTOS DO CURSO 10 CONSTRUCIÓN DE MÁQUINAS COMPOSTAS NOTAS ACUÁTICAS O RECENDO DAS CLEMENTINAS 11 12 LETRAS GALEGAS (FLORENCIO DELGADO) 14 ALGO DE NÓS 15 6TH GRADE ARTISTS 23 ENTREVISTA 26 DÍA DO LIBRO 29 LECTURAS EN INGLÉS 30 SOCIEDAD PROTECTORA 32 FOLLA DE FIRMAS 33 AGRADECEMENTOS 34 COMO ERAMOS E COMO SOMOS 36 DESPEDIDA DE MAIO 35

EI4 EI4

Os máispeques do cole saíron a coñecer estatuas da contornapróxima. Aproveitaron a unidade de aprendizaxe "Un despiste de arte" para aprender máis sobre elas: o material, o tamaño, a forma,... Finalmente crearon a súapropia exposición de esculturas con distintos materiais.

Enlace ao video no QR

4

Os nenos e nenas de 5º de infantil, dentro do proxecto

“A pócema de outono” chegamos ata o volcán

Mauna Loa, sito en Hawai.

Este volcán é o máis grande do planeta.

Aprendimos novas palabras:

EI5 EI5

E tamén que hai volcáns durmidos e espertos…

Pero o que máis nos gustou foi o experimento que fixemos:

Se o queredes facer na casa necesitades: vinagre, colorante, e bicarbonato sódico

5

De De De viaxe viaxe viaxe a Marcelle a Marcelle a Marcelle

O12demaiotodoo alumnadodocolexiofomos deexcursiónaMarcelle. Foiaprimeirasaídadespois doconfinamentoepuidemos gozarxuntos(alumnadoe profesorado)dopercorrido poloparquevendodistintos animais:osos,lobos,cebras...

EI6 EI6
6

Rosalía A miña super heroína

A Superheroína Rosalía de Castro, é unha idea do alumnado de 6º de Educación Infantil. A idea xurdiu traballando o proxecto do Cine. Está ilustrado con debuxos dos nenos e nenas.

PódeseverovídeocompletonoseguinteQR

7

Ep1 traballou as plantas

8
Os nenos e nenas de EP2, trouxeron estes pasatempos. 9
Os nenos e nenas de EP3, traballamos moito este ano.
10
Estes son algúns dos proxectos que fixemos.
11
12
13

Eduardo Pondal

Rosalía de Castro

Álvaro Cunqueiro

Carlos Casares

Blanco Amor

L V l

Noriega Varela

Castelao

Vicente Risco

Ánxel Fole

Ramón Caban

Feliz día das Letras Galegas

Otero Pedrayo

Xela Arias

Florencio De Luis Seoane

Rafael Dieste

Vicente Risco

Ánxel Fole

Otero Pedrayo

Florencio De Luis Seoane

z
14

Algo de NÓS

15

"Estes nove anos foron os mellores da miña vida. Os profesores, os compañeiros, as excursións… serán recordos gardados dentro de min para sempre. Grazas a todos por axudarme a crecer V b t d menos!"

"No meu paso polo colexio fixen moitos amigos que me axudaron moito.

Estiven moi contento e relaxado, non estaba nervioso. A miña mellor etapa foi 5º e 6º. Este curso pasou moi rápido. Cando empezou eu estaba moi nervioso porque era unha nova etapa con novos alumnos, pero co paso do tempo xa me fun acostumando."

azas por ensinarme tantas cou d tes anos e por axudarme a ser

"O meu paso polo colexio foi longo. Durante nove anos estiven aprendendo moitas cousas, divertíndome e, sobre todo, disfrutando. Os meus mestres ensináronme moito, non só a nivel académico, senón que tamén me ensinaron a compartir, a respectar, a escoitar…, todos eses valores que tan importantes son.

Aínda que ás veces me parecera que tiñamos moitos deberes, sempre lles estarei agradecida aos meus mestres.

Tamén penso que unha das cousas máis importantes do colexio son todos os meus compañeiros e compañeiras que me acompañaron durante todos estes anos, amizades que perduran dende que tiñamos tres anos e que perdurarán durante moitos máis.

Penso que todo iso, os meus mestres, os meus compañeiros, os meus recordos… son o máis importante sobre o meu paso polo colexio."

16

"Aínda me lembro do primeiro día de colexio. Ao principio custábame entrar, pero logo sempre saía cun sorriso. Con Marisé, polas mañás, sempre faciamos algún xogo. Non había día que se lle escapara!

Despois ao chegar a primaria, con Mónica, que estivo dous anos con nós de titora, houbo un “pequeno” cambio: comezamos a facer exames e exercicios.

En 3º e 4º deunos Cristina. En 3º sorprendeunos cos grupos de Terra, Aire, Fogo e Auga. Xa en 4º empezamos o horto, pero durou pouco polo covid-19, pero seguimos facendo exercicios, ata dous traballos!

En 5º, con Ana de titora (despois de tanto tempo) e por enriba con nós, tocounos a lotería!

Iván e as súas cousas curiosas!

Xa estamos en 6º. Canto tempo pasou! Este foi o mellor ano da miña vida.

A miña conclusión é que foron os mellores anos da vida. Paréceme incrible que o tempo pasara tan rápido, entramos con dous ou tres anos e saímos con once ou doce e… xa nos imos!"

"Estes nove anos que estiven no colexio foron moi especiais para min, xa que coñecín moitas persoas e aprendín moitas cousas que me axudaron na vida a ser mellor persoa. estiveron aí cando os necesitaba e éramos á vez que nos divertiamos. r a mesma experiencia no futuro."

"Gustoume moito o meu paso polo colexio porque divertímonos. Os profesores son moi bos explicando e as clases son moi divertidas. Un bico e un abrazo "

"En resumo podo decir que esta etapa foi divertida, pero tamén algo dura. Entrei en 1º e os primeiros días foron moi duros, pero non me rendín e fixen amigos. Seguín adiante ata chegar a este momento da miña vida.

A miña vida foi toda unha aventura. Gustoume todo, os profes que me axudaron cando non sabía algo, e os compañeiros, que tamén me axudaron moito para salir adiante."

17

"O colexio pareceume moi “guay”. O quer máis me gustou foron as excursións, parecéronme moi chulas. Tamén me gustaron moito as festividades como o Entroido e o Samaín.

Cada un destes anos foi unha experiencia nova, especialmente estes últimos polo covid, pero o bo é que xa terminamos a pandemia así que… a desfrutar! Quero dar as grazas ao colexio por ensinarme a sumar, restar, dividir, multiplicar, etc.

Agradézovos a todos/as os/as profesores/as as leccións , ensinanzas e consellos para a vida destes nove anos.

Grazas tamén por ensinarnos a traballar en grupo, unha das cousas máis importantes que hai que aprender. Aínda que polo COVID-19 non poidemos facer o noso horto de 4º, fun moi feliz durante todos estes anos. "

"Sempre me acordarei da miña chegada ao colexio, cando coñecín por primeira vez aos profesores, os cales foron moi amables e cariñosos comigo e intentaron sacar o mellor de todos nós. Tamén, como non, de cando vin por primeira vez a todos os meus compañeiros de clase quew se converteron nos meus aliados de xogos e travesuras.

O paso a primaria foi difícil xa que me tiven que adaptar a novos profesores e así ao longo dos cursos, pero… sexto foi un curso un tanto diferente porque era o nos último ano no colexio todos xuntos, Xa non imos coincidir todos no mesmo instituto e iso dáme moita pena.

A verdade é que levo comigo un moi bo recordo, tanto dos profesores coma dos meus compañeiros e amigos, así que sempre vos levarei no meu corazón."

"Cheguei hai pouco, pero no tempo que estiven paseino xenial. Os mestres foron os mellores que se puideran ter e os compañeiros, moi amigables.

Ó principio tiña medo polo cambio de colexio, pero este demostroume que nel sempre vai haber alguén que queira estar contigo."

18

"Son Xoel e destes nove anos do meu paso polo colexio quédome con moitas cousas, moitas experiencias e, sobre todo, cos compañeiros e profesores que fixeron moito máis amenas as clases."

"Todos estes anos con estes titores: Marisé, Mónica, Cristina, Niki e Ana, foron unha verdadeira marabilla. Ninguén quere máis ós seus alumnos ca eles. Buscan o mellor para nós e percorren terra, mar e aire ata logralo. Dame moita pena irme, pero sei que se me vou novos alumnos poderán gozar do colexio.

Aproveitade todo o que poidades porque os nove anos que estades no colexio pasan voando!"

"Cando cheguei aquí, con tres anos, non sabía ler nin escribir. Aínda me lembro de cando tiven a varicela, de cando xogabamos coas regretas para aprender a contar ou de cando aprendemos os planetas cunha canción. Tamén de cando nos graduamos e algúns se foron subir ó casco romano ou de cando algún interrompeu a clase e Mónica castigou a todos menos ás nenas. Lémbrome tamén de cando nos confinaron. Faciamos clases “online” e eu vía un programa educativo na televisión despois das clases.

Despois de nove anos de convivencia descubrín que todos os meus compañeiros son bos rapaces, aínda que con algún me levo mellor ca con outros.

Tamén aprendín a ler, escribir e moitas cousas máis. Descubrín as cousas que me gustan e novas maneiras de aprender a estudar."

19

"Aínda recordo o meu primeiro día no cole, había un montón de xente. Todos estes anos, os profesores, os amigos, os recordos inesquecibles… Moitas grazas por todo!"

"A miña estancia no colexio foi divertida, foi aburrida, foi alegre e foi un pouco estresante. Tivo moitas cousas, tanto boas coma malas.

Tamén tiven moi bos profesores e outros non tanto e tiven moi bos amigos que espero seguir conservando. Aprendín moito, pero non xa do libro, se non da vida e como comportarme.

"Botando a vista atrás a todos estes anos veñen á miña mente moitos recordos. Se penso en cada un dos meus compañeiros, sempre lembrarei os bos momentos e as risas compartidas, as festas, as excursións, os aniversarios, os recreos, os chistes, as anécdotas… Non só lembrarei ós amigos, senón tamén ós meus mestres que me acompañaron durante estes nove anos. Todos me axudaron a ser mellor persoa porque nun colexio non só che ensinan matemáticas, lengua… tamén aprendes cousas moi importantes como compartir, a amizade, o esforz í Por todo isto, sempre lembrarei o meu colexio

"A miña etapa no cole foi unha das mellores da miña vida porque aprendín moito. Os profesores portáronse moi ben e fixen moitos amigos."
20
A conclusión disto é que foi unha moi boa etapa na que aprendín moito e o pasei moi ben."

"Ola! Son Marcos e podo decir que o colexio gustoume moito, malia os deberes que non lle gustan a ninguén. Encantáronme as excursións e, en xeral, tamén os profesores.

Foi unha etapa da miña vida moi chula xa que puiden facer moitos amigos"

"N ue levo no colexio pasaropn moitas cousas. Aínda recordo o primeiro día, tiña medo porque estaba afeito á gardería. Aparte diso destaco que fixen amigos e paseino ben."

"Vou falar do meu paso por este colexio. A experiencia foi moi bonita, destacando os amigos e os profes. Os meus profesores sempre amosaron moita xenerosidade, cariño e fe en min. Desde infantil ata sexto de primaria houbo momentos de alegría e de tristeza, pero abundaron os alegres. Encántame como se traballa en grupo, os traballos, os momentos de risas, as saídas, os agasallos, as sorpresas… son recordos tan bonitos que nunca, nunca os poderei esquecer.

Tamén é verdade que tiven momentos de agobio, de non saber que facer, e momentos de enfado como cando, despois de cinco anos coa mesma compañeira falamos con Cristina porque xa estábamos fartos. Desde entonces levámonos moi ben. Quero agradecerlles tamén ás miñas mellores amigas (Xenia, Noa Gallego, Jessica e Jimena) por todo.

O colexio é coma unha casa, por que? Pois porque os profes son coma os nosos pais. Esta foi a miña experiencia no colexio."

21

"Para min unha das mellores cousas que fixeron os meus pais foi mandarme a esta escola. Os mestres son moi bos, trátannos xenial. Ademais fan sempre todo o posible para que todos os nenos nos levemos ben."

"O primeiro día estaba un pouco perdida, pero acostumeime. O único que podo dicir é que todo foi moi bo. Os profesores son moi bos, cólleselles cariño. Espero que o pasedes ben nos demais cursos. "

"O meu paso polo colexio foi xenial. Co que me quedo é cos profesores porque apoiáronme en todo momento e confiaron Este colexio é o mellor. Calque vaino pasar moi ben e aprender

"Nestes anos aprendín moitas cousas, como ler, traballar en equipo e facer amigos. Paseino moi ben. Unha das cousas que máis me gustou foi o agarimo, o amor e a paciencia que nos dedicaron os profesores día a día nesta etapa da nosa vida, aínda que algo que non me agradou nada foi a etapa de pandemia do COVID-19 xa que nos impediu ter varias experiencias e traballos que me tería gustado facer e compartir cos compañeiros, pero aínda así paseino moi ben.

Gustaríame seguir lembrando estes momentos tan bonitos aínda que pase a outra etapa. Moitas grazas por todo aos meus profesores /as, compañeiros/as e amigos/as que estiveron aí en todo momento.

Vouvos botar moito de menos!"

22

6thAGRADE RTISTS

During the second term the students of 6th grade created some works in the Arts and Cratfs area based on different artistic movements of the nineteenth and twentieth century.

Art Nouveau (Jimena & Dani) 23

Pop art (Alicia & Iker)

Futurism (Marcos & Ariana)

Bauhaus (Aitor & Yoel) Bauhaus (Xenia & X

Impressionism (Ainhoa & Nico)

Cubism (Noa A & Carla)

Surrealism (Valeria & Ricardo)

24

Art decó (Aroa & Rodrigo)

Art decó (Kevin & Rafa)

Surrealism (Iago, Jessica & Noa G)

Cubism (Abdu & Adrián)

25

HOXE ENTREVISTAMOS A...

Niki (titor de ep6 durante os dous primeiros trimestres)

26

1.De pequeno, a que te querías decicar?

Sempre tiven claro que quería ser mestre.

2.Por que decidiches ser mestre?

Por que ser mestre para min é unha motivación , nacín con esa vocación e disfruto moito ensinando.

3.A que te dedicarías se non foras mestre?

Se non fose mestre… dedicaríame ao mundo dos animais, podería ser biólogo ou ben veterinario.

4.Sentícheste ben dando clase no noso colexio?

Gustaríache estar máis tempo dando clase aquí?

Claro que me sentín ben, sentinme encantado de coñecervos a tod@s. Foi unha experiencia que nunca esquecerei. Estaría encantado de repetir xa!

5.Se puideras volver dar clase no noso colexio, faríalo?

Estaría dando clase aquí sempre, oxalá poida ser algún día.

6.Aprendiches algo dándonos clase?

Sempre considero que aprendo de todas as experiencias. Non só aprendín de vós senón que tamén de profes, pais e de todo o mundo que tiven o pracer de coñecer durante as clases. 27

7.Cres que nos portamos ben contigo?

Non creo que simplemente vos portáredes ben conmigo, senón tamén me ofertastes unha relación de mestrealumno que foi un pracer vivir, por iso sempre vos recordarei como a clase que fostes.

8.Cal é a túa meta como profesor?

Mellorar día a día, seguirme formando para estar preparado co fin de poder desenvolver a miña paixón/traballo da mellor forma.

9.Cal é o teu soño? E a túa motivación?

O meu soño é poder adicarme ao que me gusta, que é ensinar. A miña motivación é a de poder axudar a xente e ser alguén que deixou a súa pequena pegada na vida das persoas.

10.Ti dás clase das tres linguas que estudamos pero, cal falas na túa casa?

Eu na miña casa falo galego xa que é coa que me sinto máis cómodo.

11.Cal é o teu deporte favorito?

Considérome unha persoa amante de todo o deporte e dos valores que achega. Non che sabería decir. Gústame o fútbol, baloncesto, deportes de motos, pesca, deportes de inverno…

12.Vas vir a nosa graduación?

Claro que vou vir, non ma podería perder.

Moitas grazas polo teu tempo!

28

Díado Díado Díado Libro Libro Libro

Como este ano non puidemos contarlles historias aos nosos pequenos, os rapaces de EP5 e EP6 montamos unhas historias que agora podedes ver neste

29
QR

Lecturas en inglés

30
31

SOCIEDAD PROTECTORA SOCIEDAD PROTECTORA DE ANIMALES. DE ANIMALES.

32

Folla de firmas dos meus compañeiros

33

Agradecementos Agradecementos Agradecementos

Ás Fillas da Caridade

Cada ano por estas datas, parece que nos rodea un recendo de despedida. Aínda que quizais este ano é unha DESPEDIDA. Se poidésemos mirar no corazón de tantas e tantas xeracións que pasaron por este colexio seguro que en todos habería un oco no que destacaría a palabra GRAZAS.

Tivemos a sorte de ter quen mirara por nós, de que nos deran a oportunidade de disfrutar a paixón que todos temos na nosa mente, que non é outra que a de ensinar.

GRAZAS por deixarnos vivir cada momento e de convertir os soños en realidade. Por xuntar este grupo de persoas que cada día tratamos de darlle sentido a unha idea, a través dos nosos nenos.

GRAZAS polos amigos que fixemos, e polo sendeiro que colleron as nosas vidas.

GRAZAS!!

34

Despedida de Maio

35

OSAMIGOS...

son a familia que escollemos.

Como eramos e como somos

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.