O QUEBRANOCES. Conto‐ballet Baseado no ballet “The Nutcracker”, con música de P.I. Tchaikovsky e coreografía orixinal de Lev Ivanov e Peter Wright, con adaptacións coreográficas das versións actuais do Ballet Imperial Ruso e do Royal Ballet. O Conservatorio de Danza de Lugo, presenta O Quebranoces, un dos ballets máis populares de Tchaikovsky, nunha versión especialmente dirixida ao público miúdo, interpretada por nenos e nenas, estudantes de danza do centro, e máis un narrador, que irá adentrando ao público na trama das distintas escenas. Deste xeito, o CDAN recupera a súa iniciativa narrativo‐representativa que comezou ca estrea de Pedro e o lobo en xuño de 2010, obra na que tamén Antón Castro interpretaba ao avó‐narrador. Dende o comezo da súa andadura, aló polo 2003, o Conservatorio de Danza de Lugo compaxina a súa labor docente coa montaxe de espectáculos abertos ao público en xeral, empregando tódolos recursos técnicos de carácter profesional ao seu alcance. A súa presenza na cidade de Lugo vaise consolidando nestes anos, estando sempre presente na axenda cultural da cidade (San Froilán, Arde Lucus, Corpus, etc) e levando as súas montaxes tamén a outras cidades (Ribadavia, A Coruña, Santiago de Compostela, Vilalba, Ferrol..) Sinopse: Drosslemeier, un fabricante de xoguetes e reloxos máxicos atópase no seu obradoiro traballando cos seus axudantes: debe rachar o feitizo que converteu ao seu sobriño nun boneco quebranoces. A festa de Nadal en casa dos Stahlbaum sería a ocasión perfecta para que a nena Clara se namorase dese feo boneco quebranoces e así fixera que o seu sobriño cobrase vida de novo. Durante a festa, os nenos e nenas reciben agasallos, e Clara o seu boneco quebranoces. De seguida quedou prendada del e cando soan as doce badaladas, ao remate da festa, a maxia vai comezar. Clara viaxará a un mundo máxico que a levará a defender ao seu boneco quebranoces, ata que mata ao Rei Rato. Entón, o quebranoces cobra vida e ambos viven unha aventura fantástica xunto ás folerpas de neve e os anxiños, quenes os trasladarán a unha festa especial, con bailaríns españoles, chineses e árabes. Alí, no salón do Castelo do País das Lambetadas, son recibidos pola Fada de Azucre e o seu Príncipe. O Quebranoces e Clara bailan xuntos ata que remata a festa. O feitizo rómpese e Drosselmeier pode por fin volver a abrazar ao seu sobriño.
Narración: Antón Castro. Texto: Eva Alonso. Drosselmeier: Jesús Quiroga Quebranoces: Sergio Castro Príncipe de azucre: Samuel López Clara: Naiara Pérez Fada de azucre: Claudia Carballada A FESTA. Coreografía: Bárbara Piñeiro Axudantes de Drosselmeier: Alicia Cortón Esteban, Teresa Delgado López, Carlota Gómez Montes, Paula Martínez Maseda, María Mouriz Lugilde, Alba Vázquez Gómez, Violeta Zalgyte Nenos: Xian Blanco, Fernando Rois, Samuel López, Sergio Castro, XIan Varela, Jose Luis Botana Nenas: Anaís Abuín Rey, Paula Díaz Castro, Ángela Gay Barral, Nerea López Muruais, Serea López Valín, Nadia Naji López, Sara Otero Lozano, Naiara Pérez López Convidados: Emilio Mesías, Bárbara Piñeiro, Cristina Lata, Héctor Barro, Belén Fernández, Lucía Pérez, Carlos Doural, Reyes G. Canda Avó: Paloma Lugilde A MAXIA. Coreografía: Jesús Quiroga A BATALLA: Coreografía: Jesús Represas Lucía Besteiro Freire, Carlota Criado Sanz, Paloma Fernández De Vega, Antía Fernández Vázquez, Paula García Fraga, Sheyla Illán Sánchez, Alicia Illán Sastre, Ana Mei Ouro Iglesias, Carmen Pérez Varela, Marta Rodríguez Villamor, Ariadna Sánchez Rúas, Ángela Vázquez Villar FOLERPAS DE NEVE. Coreografía: Amparo Novas Lucía Álvarez Corbelle, Claudia Carballada Álvarez, Lucía Casanova Adán, Laura García Saez, Claudia Fernández Caamaño, Paula López Vázquez, Paula Martín Valledor, Judith Martín Velasco, Marta Navia Negro, Carlota Pardo Rodríguez, María Rey Rivera, María Rodríguez Losada ANXIÑOS. Coreografía: Beatriz Gamborino Helena Besteiro Freire, Andrea Corujo Valadé, Elena González Lamela, Paula Jover Fernández, Mª Teresa López Fernández, Sara López López, Stephania Orozco Herrera, Laura Xiao Ouro Iglesias, Zoe Soto Vázquez, Giovanna Sabela Suárez Andreu DANZA ESPAÑOLA. Coreografía: María Gil Baila: Iria Figueiras López DANZA CHINA. Coreografía: Jesús Represas Xian Blanco Carbón, Laura Fernández Pardo, Clara Regueiro Vilar, Judith Roca Cruz, Candela Roca Pérez, Catalina‐Li Santos López, Lucía Strineka Bande, Lucía Tosar Pérez, Xian Varela Armesto BUFÓNS. Coreografía: Gediminas Taranda. Adaptación: Bárbara Piñeiro José Luis Botana Lobelle, Alicia Cortón Esteban, Teresa Delgado López, Carlota Gómez Montes, Paula Martínez Maseda, María Mouriz Lugilde, Fernando Rois Carroceda, Alba Vázquez Gómez, Violeta Zalgyte DANZA ÁRABE. Coreografía: María Gil Baila: Iris Abuín Rey MIRLITÓNS. Coreografía: Peter Wright (posterior á versión orixinal de Lev Ivanov) Profesora: Mª Belén Fernández Covelo Iglesias, Mar Carmen Quintana Senín, Iria María Souto Grande, Carlota Vivero Saavedra VALS DAS FLORES. Coreografía: Beatriz Gamborino Lucía Baamonde Castro, Patricia Cachorreiro Golás, Carlota García Casado, Raquel Medina Rey, Mª Ofelia Meijide Fernández, Blanca Méndez López, Ada Ponce Alonso, Lorea Prieto Oyono, Carmen Rebolo Abel PRÍNCIPE DE AZUCRE. Coreografía: Bárbara Piñeiro. Baila: Samuel López Legaspi. FADA DE AZUCRE. Coreografía: Amparo Novas. Baila: Claudia Carballada Álvarez. Fadas. Coreografía: Bárbara Piñeiro. Bailan: Raquel Ameijide Asorey, Noa Fagil Rueda, Paula Fernández Méndez, Laura Fernández Pardo, Helena Medina Rey, Clara Regueiro Vilar, Judith Roca Cruz, Candela Roca Pérez, Catalina‐Li Santos López, Lucía Strineka Bande, Lucía Tosar Pérez, Carla Vila Pérez CODA. Todos os bailaríns. Coreografía: Amparo Novas Vestiario: La Camelia, Santos Salgado, Taller de Costura Isa, Centro Dramático Galego. Agradacementos: Agadic, Área de Cultura do Concello de Ferrol, ANPA do CDAN e a todo o equipo docente e non docente do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.