UN VERÁN DE LIBROS - BACHARELATO

Page 1

La soledad de los números primos É a primeira novela de Paolo Giordano, de 26 anos e licenciado en física. Narra a historia de Mattia e Alice, desde a adolescencia ata a idade adulta. Mattia descobre na clase de matemáticas que existen uns números primos xémeos que están moi xuntos pero separados sempre por un número par que lles impide tocarse de verdade. Por exemplo, o 11 e o 13, o 17 e o 19... Esta metáfora é a clave da historia destes dous seres cuxas vidas quedaron condicionadas por senllos episodios dramáticos da infancia. *** Castillos de cartón, de Almudena Grandes. A protagonista traballa nunha casa de subhastas en Madrid. Un día recibe a chamada dun antigo compañeiro e amante anunciándolle que un común amigo suicidouse. Esta noticia volve á narradora á súa época de estudante de Belas Artes e reconstrúe os detalles da historia de amor que viviron os tres naquela época.

Para os amantes da novela negra: os tres volumes da serie Millenium, do sueco Stieg Larsson:

- Los hombres que no amaban a las mujeres -La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina -La reina en el palacio de las corrientes de aire Os seus protagonistas son o periodista de investigación Mikael Blomskvist, que traballa na revista Millenium, e Lisbeth Salander, unha rapaza de difícil carácter, estraño aspecto e extraordinaria intelixencia que traballa como investigadora privada.

Los girasoles ciegos, de Alberto Méndez. Colección de relatos nun dos cales se basea a película homónima.

Ollos de auga, de Domingo Villar Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía, e o séu axudante, Rafael Estévez. O caso desenvolverase entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada da alta burguesía viguesa. Novela policial salferida de humor e con grandes doses de suspense,

O club da calceta, de María Reimóndez Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda, inspiradas na figura liberadora da tía Davina, reúnense para facer calceta e van contando as súas historias persoais. Malia as súas diferenzas, atopan no valor da unidade a forza para sobreporse a un presente que as minusvalora. A novela foi levada aos escenarios por Teatro do Morcego e acaba de estrearse a súa versión cinematográfica .


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
UN VERÁN DE LIBROS - BACHARELATO by Celia - Issuu