TRISQUEL

Page 1

Núm. 0

IES AS LAGOAS – OURENSE

xuño 2009

REVISTA DE COMUNICACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS

1


REDACCIÓN: Paula Álvarez González María Blanco Canal Virginia González Ferro Rubén Iglesias Rodríguez Andrea Laranjo Paradela Jorge Madriñán Camba Malva Míllara Carbajales Mario Nespereira Vale Xisela Pastoriza Barros Helena Pérez-Colemán Míllara Guillermo Ríos Marcos Antía Rodríguez Estévez Natasha Torres Bóveda Cora Trigás Santana Sabela Varela Fernández Sonia Vázquez Álvarez

DIRECCIÓN: Celia Díaz Núñez

© ALUMNOS DE COMUNICACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS (4º C E 4º D) © DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

Ourense, xuño 2009

2


Trisquel é a revista de aula da materia de Comunicación e Novas Tecnoloxías. Neste número recóllense os traballos e artigos elaborados polos alumnos e alumnas ao longo do curso escolar 2008-2009, como complemento ao traballo desenvolvido nos respectivos blogs de aula. Agardamos que esta, para algúns, primeira experiencia na redacción dunha revista, non sexa a derradeira, senón o punto de partida para outras publicacións futuras.

Ourense termal ..................................................... 2 Foi noticia – Rockeye ............................................ 9 Literatura dixital .................................................... 10 Enquisa: literatura dixital ....................................... 16 Moi persoal: Guillermo Ríos .................................. 17 Malva Míllara .................................. 17 Ourense, cidade literaria ...................................... 18 Entrevista a Fernández Naval .............................. 24 Moi persoal: Paula Álvarez................................. 25 Seres míticos galegos .......................................... 26 Música – Vetusta Morla ......................................... 30 Lendas galegas ..................................................... 31 Excursión a Madrid .............................................. 33 Deporte. O Barcelona gaña o triplete..................... 34 Lecturas Crepúsculo .................................................... 35 Cumbres borrascosas ................................... 35 Body of lies .................................................... 36 Cine. Gran Torino ................................................... 36 Pasatempos........................................................... 37

3


Mario Nespereira Vale Xisela Pastoriza Barros Guillermo Ríos Marcos

A cidade de Ourense é un exemplo de “cidade termal” xa que é un lugar privilexiado neste ámbito. Ademais das xa clásicas e universalmente coñecidas "Burgas", goza hoxe en día de espazos acondicionados de ámbito público na marxes do río Miño, o que fai que a paisaxe e as sensacións despois dun baño nestas pozas sexan excepcionalmente relaxantes e adecuadas para a saúde. Neste artigo ímonos achegar ás bondades do termalismo e á riqueza termal da nosa cidade.

QUE É O TERMALISMO? É o tratamento baseado na curación de diversas doenzas con augas mineromedicinais, ou tamén con fins estéticos e, por suposto, de relaxación. Os tratamentos con augas termais non son exclusivos dos tempos de hoxe, senón que as augas sulfuradas xa se utilizaron hai miles de anos; así, por exemplo, na época romana os baños públicos e as termas de augas minerais eran un lugar de reunión e asemade servían para aliviar doenzas da poboación. E algo similar sucedía tamén na Prehistoria: os homes observaban que cando os animais feridos ou con algunha doenza se metían nas pozas naturais de augas termais, estes melloraban no seu estado. Do mesmo modo, na antiga Grecia, a auga (sobre todo as termais) era considerada como algo divino ó que adoraban, e xa se coñecían os seus efectos curativos que, supoñían, estaban vinculados á acción dos Deuses. Na actualidade, o rexurdimento do termalismo é notable e é utilizado pola maioría da poboación como método de ocio, xa que o estrés está cada vez máis presente nas 4


nosas vidas. Por isto tamén o ternalismo comeza a ser un grande reclamo turístico para cidades que, como Ourense, gozan de augas que ferven de maneira totalmente natural. Son moitos os establecementos balnearios que, cunha longa historia, se renovaron para adaptarse aos novos tempos. Pero ademais, xunto aos modernos balnearios que aproveitan os beneficios das augas mineromedicinais, xorden, cada vez máis, novos métodos de tratamento curativo ou estético coas augas, principalmente os Spa e a talasoterapia. Os SPA son establecementos que ofrecen tratamentos, terapias ou sistemas de relaxación, utilizando como base principal o auga. Son varias as hipóteses acerca do significado do nome Spa. En opinión de Luís Rodríguez Míguez:

“Últimamente Europa se está poblando de establecimientos balnearios denominados SPA. Algunos autores hacen derivar el término de “Salud Per Aqua”. Spa (salus per aqua): la salud a través del agua. Aunque más bien parece que “spa” deriva de la palabra “espa” , de origen Balón que significa FUENTE. Probablemente está relacionada también con un pueblecito belga cerca de LIEJA, llamado Spa, donde se descubrió una fuente termal en el siglo XIV. Su uso está extendido en el mundo anglosajón con el significado básico de “balneario”1. A talasoterapia basease na utilización de varias materias procedentes do mar, coma as algas, fangos do mar e ata o clima mariño como método terapéutico. Estas novas e innovadoras formas de uso do termalismo uníronse a este hai pouco tempo, pois o tratamento con augas medicinais era só considerado coma unha actividade terapéutica e non como relaxante ou de ocio.

HISTORIA TERMAL DE OURENSE Escavacións realizadas recentemente, concretamente arredor do 11 de setembro de 2008, revelaron o descubrimento da primeira piscina monumental de auga quente, situada nas proximidades das Burgas, que se utilizaba como balneario con fins terapéuticos. Foi construída polos romanos en torno ao século I, pero hai varios indicios que respaldan a idea de que xa existía culto á auga dende antes da chegada destes. Este culto comenzou co deus indíxena Reve Anavarego, o cal xa incluíron os romanos nas súas inscricións xunto con deuses propios, tal e como ensinan varias ofrendas en forma de pedra atopadas na cidade. Tamén se atoparon restos de dúas botellas da mesma época que servían para o transporte entre Galicia e o resto da Península. No século II abandónase o uso do balneario e constrúense instalacións domésticas de baños termais os cales eran utilizados tamén coma un sistema de calefacción para a estancia. O aproveitamento das augas termais foi abandonado no séculos IV e V. Tamén hai indicios da existencia dunha calzada romana, cuxa función era indicar o camiño para os peregrinos ata as pozas. Este denominábase camiño da Raíña Sofía. 1

RODRÍGUEZ MÍGUEZ, Luis, Ayer y hoy del termalismo. Discurso de ingreso na "Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia". Edita Deputación Provincial de Ourense, 1999, páx. 82 5


Tense constancia de que os panadeiros da época romana utlizaban as augas para elaborar a masa. A partir do século V os manantiais víronse reducidos a pozas onde lavar o corpo e onde tirar residuos ata que, no século XVII coincidindo con que en Europa o baño comezaba novamente a considerarse un tratamento médico, constrúese a fachada da Burga de Arriba. No século XIX a de abaixo e a Casa dos Baños actualmente desaparecida. Paralelamente foron xurdindo outros puntos de augas quentes nas beiras do río Miño e as xentes acudían para cuidarse a súa pel ou para curar os animais domésticos. Na actualidade a maioría destes mananciais foron recuperados e forman un atractivo percorrido para o paseo e para o baño. Vexamos, paso a paso, os máis destacados. • FONTES DAS BURGAS As Fontes das Burgas son, sen dúbida as máis importantes, mesmo coñecidas internacionalmente. Están situadas no corazón da cidade e suponse que foron a orixe da mesma. Están divididas en tres mananciais (A Burga de arriba, a Burga de abaixo e a Burga central ) recentemente reformados constituíndo tres niveis. Na parte inferior do xardín atópase a Burga de Abaixo, fonte de estilo neoclásico deseñada polo arquitecto Trillo a mediados do s.XIX. Ten tres corpos, cada un co seu respectivo cano, o central algo máis elevado. Están rematados co antigo escudo da cidade. Se ascendemos polas escaleiras atopamos unha explanada centrada por un estanque e dúas esculturas (“A casa da nube” deseñada por Borrajo no 1989 e “Calpurnia Abana” deseñada por Acisclo tamén no 1989). Na parte superior atópase A Burga de Arriba de estilo popular do s.XVII. A aparición destas augas débese a que a chuvia que caeu hai anos introdúcese na terra por uns canais e baixa ata o interior da terra onde adquire a súa temperatura entre os 60 e 67ºC, logo volve a subir ata os canais polos que podemos disfrutalas. Esta fonte só deixou de botar auga dúas veces na súa longa historia en Ourense. A primeira vez foi por causa do terremoto que azotou Lisboa no 1755, debido a estes tremores da terra a fonte deixou de botar auga. A segunda vez foi con motivo dunhas obras realizadas hai un par de anos, debido a este motivo as obras foron paralizadas para non deteriorar o entorno. Foron declaradas patrimonio cultural en Ourense. Son augas de mineralización media, hipertermais, alcalinas, litínicas fluoradas, silicatadas e lixeiramente radiactivas. A auga das Burgas fluidifica as secrecións do aparato respiratorio, calma a tose e os espasmos bronquiais. Tamén podemos tratar algunhas afeccións dermatolóxicas como dermatites prurixinosas.

6


• POZAS DA CHAVASQUEIRA Estas pozas atópanse a carón da Nacional 120, dirección Madrid. Coñécense tamén como “Caldas do Bispo” xa que foron acondicionadas polo Bispo, ligado ao antigo “Balneario de Santiago das Caldas que funcionou na década dos 50. É unha área termal formada por tres pozas actualmente reformadas, unha poza pequena e dúas máis grandes, rodeadas por un xardín xunto o río. A temperatura é de 62,6ºC, de emerxencia e de 43ºC de baño.A auga das pozas é de mineralización débil, hipertermais, alcalinas, litínicas, fluoradas, sulfuradas, silicatadas e lixeiramente radiactivas. Podemos tratar con ela afeccións reumáticas coma artrose, artrite reumatoide e psoriásica e secuelas post-traumáticas ou postquirúrxicas. Tamén podemos tratar afeccións dermatolóxicas como psoriase e acne. • TERMAS DA CHAVASQUEIRA Xusto por riba das pozas podemos atopar as termas privadas da Chavasqueira, cun estilo xaponés, inaugurada en setembro do 2001. As augas do manancial que proporcionan son bicarbonatadas, sódicas, fluoradas, litínicas e sulfuradas de mineralización media. Son apreciadas para tratar reuma, artrite, afeccións da pel e trastornos hepatodixestivos do metabolismo e as vias urinarias. Os servizos que nos ofrece este centro de estilo xaponés son: Circuíto termal Circuíto Xaponés Ludico-Termal seguindo as directrices da Filosofía ZEN Rotemburo (combinación de tres piscinas termais de pedra o aire libre con auga a 41ºC) Ofuro (baño interior de pedra a 39ºC) Templarium (sauna ZEN de pedra e pizarra a 40ºC e 70% de humidade) Sudarium (sauna Xaponesa de Pedra e Madeira a 45ºC e 85% de humidade) Tsumetai (piscina de auga fría para choque térmico) Masaxe en cadeira sueca Maxase parcial ou completo de relaxación en camilla Ten como requisito obrigatorio levar bañador e chanclas e ten un aforo limitado de 60 persoas cada 90 minutos. Ten unha cafetería-restaurante que ofrece servizos xaponeses coma sushi, té verde xaponés, etc. Contan con páxina web propia: http://www.termaschavasqueira.com

7


• FONTE DO TINTEIRO O Tinteiro está situado a 500 metros da zona termal da Chavasqueira. A súa orixe é incerta, a primeira referencia documental pertence o século XVII. Este entorno foi rehabilitado polo Concello de Ourense coa colaboración da Fundación Florentino Álvarez e posteriormente pola UE dentro dun proxecto de recuperación integral da marxe dereita do río, constituíndo un lugar sensacional para o paseo e o descanso. A temperatura destas augas é de 44,9ºC. As augas que atopamos son de mineralización débil, mesotermais, alcalinas, sulfuradas, fluóradas e lixeiramente radiactivas. Podemos tratar crenoterapia (buco-dental cicatricial e úlceras varicosas.) e tamén afecciones dermatolóxicas coma dermatites seborreicas, acne e eccemas atópicos. • POZAS DO MUÍÑO DAS VEIGAS Estas pozas atópanse na zona de Quintela de Canedo a 500 metros da área termal de Outariz. Este espazo conta cunha poza principal e unha segunda máis pequena que a primeira e outras dúas de 55 e 45 metros cadrados a carón dun muíño reformado. As súas augas son de 65 a 72ºC. De mineralización débil, hipertermais, fluoradas e silicatadas. Podemos tratar afeccións reumáticas como a artrose e afección dermatolóxicas como eccemas e dermatites atópicas • BURGAS DE CANEDO As Burgas de Canedo atópanse na marxe dereita do río, uns metros antes das Pozas de Outariz. Están sendo actualmente remodeladas e constan dunha poza de auga fría de 5.45m2 máis grande que a de Outariz e de tres pozas de auga quente, subdivididas a súa vez en dúas. A primeira poza é de forma irregular dividida en dúas de 84 m2 e 47 m2. A segunda poza está dividida en dúas, con características similares a anterior, de 46 m2 e 44.5 m2. A terceira e última poza atópase dentro do recinto das Burgas de Canedo ó lado dunha ducha de auga fría. A poza está subdividida en dous como as anteriores de 65.45 m2 e 46.85 m2.

8


• POZAS DE OUTARIZ Estas pozas atópanse a uns 3Km ao Oeste da cidade, en Outariz, na marxe dereita do río a continuación das Burgas de Canedo. É unha área termal acondicionada ó lado do río nun entorno axardinado no que se inclúen duchas de auga fría e quente. Consta dunha poza de auga fría de 46.65 m2 e de tres pozas de auga quente máis pequenas, a principal de 53 m2 e as outras dúas de 26.35 m2 e 26 m2 respectivamente. Ao seu carón construíuse recentemente un edifico de dúas plantas coñecido como Termas de Outariz. • TERMAS DE OUTARIZ Son o último servizo que nos ofreceron no recinto das pozas de Outariz, inaugurado o 9 de agosto de 2008. A carón das pozas atópase o edificio de dúas plantas integrada na natureza xunto ó río Miño para disfrutar dun uso privado das termas. Os servizos que ofrecen estas termas son:

nos

Circuito termal ZEN Circuito termal CELTA (ambolosdous son de 90 minutos) Termas de pedra, madeira e pizarra a 38 ou 40ºC SPA lúdico e termal Tratamentos e masaxes de estilo xaponés Sala multiusos para eventos e cursos (ioga, taichí…) Zona privada para Family Onsen ( Servicio termal familiar, para ter unha xornada familiar e privada.) Ludoteca e gardería infantil 24h. Restaurante-Cafetería. Contan tamén cunha páxina web propia: http://www.termasoutariz.com

9


FUTURO O futuro do termalismo en Ourense semella, cando menos, esperanzador, xa que este tema estase a converter no reclamo turístico de máis importancia da cidade. Moitos dos turistas que pasean polas súas rúas quedan abraiados ante as propiedades e a espectacularidade das augas termais que nos ofrecen as fontes das Burgas, principalmente, e as diferentes pozas públicas e balnearios que se sitúan ás marxes do río Miño. Ó redor destes espazos encóntranse grandes paseos e rutas de sendeirismo abertas a toda aquela persoa que desexe contemplar a vexetación e os recunchos das praias fluviais que harmonizan os sentidos dos paseantes. Pero non só son as persoas de a pé as que quedan gratamente sorprendidas do termalismo nesta cidade galega. Senón que moitas autoridades que estiveron de paso ou de visita por Ourense “alucinaron”, literalmente, polas augas que emanan dos seus mananciais. Embaixadores, personalidades famosas e grandes políticos namóranse destes lugares que son ou chegarán a ser, se cabe, un referente para España e para toda Europa. Para que este sexa un obxectivo factible, as autoridades tanto locais coma a nivel nacional e europeo realizan e elaboran proxectos para que o tratamento con augas termais sexa motivo de desenvolvemento e interese. Un exemplo, é a creación do Centro de Investigación Termal proxectado nun barrio ourensán e financiado por subvencións estatais e organismos europeos. Segundo as palabras do tenente de alcalde, don Alexandre Sánchez Vidal, a idea resultará unha proposta “moi novidosa” e pioneira en España e suporá un adianto para que esta cidade se catapulte aos primeiros postos do termalismo no continente europeo. Outro exemplo podémolo atopar na feira “Termatalia”, única tamén en España, que abre as súas portas anualmente en Expourense, onde se poden contemplar as últimas innovacións no tratamento con augas minero-medicinais e o ocio neste ámbito. O Concello de Ourense proponse a difusión desta extraordinaria riqueza termal, como pode verse no Padroado oficial de turismo

***

Pode ampliarse a información sobre este tema no noso blog: http://ourensetermal.blogspot.com

10


Rockeye 2009 Antía Rodríguez Andrea Laranjo O pasado sábado celebrouse no Instituto O Rockeye. Realizouse, como todos os anos, unha festa para recadar diñeiro para a viaxe de fin de curso dos rapaces de Bacharelato. As entradas foron vendidas durante a semana a 3 euros, e na porta a 4 euros. A festa, organizada polos alumnos de 1º e 2º de Bacharelato, deu comezo ás cinco da tarde no patio cuberto do instituto e actuaron distintos grupos de rock que tocaron nun escenario montado no patio, nela vendíanse bebidas e comidas, tamen para recadar diñeiro, a organización foi moi boa por parte de todos. Asistiron tanto alumnos do centro coma de fora e tamén profesores. Durante o acto, realizouse un sorteo cos números das entradas nos que tocaba caixas de bombóns e, entre outras xogos, e MP4. O último grupo deu por finalizado as 22:00h, pero aínda así a xente quedou un rato máis.

11


Paula Álvarez González Helena Pérez-Colemán Míllara Cora Trigás Santana Sonia Vázquez Álvarez

1. UNHA NOVA FORMA DE LER No día de hoxe, co avance das novas tecnoloxias, a actividade lectora experimentou un gran cambio. Xa non se trata só de ler en libros de papel, senón que hai outras moitas posibilidades de lectura e o libro en papel convive co libro electrónico ou e-book. Así, pódese ler literatura en formato dixital: na pantalla do ordenador, na PDA, no iPod, no iPhone, no móbil, no Mp3, etc. Xa non temos por que esperar a ver publicada unha obra literaria, podemos comprala ou baixala de Internet. Ademais, as novas formas de crear literatura dixital, blogs, webs,etc. están conseguindo que moitos autores utilicen os novos recursos técnicos. Así, por exemplo, Stephen King lanzou a súa novela Riding the Bullet en formato dixital, só pode ser lida en ordenadores. Todo e máis sinxelo ou máis complicado dependendo do punto de vista da persoa, pero en todo caso, acaba de nacer a literatuta dixital. A moita xente interésalle esta nova maneira de ler e resúltalle atractiva, mentres que a outra gústalle máis ler no libro de toda a vida. Nós queremos investigar acerca desta nova forma de ler, dar a coñecer as posibilidades que existen e, tamén, analizar as vantaxes e inconvenientes que todas elas poden ter.

2. QUE SE ENTENDE POR LITERATURA DIXITAL Primeiramente, cómpre precisar que é exactamente a literatura dixital. Existen distintas opinións. Por unha parte, algúns consideran que a literatura dixital está formada só polas obras creadas para ser difundidas en formato dixital:

“La ciberliteratura, literatura digital o literatura electrónica designa a aquellas obras literarias creadas específicamente para el formato digital principalmente, aunque no sólo, para internet-, y que no podrían existir 12


fuera de éste. No es ciberliteratura o literatura digital, por tanto, lo que se encuentra en una biblioteca virtual, ni tampoco, en sentido estricto, la narrativa lineal que se crea para internet, puesto que esa misma literatura podría presentarse en formato de libro” (http://es.wikipedia.org/wiki/Literatura_digital) Outras opinións, consideran sen embargo, que a literatura dixital é aquela que se difunde a través de medios dixitais, aínda que non fose creada especificamente nin unicamente, é dicir, que coexiste coa versión tradicional en papel. Na feira de Francfort celebrada o pasado mes de outubro obtívose a seguinte conclusión: ”Dentro de unha década, 2018, los libros electrónicos en cualquiera de los formatos imaginables, superarán en volumen de negocio a los herederos de la galaxia Gutenberg.L os libros clásicos no representan ya mas que el 40% del volumen total frente a la avalancha de sus parientes digitales, DVD, audiolibros y los nuevos reproductores, con el Kindle de amazon.com y el lector de Sony a la cabeza” (El País,15-X-2008) Os modos de ler están, por tanto, cambiando. Vexamos cales son estas novas posibilidades. En primeiro lugar, os distintos soportes ou dispositivos que nos permiten ler ou escoitar textos literarios.

3. NOVOS SOPORTES DE LECTURA A PANTALLA DO ORDENADOR A través da pantalla podemos acceder ás bibliotecas virtuais e podemos ler e descargar libros electrónicos. O inconveniente é o transporte ou portabilidade do ordenador, e a necesidade dun sitio fixo e dunha posición determinada. PDA Coa PDA temos o mais parecido que existe en peso, tamaño e portabilidade a un pequeno libro. Co que un pode adoptar unha postura cómoda e nin sequera hai que pasar follas nin suxeitar o dispositivo cas dúas mans. Dentro da tarxeta de memoria pode ter unha biblioteca. En España non hai moita xente que lea na PDA, en cambio en Xapón está nacendo unha prometedora industria. Para escoitar ou ler os libros gardados na PDA, iníciase o lector de texto e selecciónase o que se quere ler. Ó abrir o programa, aparecerá unha pantalla inicial co listado de libros que temos, e logo basta con seleccionar o que nos interese. IPOD O iPod pode satisfacer un novo gusto, o da lectura. Agora cos novos Ipod a color e de pantalla máis grande como os do Ipod Video, a lectura de e-books non será tan pesada. Pero como ler ebooks no iPod? O autor recomenda que a lectura sexa de 10 en 10, é dicir, chegar ó capítulo 10 e regresar ó inico, para volver ó 20, e así 13


sucesivamente, isto para aforrar a batería do iPod. Unha excelente opción para aqueles que só teñan un iPod que non contén unha Palm e queiran ler. Dise que o iPod non está feito para ler, e nós non o negamos, pero é unha nova forma de disfrutar da lectura.

KINDLE

Kindle é o nome do novo soporte para lectura lanzado por Amazon. O seu tamaño é parecido ao dun libro cuxas páxinas vanse pasando dándolle a un pequeño teclado. No mes de febreiro, Amazon presentou a segunda versión deste dispositivo, a versión DX, cunha pantalla de 9,7 pulgadas, un peso de 535 gramos, pantalla con resolución de 1200 X 824 píxeles e capacidade para 4 GB e conectividade ·G e WiFi. Reproduce formatos de audio, como MP3, ideal para escoitar música mentres lemos un libro ou se compramos un audiolibro. Ademais, incorpora un xiroscopio que rota a pantalla da mesma forma ca o iPhone. A mala noticia segue sendo o seu precio.

PRS-505 Para competir co Kindle, Sony lanzou o PRS-505. Na última versión, pódense almacenar ata 160 libros, ten unha autonomía de 7500 páxinas e permite ler, ademais do formato propio de Sony, PDF, RTF, texto plano e imaxes en JPG.

4. BIBLIOTECAS VIRTUAIS Unha biblioteca dixital é un espazo onde a información é almacenada e procesada en formato dixital. Algúns exemplos: ¾ PROXECTO GUTENBERG (http://gutenberg.spiegel.de/ ) O proxecto Gutenberg é unha biblioteca virtual que consta dun índice de libros todos nun mesmo idioma: o alemán. Este proxecto naceu en 1971, coa pretensión de ser unha biblioteca electrónica universal. O seu obxetivo era universalizar a literatura, publicando milleiros de títulos e facendoos accesibles de maneira sinxela e gratuita.

14


¾ BIBLIOTECA VIRTUAL (http://www.bvg.udc.es/ )

GALEGA

A biblioteca virtual galega é un servidor de literatura, que ten xéneros como: narrativa,teatro, ensaio e poesía.Todo isto en formato de texto/imaxe,vídeo e audio. Foi posta en marcha pola universidade da Coruña. A finalidade que ten esta biblioteca é dixitalizar obras de autores galegos incorporándoas a internet. ¾ BIBLIOTECA DIXITAL DA REAL ACADEMIA O presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro e a Conselleira de Cultura e Deporte, firmaron o día 19 de novembro un convenio para a dixitalización dos fondos bibliográficos e documentais de institución académica, para facilitar o seu acceso a través de Internet a investigadores e público. ¾ BIVIR BIVIR é o nome da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos ofrece unha ampla selección de literatura universal en lingua galega ¾ BIBLIOTECA VIRTUAL MIGUEL DE CERVANTES http://www.cervantesvirtual.com/ Este servidor de literatura ten un catálogo por orde alfabética cos títulos e autores das obras. Ofrece ós usuarios unha gran variedade de idiomas (alemán, francés, inglés, galego, catalán, italiano e portugués) ¾ EUROPEANA (www.europeana.eu ) É o nome da gran biblioteca dixital europea que se puxo en marcha o día 20 de novembro de 2008 en Bruselas, baixo os auspicios da Comisión Europea. Tratase de establecer conexións entre a ampla variedade de programas de dixitalización do patrimonio cultural europeo existente. Esta biblioteca pretende introducir na rede dous millons de “obxectos culturais”, coa colaboración de máis de mil organizacións culturais. Entre estes “obxetos” están: textos, fotografías, vídeos, mapas, manuscritos, pinturas e periódicos e documentos históricos dos 27 estados que forman a UE. A Unión Europea financiará un 80% dos dous millóns de euros que custará este proxecto. Para que poidan funcionar, cómpre que os estados europeos dixitalicen os seus fondos.

15


Este proxecto europeo pretende, conectarse con todos os proxectos nacionais e rexionais, asi que podería definirse como un repositorio de repositorios. Esta biblioteca abriuse o día vinte de novembro e o dia seguinte tivo que pechar por estar colapsada polas moitas visitas recibidas. Outros enderezos de bibliotecas virtuais ou dixitais: ¾ CONSELLO DA CULTURA GALEGA: http://consellodacultura.org/mediateca/index.ht m/ ¾ BIBLIOTECA ESCOLAR DIGITAL: http://www.bibliotecaescolardigital.es

5. AUDIOLIBROS Un audiolibro, ou libro falado, é un texto lido en voz alta e gravado para ser escoitado posteriormente nun CD, nun casete, nun DVD ou en formatos dixitais nun iPod ou nun Mp3, por exemplo. A gravación pode ser realizada por varias persoas, moitas veces actores, ou mesmo por calquera persoa gravando a súa voz no seu ordenador. Algúns exemplos atopámolos na wew Leer escuchando (http://www.leerescuchando.com/) ou en Audiolibro (http://www.audiolibro.es/) Os audiolibros podemos escoitalos (e lelos) en distintos dispositivos:

6. PODCAST Un podcast aseméllase a unha entrada nun blog falado. Pero ten a vantaxe de que se pode escoitar sen que haxa cobertura. Os seus temas son diversos, pero abundan os tecnolóxicos. Existen algúns podcast que intercalan voz con música, e outros que só utilizan a voz. Os podcast pódense ver ou escoitar desde a páxina web na que foron colgados. Tamén podemos descargar os arquivos de son ou vídeo. Despois xa podemos lelos ou escoitalos no reprodutor que queiramos: reproductor mp3, iPod, ordenador, etc. Os podcast pódense almacenar en calquera servidor ao que teña acceso o seu manufacturador, pero moita xente ten problemas para gardar estes aquivos tan grandes. Por sorte, existen opcións de aloxamento especializadas en podcasting e proxectos. A maior parte dos programas especializados permiten baixar un podcast de forma automática de calquear web ou da rede bittorrent. Son moitas as páxinas literarias que poñen á nosa disposición podcast. Un exemplo atopámolo na web do Consello da Cultura Galega que inclúe varias gravacións de Ramón Piñeiro, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. 16


7. FUTURO DA LITERATURA DIXITAL O mundo está a experimentrar un grandioso cambio na forma de ler: dentro dunhas décadas os libros electronicos superarán aos herdeiros da galaxia Gutembreg. Os libros clasicos só representan o 42% do volumen total fronte a avalancha dos novos métodos dixitais. Durante moitos séculos, o libro tradicional demostrou ser insuperable, pero os libros dixitais reclaman o seu espazo e acabaran superando ó papel, pero aínda compren un par de anos para que isto suceda. Según unhas enquisas feitas: os e-libros superarán os libros tradicionais en 2018 (opinión dun 40% dos enquisados, frente a un 30% que opinan que non). (Información do periódico EL PAIS) Nós pensamos que a literatura dixital irá cada vez a máis e parécenos ben porque deste modo contribúe a fomentar a lectura. Cremos que o importante é ler, é igual que sexa en libro ou nun e-book. Expoñemos agora a nosa opinión persoal sobre o tema.

Helena: A min gústame este novo tipo de ler literatura en formatos dixitais, aínda que ten moitas vantaxes e moitos inconvenientes.Vantaxes: non cargar cos libros (xa que algúns son gordos e pesados) e outra vantaxe é que ao ser algo novo para todos resúltanos moi atractivo. Un gran inconveniente é que a vista pódese cansar, e máis se se teñen problemas de visión. Pero eu creo que este tipo de literatura vai superar os libros de papel en poucos anos. Sonia: Paréceme moi interesante esta nova forma de ler. Pero tamén creo que este mètodo é para a xente nova, porque a xente maior non está acostumada a manexar as novas tecnoloxías. Ainda así este metodo pode mellorar moito co paso do tempo e chegar a ser moi importante. Cora: A literatura dixital paréceme unha forma nova de ler que non me resulta molesta. Aínda que lle teño gusto ós libros de toda a vida (grandes, voluminosos, amplos, con pasta grosa) pero, aínda que os prefiro, non me resulta molesto ter que ler, por exemplo na pantalla do ordenador. Paula: Eu penso que a literatura dixital é un bo avance, porque podes escoitar ou ver libros cando vas pola rúa ou en calquera outro lugar sen necesidade de ter un libro a man. Pero por outra banda, este modo de lectura vai deixar atrás ó libro tradicional co paso do tempo.

Pode lerse máis información sobre este tema no noso blog: http://literatura-dixital.blogspot.com

17


LITERATURA DIXITAL INFORMANTE: SEXO ………………………………………….

IDADE …………………………………………..

LUGAR DE RESIDENCIA ………………….

PROFESIÓN …………………………………….

ENTREVISTADORA: ............................................................................................................

1.Sabe vostede o que é a literatura dixital? a) Si b) Non c) NS/NC 2. Le vostede literatura na pantalla do ordenador? a) Nunca b) As veces c) Moitas veces 3. Coñece algunha biblioteca virtual ou dixital? a) Ningunha b) Unha c) Varias 4. Pode citar algúns nomes? ...................................... ........................................... 5. Que vantaxes ten ler desta maneira? Parécelle máis ou menos cómodo? ................................................... 6. Sabe o que son os audiolibros? a) Si b) Non c) NS/NC 7. Escoita textos literarios no Mp3 o no iPod? a) Nunca b) As veces c) Moitas veces 8. Cre que a literatura dixital superará o libro tradicional dentro duns cantos anos? a) Si b) Non c) NS/NC 9. Cre que os libros desaparecer no futuro? a) Si b) Non c) NS/NC

poderían

18


GUILLERMO responde a este “Cuestionario Proust” elaborado por Helena Pérez-Colemán 1. Que pensas cando te levantas? 9. Uns debuxos animados: Non me apetece nada ir ao instituto. Padre de familia. 2. Cómo te levantas? De mal humor.

10. Un/a famoso/a: Rosendo.

3. Un lugar para perderse: Australia.

11. Unha cancion: Flojos de pantalón.

4. A quen levarías a unha illa deserta? A unha amiga.

12. Que e o que máis che gusta do teu corpo? O meu dedo gordo do pé.

5. Tes mozo/a, amigo/a especial ou rollete? Si

13.E o que menos? O meu dedo gordo da man.

6. En caso que teñas parella, que é o que máis che gusta del/a? O seu carácter.

14. Se che quedasen tres días de vida, ¿declararíaste ó teu verdadeiro amor? Si.

7. Que che apetece facer no teu tempo libre? Facer deporte.

15. És fumador/a? Non.

8. Un vicio: Coca-Cola.

16. Que che apetece facer un día de moita calor? Ir á praia.

MALVA responde a este Cuestionario elaborado por Antía 1.Cal é o teu maior defecto? 6.Que é o primeiro que fas ó levantarte? Que son moi vaga. Ir á ducha. 2.Cando adoitas estudar? A fin de seman antes dos exames e o día antes repaso. 3.Onde desexarías viaxar? Dáme igual a donde ir mentres vaia ben acompañada. 4.Cales son as frases ou expresións que máis usas? Vale, Antía sabes que?, fuaf, ódiote, morre, vale va...

7.Prefires a noite ou o día? A noite. 8.Prefires verán ou inverno? Verán, gústame máis a calor. 9.Cal é a túa película favorita? E a peor pelicula que viches? Non vou moito o cine entón non sabería dicirche. 10.Que obxetos levas sempre enriba? Móbil, diñeiro e unha chapiña de Green Day

5.Que te fai cabrear con facilidade? Os que parecen os teus amigos pero non o son. 19


Sabela Varela Fernández Natasha Torres Bóveda Andrea Laranjo Paradela Antía Rodríguez Estévez

CIDADES LITERARIAS Son moitas as cidades que poden presumir de ser patria literaria de importantes escritores. Nas súas obras, estes autores plasman para a posteridade os lugares e o espírito de todos eles, regalándolles así unha especie de inmortalidade. A través dun bo libro podemos viaxar e coñecer algunhas destas cidades casi coma se tivésemos estado nelas. Unha das cidades con maior proxección literaria é Londres. A cidade inglesa foi elixida no 2008 como a cidade máis literaria do mundo, xa que foi inmortalizada coas palabras de escritores da talla de Charles Dickens, Eliot, Henry James, Chaucer, Virginia Woolf, Oscar Wilde, James Matthew Barrie. Outras cidades literarias son: o Stratford-upon-Avon, lugar de nacemento de William Shakespeare. o Dublín: presente nas páxinas de James Joyce, Bram Stroker, Flann O'Brien, W.B. Yeats, Jonathan Swift, Sean O'Casey... o Praga: Franz Kafka. o Lima: Vargas Llosa, Bryce Echenique. o Bos Aires: Jorge Luis Borges. o México: Bolaño. o Venecia: Tiziano Scarpa. o Estambul: Orham Pamuk. o Lisboa: Pessoa, Camoes, Antonio Tabucchi, Eça de Queiroz. o Tokio: Murakami. o Rusia: Leon Tolstoi. o París: Balzac, Marcel Proust, Cortázar, Baudelaire.

20


o Nova York: por exemplo en Tom Wolfe, Truman Capote, Federico García Lorca, Paul Auster, John dos Passos, Arthur Miller, Henry James, Melville, Edith Wharton, Camilo Gonsar, Celso Emilio Ferreiro, Carmen Martín Gaite. o Berlín: John Le Carré. o Madrid: Ernest Hemingway, Lope de Vega, Miguel Cervantes, Quevedo, Jacinto Benavente, Benito Pérez Galdós, Pío Baroja, Francisco Umbral. o Soria: Machado o Oviedo: Leopoldo Alas Clarín o Barcelona: Mercé Rodoreda, Manuel Vázquez Montalbán, Eduardo Mendoza, Marsé, Carlos Ruíz Zafón, Ildefonso Falcones. o Córdoba: Góngora. o Santiago de Compostela: Rosalía de Castro, Salvador García Bodaño, Federico García Lorca, Suso de Toro, Román Raña Lama. o Vigo: Martín Códax, Xosé Cid Cabido, María Xosé Queizán, Fran Alonso, Forcadela.... E un longo etcétera. OURENSE, CIDADE LITERARIA Ourense, como veremos, tamén pode incluírse nesta relación de cidades literarias pois son moitos os escritores que a converteron no seu espazo literario. Nas súas obras, a cidade aparece mencionada con diferentes nomes: Ourense, Auria, A., Serenou, Augasquentes, etc. Se comezamos polos textos máis antigos, xa na Idade Media, Afonso X o Sabio aludiu nunha cantiga de escarnio ao “bo viño da cidade d´Ourens”. No Rexurdimento (século XIX) Manuel Curros Enríquez, Lamas Carvajal, Heraclio Pérez Placer ou Francisco Álvarez de Nóvoa localizaron os seus poemas e contos en lugares tan emblemáticos como As Burgas, a Ponte Vella ou a Praza Maior. No século XX e na actualidade outros moitos situaron as súas historias e poemas en diferentes escenarios ourensáns. A seguir, unha relación de escritores, ordenada cronoloxicamente: Idade Media-Século XIX Manuel Curros Enríquez Valentin Lamas Carvajal Heraclio Pérez Placer Francisco Alvarez de Nóvoa Afonso X

Século XX Eduardo Blanco Amor Ramón Otero Pedrayo Celso Emilio Ferreiro Vicente Risco José Angel Valente Carlos Casares Pura Vázquez

21

Actuais Xosé Luís Méndez Ferrín Francisco Fernández Naval Manuel Guede Oliva Uxía Casal Manuel de Dios Manuel Zabal Luís González Tosar Edelmiro Vázquez Naval Dora Vázquez Manuel Guede Oliva Marifé Santiago Bolaños José Maria Pérez Álvarez Xaime Quessada Anton Risco Bieito Iglesias Diego Ameixeiras Carmen Martín Gaite Julio López Cid Anton Riveiro Coello


Pero, se hai un escritor que de maneria especial céntrase a súa obra na cidade de Ourense é, sen dúbida, Eduardo Blanco Amor. Todas as súas obras narrativas sitúanse xeograficamente na nosa cidade: Los miedos, La catedral y el niño, A esmorga, Os biosbardos, Xente ao lonxe... O ano 2009 está dedicado a Eduardo Blanco Amor, “o embaixador de Auria”, xa que se cumpren 30 anos da súa morte e 50 da publicación da súa primeira novela, A esmorga.

EDUARDO BLANCO AMOR Eduardo Blanco Amor naceu en Ourense o 14 de setembro de 1897, na casa número 27 da rúa Lepanto. Morreu en Vigo en 1979. Na súa mocidade (1915) comezou a traballar como secretario de dirección no xornal El diario de Orense. En 1919 emigrou á Arxentina e alí viviría a maior parte da súa vida. En Bos Aires tivo contacto coa vida cultural da emigración e con intelectuais e artistas do continente. En 1923 fundou a revista galega Terra, e tres anos máis tarde colaborou no diario La Nación Eduardo Blanco Amor escribiu narrativa, poesía, prosa e ensaio. En narrativa: A esmorga, Xente ao lonxe, Os biosbardos, La catedral y el niño e Los miedos. En poesía: Romances galegos, Poemas en catro tempos e Cancioneiro. En teatro: Farsas para títeres e Teatro para a xente.

En todas as súas obras narrativas, tanto en galego como en castelán, Ourense é o escenario principal, unhas veces baixo a denominación Auria e outras A. (Xente ao lonxe).

Algúns textos: “Conque saímos pola horta e botamos a andar por embaixo daquil bullón de auga que

non daba folgos e meténdonos por unha verea que cruzaba unhas hortas, fumos saír á Ponte Pelamios. O ceio viña baixo, apelexado e mouro, e chovia a escachar con rachas de vento frío. Seguimos pola beria do Barbaña até chear ós arrabaldos da 22


Burga onde nos acollimos baixo da ponte.[...] O Milhomes deulle á mona por querer subir ó xardín dos Andradas que estaba alí pertiño. (A esmorga, Edit. Galaxia,Páx. 32-33)

“Parara de todo a chuvia e sopraba

un curisco que tollía os alentos. Non había nas rúas alma viva. A lúa viña grande e clara por entremedias das nubes esfiañadas e lixeiras. Cando paramos de correr, aló pola praza do Correxidor, ouvíronse no reló da catedral as baladas de meia noite. Tiramos para arriba con intención de meternos na casa do Milhomes, que vivía na rúa de Crebacús." ( A esmorga, Páx. 85)

“O altar maior locía todo aceso de candeas, que moito me chamou a atención que a

tales horas da noite isto socedese. Estaban aló, a carón, dúas ou tres ducias de cabaleiros, pois mulleres non se vían, todos axoenllados, e ouvíase o besbellar dos rezos a pouca voces, e todos moi xuntos e rezando a eito, coma si estivesen botando unha ladaíña, desas das misiós ou das rogativas... Eu non sabía cómo trepar co raio das chancas ferradas para que non fixesen estrondo nas laxes. Un daqueles cabaleiros algo debeu de apercibire porque se voltou para abesullare, pro xa nós estabamos acochados tras dunhas columnas, descontra un confesionario." (A

esmorga, Páx. 90) “Non señor,o campo das Bestas fomos dispois. De primeriras fumos cara á Estación.

Non sei si xa dixen que tiñamos mentes de pillar o tren mixto,que pasa,como vosté me enseña, ás cinco á mañá e irmonos a Monforte,até que acougara un pouco o asunto, que o tempo todo o vai arranxando. E sinon se arranxaba, tamén se falou de seguirmos para parte de Asturias onde polo visto, atopábase bo traballo nas minas de carbón, que o Bocas tiña aló uns amigos.Pro cando tiñamos pasado a Ponte Maor topeime co Barrigas." (A esmorga, Páx. 113)

23


“Tivo que ser no día do Corpus; unha mañá do día de Corpus nas que se campa coa roupa nova e as almas da xente moza se estrenan tamén por algún canto aínda non encetado. Son―eran― mañás en que o ceo chega a Auria diferente de todos os ceos do ano; nas que o ceo da vila, na boca do verán, casan nun confiado intre que non se voltará a repetir en todos os ceos do ano por ledos que veñan. [...] Cando non puiden aturar máis e me botei á rúa, as campás da catedral, enriba do meu tellado, despenábanse a cachón, derrubábanse polos ancos da torre.[...] Vina na Praza Maior. Nin daquela nin despois reparei tanto en ninguén. [...] Na rúa da Paza cruzáronse cuns silbantes, xa maiores (os da tenda de Bobillo e outros), que se deron de cóbado como coñeándose delas, e non sei que lles dixeron ó pasar que se puxeron seriosas e buliron ó paso. [...] Tamén se pararon nos latoeiros da rúa das tenda, nos afiadores e aparafuseiros da Praza Maior, nos zapateiros de banquilla da Fonte Nova. [...] Logo subiron a San Francisco, entraron no Camposanto. Baixaron de novo, metéronse pola travesía, mercáronlle figos á Tía Delfina no remata da rúa de Alba, colleron pola carretera do Progreso." ("A estrea", Os biosbardos, Edit. Galaxia)

"A Praza dos Coiros estaba a crebar

de xentío naquil lusco e fusco abafado do día do Carme. Corrérase que non deran permiso as autoridades e que ían mandar a xendarmería; sempre que había un mitín corríase o mesmo pro a xente de traballo ía igual. [...] (A voz da rapaza escachábase descontra as paredes das casa pobres, de tres pisos, do rueiro da Pescadería, coas súas fiestras cheias de rostos calados, anceiosos e conmovidos. Era unha voz de nobre metal, superior ás inxeles verbas que contiña. Fendendo por entre os brancos e moles pallabarros, asomaba como unha proa, o pazo de seis pisos, de orgullosa e nova canteiría, da Banca Romeral, con todas as fiestras e balcóns pechados, pesie ao bochorno do día.) [...] Ouviuse a gallopada dos cascos nas loousas da rúa da Corona. [...] A xente íase, ordenadamente e de a pouco, pola rúa da Libertade, subindo á da Pena Vixía, dando a volta polo calexón do Turco. O Elixio e mais a Evanxelina ían por entre a xente, abrindo paso ás mulleres cos nenos." (Xente ao lonxe, Edit. Galaxia, Cap II, 3ª parte)

24


En moitos casos podemos seguir coa axuda dun mapa podemos seguir o desprazamento dos personaxes polas rúas e barrios da cidade. É o caso da súa novela A esmorga. O Clube Cultural Alexandre Bóveda, en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Ourense, editou un folleto titulado Roteiro Literario de A Esmorga. Espazos urbanos da novela de Eduardo Blanco Amor. Contén un esquema espacial da novela no que se indican os lugares concretos da cidade nos que se sitúan os capítulos da novela. E incorpora un roteiro composto por un mapa da cidade no que sinalan os puntos xeográficos do percorrido dos tres esmorgantes polas rúas de Auria (Ourense) nos cales se colocaron placas con citas alusivas a cada un destes lugares.Seguindo ese itinerario, cada ano realízase un percorrido pola cidade, a semellanza do que cada 16 de xuño se realiza en Dublín no Bloomsday, a partir do itinerario do personaxe do Ulysses: Leopold Bloom

***

Pode verse unha relación máis ampla de escritores no noso blog: http://ourensecidadeliteraria.blogspot.com

25


Natasha Torres 1.- En que medida a cidade de Ourense está presente na súa obra literaria? Aínda que non é o único, Ourense é o espazo principal que acolle a literatura que escribo. O poeta Rainer María Rilke dicía que a patria é a infancia, xa que a infancia é o mundo e o momento da inocencia, o lugar e o tempo ao que todos quixeramos volver. Por iso o lugar de orixe é tan importante para un escritor. Ese lugar ao que sempre volvemos é, en si mesmo, unha emoción. Agora ben, co tempo descubrín que é posible ter máis dunha patria e que a patria non é só a infancia, senón aqueles lugares nos que fomos felices. Hai, así, outro territorio que quero e sobre o que escribo, que é o litoral que vai dende o Monte Louro en Muros, ata Fisterra. dende o Monte Louro en Muros, ata Fisterra. Porén, Ourense é o lugar principal, presente en novelas como O bosque das antas, Tempo de Crepúsculo ou Unha cita co aire, en libros de poemas como A fonte abagañada ou Miño e en moitos relatos. 2.- En que lugares concretos sitúa a súa obra? Por que? Con respecto a Ourense, os lugares son a cidade, Oira e o río. A miña avoa era de Oira e en Oira vive a miña nai e, aínda que eu medrei en Ourense, Oira foi o lugar dos xogos e dos soños. O río quixo afogarme unha vez, cando neno, sacoume del unha muller descoñecida e que non volvín a ver. Gardo a memoria de ir dando voltas por debaixo da auga e entre burbullas. Por iso manteño co río unha relación ambivalente, de amor por un lado e de certo enfrontamento polo outro. Río abaixo sucede a historia do Bosque das antas e na ponte Vella remata a novela Unha cita co aire. Miño é un libro de homenaxe ao río. Tamén escribo da cidade na que vivo, A Coruña, pero é unha escrita moito máis allea a min, na que eu me sitúo como observador, externo, algo que non nace de tan dentro como cando escribo de Ourense. 3.- Que supón para vostede escribir sobre Ourense? En parte xa o dixen, unha emoción, pero hai máis cousas, claro. Eu nacín nesa cidade, medrei nela e vivín aquí ata os vinte e cinco anos. Penso que hai un xeito de ser de Ourense e un xeito de entender o mundo dende aquí. Cando eu era novo diciamos que Ourense era unha cidade de alumeados, por mor dos vapores das Burgas. Non sei. Para min, escribir sobre Ourense, é reflexionar sobre min, sobre a xente que medrou e viviu comigo, sobre o meu tempo, sobre un determinado xeito de ir facendo as vidas. Eu son un dos múltiples espellos nos que se reflicte a cidade e o seu xeito de ser. 26


4.- É un Ourense real ou ten aspectos inventados? Semella ser real, pero é o Ourense que eu percibo, o que eu sinto e, nese sentido, é único porque é o meu; o interesante é que outros, os lectores, tamén se identifiquen con esa visión e que compartamos a emoción, iso é a literatura. Os escritores dicimos que sempre prestamos anacos de nós aos personaxes protagonistas das historias que escribimos. Todo é autobiográfico sen chegar a selo. Probablemente sucede igual coa cidade. Eu escribo sobre ela e preciso saber como se chamaba unha fonte que había debaixo da ponte Nova ou como era o nome dunha rúa ou se había ou non un cruceiro nunha praza, ou como era o ambigú do Principal; podería escribir sen eses detalles, pero dáme a sensación de que traizoo algo, e necesito todo iso para escribir unha historia máis inventada que real, ficticia, aínda que seguramente vivida. 5.- Tendo en conta que son moitos os escritores que escriben sobre a nosa cidade, considera que Ourense é a principal cidade literaria de Galicia? Non sei se é Ourense ou Compostela, pero por aí anda a cousa. Penso que foi Ferrín quen empezou a dicir que Ourense era a cidade máis literaturizada da literatura galega e é posible que leve razón. Son moitos os autores que volveron os seus ollos cara ela, algúns que non eran de Ourense, como Martínez Oca. É certo tamén que algunha das obras máis importantes da nosa literatura suceden aquí: O porco de pé, A esmorga ou moitos dos relatos do propio Méndez Ferrín, e iso imprime certo carácter. O que chama a atención é que tamén teñan escrito sobre ela escritores que non empregaban o galego ou que non eran galegos, como Graham Greene, Camilo José Cela ou Carmen Martín Gaite. Con todo, hai unha cousa que chama a atención. Case todos os escritores de Ourense escribiron sobre a cidade vivindo lonxe dela. Eu teño a opinión de que vivindo nela é máis difícil escribila porque é unha realidade moi absorbente e opresiva e que, dende a distancia, é posible collerlle perspectiva, mirala con ollos máis libres e transformala en literatura.

PAULA responde a este cuestionario elaborado por Andrea 1-Que levas sempre no teu bolso? Chaves, móvil, carteira....etc

6-Un soño? Ser sicóloga.

2-A que lle tes fobia? Ós insectos.

7-Unha canción? “Ojos rojos”, de Morodo.

3-A túa comida favorita? Lasaña.

8-Unha virtude? Sorrir sempre.

4-Unha serie de televisión? Aída.

9-Un defecto? Cabezota.

5-Un lugar para perderse? China, (alí pérdome, fixo)

10-O teu deporte favorito? Valetudo 27


Virginia González Ferro Malva Míllara Carbajales María Blanco Canal.

Dende o inicio dos tempos, o ser humano utilizou a mitoloxía como unha maneira para explicar a orixe do mundo, os desastres naturais, os cambios estacionais, etc., é dicir, todos os sucesos que non podía entender. Cada mitoloxía ten os seus propios personaxes e seres característicos, por exemplo: -Zeus, Afrodita, Hera, Apolo... na mitoloxía grega. -Xúpiter, Venus, Xuno.... na mitoloxía romana. -Thor, Loki, Odín, Freia, Frey... na mitoloxía nórdica. -Isis, Osiris, Ra, Atum, Nut, Seth, Neftis, etc. na mitoloxía exipcia. -Agni, Chandra, Shivá, Párvati, Ganesha... na mitoloxía hindú. -Abnoba, Dona do lago, Taranis, Tristán e Isolda.... na mitoloxía celta. -Lobishome, meigas, bruxas, Santa Compaña... na mitoloxía Galega. En Galicia, a crenza de seres míticos chegou a ser tan profunda que se converteron nos compañeiros dos galegos. A fronteira entre o real e o imaxinario cada vez distinguíase menos polo que volveuse habitual pensar que os mouros paseaban polas feiras; tamén se cre que moitos animais anuncian a sorte; ou crese tamén na presenza de lobishomes e outros seres nas aldeas. Estas criaturas sobrenaturais veñen dadas pola necesidade do home de dar explicacións os fenómenos cotiáns. A explicación que o ser humano deu ós sucesos do mundo non sempre respondeu ao razoamento científico. Antes que a ciencia, a

28


tradición popular, a maxia e a mitoloxía foron elementos clave para que os humanos soubesen enfrontarse cos fenómenos naturais. En Galicia hai moita xente que di que se coñece moi pouco acerca das crenzas mitolóxicas desta terra pero sábese que estaban moi ligadas aos procesos da natureza. A relixión católica provocou que moitos seres da nosa mitoloxía se convertesen en figuras diabólicas, porque era impensable que convivisen con Deus. Estes mitos, moitos deles convertidos en lendas, enriquecéronse con elementos fantásticos relacionados coa vida nos castros. Tamén elementos artísticos gravados sobre rocha, cuxa orixe é misteriosa, convertéronse en símbolos que a xente atribuíu a seres fantásticos. Vicente Risco investigou sobre os seres mitolóxicos e di que a razón e a ensinanza son indispensables para transmitir coñecementos científicos. En palabras deste intelectual galego, “a cultura tradicional galega é, no seu corpo fundamental, unha cultura cristiá de feitío medieval, de orixe eclesiástica, predominante monacal que, como outras moitas da Europa moderna, conservou, incrustados unhas veces, embebidos e incorporados outras, unha che de elementos antigos.” (Etnografía) A cultura popular galega está chea de seres mitolóxicos que interveñen na vida dos campesiños que viven con eles nas aldeas. Estes seres, ás veces, benefician ós humanos, e outras castíganos. Imos falar a continuación dalgúns dos seres máis frecuentes da mitoloxía desta terra chamada Galícia, en concreto dos animais mitolóxicos. ANIMAIS MITOLÓXICOS Entre os animais mitolóxicos, destacan especialmente os seguintes: o alicornio, a avelaíña, o corvo, a curuxa, o paxaro da morte e o urco. Vexamos cales son as súas características. o ALICORNIO Ten forma de cabalo branco con un corno grande de color crema na fronte. A medida que estes seres van medrando o corno medra con eles. Este corno ten propiedades máxicas e curativas. Se un alicorno toca a un enfermo co corno, este sana ó instante. Se toca a unha persoa sana dalle boa ventura. Os cornos metidos en estoxos de prata cun colgante para penduralos úsanse contra o mal de ollo e o meigallo ou as dores de parto. As raspaduras de 29


corno en leite dánselle a beber ó doente, tamén se fan os aneis de alicorno de prata cun engaste no que vai o pó. Adoita levarse no dedo anular porque así da sorte. Os alicornios están a punto de extinguirse, nestes tempos é máis difícil ver un alicorno que antes, por eso non se deben matar. Aínda que hai xente que o fai porque ó beber o sangue prateado deste animal adquírense varios anos máis de vida. o AVELAÍÑA Bolboreta nocturna que pode ser unha alma e ronda as luces acesas do fogar. Segundo a cor cambian os presaxios: Brancas: Boas novas. Como por exemplo a chegada dunha carta dun ser moi querido. Negras: Tristes acontecementos. Como por exemplo a morte dalgunha persoa cercana. Unha avelaíña entrou nunha casa déronlle con un trapo e estoupou en fume. Viron un corvo que marchaba dando grandes berros. Esto era porque a avelaíña era negra, e traia un mal presaxio. A presenza do corvo daba a entender que algún membro dese fogar iba morrer pronto. o CORVO Animal de mal agoiro, é un dos disfraces do demo. Se se xuntan sobre unha casa é aviso de morte, se perseguen a unha persoa tamén. Demostrouse que os corvos teñen un gran olfato e son capaces de percibir o olor dun corpo enfermo e entón estas aves aparecen alí porque detectaron o cheiro dalguén que vai morrer por enfermidade. Un home viu como caían pola chimenea tantas bolas de loureiro como anos tiña, foi mirar quen as botaba e resulta que era un corvo negro, ese mesmo día morreu. o CURUXA É unha ave de rapina, de figura branca, fantasmagórica; cabeza moi grande con ollos negros, o peteiro ganchudo , as ás longas redondeadas. Rabo curto, rostro en forma de corazón. Realmente moi doada de identificar. Forma que adoptan os ananos para anunciar a morte de alguén, tamén pode ser unha bruxa, aínda que neste caso serían paxaros da morte. É unha ave de mal agoiro, que aparte de predicar a morte pode traer outras desgrazas. Tamén se asocia ó

30


demo, entra nas igrexas e beben o aceite das lámpadas. Se lle ves a cara é que estás morto. o PAXARO DA MORTE Chámaselle así a este animal porque anuncia a morte das persoas, para advertir a morte das persoas canta, laia estarrecedoramente ou fala con voz lúgubre. Actúa de noite e pénsase que é invisible posto que ninguén nunca o viu, só o escoitaron. Ten outros nomes como “cabra do aire” ou “avelaiona”. Hai un refrán que di: “Cando a avelaiona laia, prepara a mortalla”. o URCO O Urco é un animal fantástico, especie de can negro, moi grande, con cornos e orellas longas, a presenza do cal é considerada de mal agoiro. O urco habita nas beiras do río Lérez, nunha tenebrosa paraxe que chamaban borrón. O Urco é un can de grande corpo, negro coma a noite e peludo ; cunhas orellas moi longas e uns cornos pequenos, ademais dun rabo mouro tamén como toda a pelaxe, semellante á do can, máis cunha presa de cabelos, imitante a un pincel. O Urco non adoita verse doadamente, pois agáchase nas fochas entre os penedos das ribeiras do mar, e a súa presenza coñécese polo seu oubeo. Porque este é coma un forte e chión asubío, que parece que, ó se escoitar, xea o sangue nas veas e estremece o corpo todo, coma se a un lle clavasen un coitelo no peito. Sempre que se o escoita ouvear, acontece unha desgraza: alguén morre sen se saber como nin por que, pois aparentemente os accidentes non teñen explicación posible. CONCLUSIÓN Co transcurso dos anos, a mitoloxía e mais os seres mitolóxicos foron deixándose de lado debido ó nacemento da filosofía e a ciencia, as cales repudiaban calquera idea que non puidese ser explicada coa razón e a experimentación. Sen embargo, e a pesar da imposición da lóxica, a mitoloxía conseguiu chegar ata os nosos días, sobrevivindo ó paso do tempo. Nas cidades estase a esquecer o tema da mitoloxía, pero nas vilas e nas aldeas sempre van estar presentes estes seres pois forman parte da tradición popular galega. Debemos axudar a manter vivos na nosa memoria estes seres míticos, xa que forman unha parte moi importante do noso pasado e nos axudan a comprender as mentes dos nosos antepasados.

Pode atoparse mais información sobre outros seres míticos galegos no noso blog: http://seresmiticos-galegos.blogspot.com

31


Xisela Pastoriza

Vetusta Morla fai a presentación do seu novo CD ofrecendo un concerto no Auditorio de Ourense O venres 29 de maio o grupo madrileño de Indie-rock, Vetusta Morla apareceu en Ourense. Foi na sala principal do Auditorio onde se realizou o concerto, chegaron aquí patrocinados pola tenda de música Peggy Records. Os ourensáns foron avisados con tan so tres días de antelación no que as entradas remataron completamente esgotadas. Este evento reuniu os mais diversos estilos da xuventude e por suposto dos non tan xoves, xa que podiamos atopar rapaces dende quince anos ata “rapaces” de entre trinta e corenta. O concerto durou a penas unhas dúas horas moi intensas nas que o grupo presentou o seu novo CD Un día en el mundo, do que tocaron a maioría das cancións e engadiron tamén algunhas do antigo disco Mira. Ademais o seu cantante alcumado Pucho, agasallou aos espectadores cunha emotiva interpretación do seu tema Los buenos sen micrófonos e sen máis acompañamento que as mans do propio cantante e a guitarra. Este inesperado agasallo causou un grande silencio entre o público que quedou tan sorprendido e emocionado que non deu un berro mentres durou. Ao final do evento podíase observar a satisfacción, emoción e alegría na cara da gran maioría do público. Os rapaces de Vetusta demostraron unha vez máis todo o seu talento e o seu magnífico directo, deixando verdadeiramente claro que son merecedores de todos os premios outorgados e do respecto duns espectadores que calan sorprendidos ante a plenitude dunha voz tan pura e abraiante.

32


Rubén Iglesias Rodríguez Jorge Madriñán Camba

1. DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS A lenda é unha narración oral ou escrita que ten unha maior ou menor proporción de elementos imaxinativos e que se quere facer pasar por verdadeira. Normalmente transmítese de xeración en xeración, sufrindo modificacións. Contén case sempre un núcleo histórico, cun maior ou menor grao de elementos imaxinativos. A aparición destes elementos adoita depender de motivacións involuntarias, como por exemplo erros, malas interpretacións ou esaxeracións. Os personaxes das lendas adoitan ser personaxes históricos, míticos ou de civilización occidental. As súas diferenzas co conto atópanse en que o conto é máis intrascendente e non ten unha localización concreta, mentres que as lendas teñen unha difusión xeocultural, chegando a atopar lendas moi semellantes en lugares moi afastados.

2. TIPOS DE LENDAS Os investigadores do Seminario de Estudos galegos ocupáronse de recoller e clasificar as lendas en: • Etiolóxicas : Explican o nome dun lugar ou construcción, un exemplo sería a lenda que alude ó topónimo de Castro Caldelas. • Haxiógraficas: Son as referidas á vida dun santo ou santuario, por exemplo o Santuario da Nosa Señora do Corpiño. • Históricas: Son aquelas que están referidas a un feito do pasado, algúns teñen unha raíz popular, mentres outras son de orixe erudita. 33


ANTOLOXÍA. LENDAS DE MOUROS • Mouros encantados. Os mouros viven aínda debaixo do castro. O castro é obra de mouros que aínda non hai moito tempo saían ó exterior, pero ó veren xente agachábanse rapidamente debaixo da terra. Dentro do recinto do castro hai tanto viño que, se algún día chegase a estalar o depósito, asolagaría todo o lugar de Vilacaiz. Ó traballar as terras co arado, a xente non pode afondar moito porque as casas dos mouros están debaixo e tropezan as ferramentas nos tellados; por iso alguna vez bérranlles: —"Ai home, cerra o arado, non ares tan fondo que me destellas a casa !" • Lenda da Medorra de Barrela Un señor chamado O Eirexe Vello pasou unha tarde, a cabalo, polo camiño que vai arredor do castro e apareceulle unha muller coa que trabou curto diálogo. A muller era unha moura e deulle uns cravos para as ferraduras dos cabalos, encargándolle que gardase os regalos ata chegar á casa; mais, movido pola curiosidade, quixo coñecer o que lle regalaran e ó velo tirou todo, pero quedaron nos pregues do bolso uns anacos de carbón que ó chegar á casa se transformaran en ouro. O señor Eirexe volveu ó sitio onde o tirara, pero xa non atopou nada. Polo que perdera unha colosal riqueza, a mellor fortuna de entón. • Tesouros e riquezas ocultas. Haberes de “ O Castro” Na Porta do Mouro hai moito haber e del sabían o meu avó e outros individuos que dunha vez foron desencantar levando consigo un crego e mais un “Ciprianillo”. Chegados ó sitio riscaron un circo no chan cunha cruz no medio e metéronse dentro, e despois o crego fixo no aire unha cruz en cada vento e desconxurou polo libro. E non ben rematou de desconxurar veu do penedo unha grande voz que dixo: —De que forma queredes que saia? Un dos presentes, que acababa de chegar do servicio, contestou: —Saia en forma de militar E apareceu un soldado grandísimo, tan grande que a cabeza pasaba por riba dos cotos máis altos. —Que queredes de min? —preguntou. —Queremos que nos dea da sua riqueza —dixo un —Se queredes diñeiro ide por el ás casas do rei, que o que teño é meu e non volo dou. Ó fin, e a poder de moito porfiar, convencérono de que lles dera algo, mais puxo de condición que lle habían de traer un año, branco de todo e sen lixo ningún. E como eles andaran a rifar sobre quen tiña que ir ó pobo polo año oíuse un trono que fixo tremer a terra, escureceuse a luz e desapareceu o xigante.

Poden lerse máis lendas no noso blog: http://seresmiticos-galegos.blogspot.com

34


Mario Nespereira Un grupo alumnos de 4º de ESO do Ies As Lagoas efectuaron unha viaxe a Madrid os días 5,6 e 7 de maio. Os rapaces estiveron en todo momento acompañados por dous profesores do centro, Virxilio e Anxos (profesores de Historia e Galego, respectivamente), e nas visitas feitas ao longo da excursión, así como tamén nos bungalows onde estaban hospedados os mozos. Nestes tres días, o grupo puido coñecer algúns dos lugares máis emblemáticos e turísticos da capital pero sempre deixando tempo para o ocio e a diversión, sobre todo no último día no parque tamático Warner Bros. A cordialidade entre profesores e alumnos foi a constante presente na excursión, excepto algúnos momentos de tensión polas noites, cando se encontraban no complexo de bungalows O Escorial. A primeira parada turística da viaxe foi no mosteiro do Escorial, coa vista por dentro do edificio e dos mausoleos dos Austrias e os Borbóns, ademais da súa magnífica biblioteca. Logo, os rapaces e rapazas gozaron dunhas horas de tempo libre na vila de San Lourenzo do Escorial para voltar aos bungalows e ver o Chelsea-Barcelona no restaurante do complexo. Pero o día seguinte era o máis duro. Pola mañá cedo chegaron á Praza de Oriente para comezar dende alí un tour guiado polo Madrid dos Austrias, observando a Praza Maior e á Porta do Sol. Máis tarde, o grupo dirixiuse ao Cine Imax para ver unha película en 3D sobre dinosaurios. Pola tarde o Museo Reina Sofía e o Museo de Cera agardaban aos mozos e mozas para ver as pinturas do primeiro e as figuras do segundo. E por último viuse o musical “Fiebre do sábado noite” nun popular teatro da Gran Vía. A derradeira xornada rematou na Warner e foi a máis disfrutada. Os alumnos camparon ao longo do parque e puideron montar nas moitas atraccións coas que conta este lugar. A viaxe de volta no autobus foi toda unha festa, rapaces polos pasilllos e conversas en tódolos asentos, ademais de risas, moitas risas. Este foi o panorama dos últimos instantes da viaxe antes de voltar ás casas. Sen dúbida o recordo destes últimos días quedará sempre na memoria de todos. 35


Rubén Iglesias Jorge Madriñán

O BARCELONA GAÑA O TRIPLETE Este ano o Barcelona consolidouse como o mellor equipo do mundo ó converterse no primeiro equipo español en gañar o triplete, despois de conseguir a Liga, a Copa do Rei e a Champions League. O primeiro título que conseguiu foi a Copa do Rei, da que chegou á final despois de vencer ó Atlético de Madrid en Octavos, ó Espanyol en Cuartos, ó Mallorca nas Semifinais e xa finalmente ó Athletic Club de Bilbao na final. Posteriormente gañaron a Liga Española, competición que deixaron practicamente sentenciada despois de gañar ó eterno rival (Real Madrid) por un resultado de 2-6 no propio campo do Madrid.

O conxunto catalán foi o líder da Liga desde a 7º xornada de Liga das 38 que son, mostrando un dominio absoluto sobre o resto dos equipos, que se viu reflexado na cantidade de partidos gañados, os seus goles a favor e os poucos que encaixaron. Xa finalmente, por último pero non menos importante, gañaron a Champions League, tamén coñecida como Copa de Europa, despois de eliminar o Lyon nos Octavos, o Bayern nos Cuartos, o Chelsea nas Semifinales e xa por último ó Manchester United o que gañou na final do torneo, celebrada en Roma por un resultado de 2-0 con goles de Eto´o e Messi, nun partido que dominou constantemente o equipo dirixido por Pep Guardiola e que puxo punto e final a unha temporada chea de emocións para os seguidores do equipo. 36


Malva Míllara

CREPÚSCULO, de Stephanie Meyer É un libro moi interesante. Trata do amor, que parece imposible, entre un vampiro e unha humana. Tamén viven moitas aventuras perigos s e intereresantes e téñense que enfrontar a moitos vampiros que queren impedir o seu amor. Bella Swan é unha rapaza normal e corrente que se muda a Forks, unha pequena localidade no estado de Washington, na que nunca deixa de chover e facer frío e pensa que é o máis aburrido que lle pasou na vida. Pero a súa vida dá un xiro excitante e aterrador cando coñece ó atractivo Edward Cullen, que ten unha beleza sobrenatural. Ata agora Edward mantivera en segredo a súa identidade vampírica, pero agora pasarán moitas aventuras, e a que en máis perigo estará será Bella, a persoa que máis quere Edward. A película baseada no libro foi unha das máis taquilleiras deste anoe , aínda que non reflicte con total exactitude certos detalles que si aparecen na novel,a recomendo vela.

CUMBRES BORRASCOSAS, de Emily Brontë Virginia González É un libro moi interesante. Conta a historia de dúas familias enfrontadas por culpa dun só individuo. Fala de persoas moi complexas, vingativas e caprichosas. Todo o que ocorre na novela é malo, nunca pasa nada bo. O señor Lockwood chega á finca de Cumbres Borrascosas. Alí coñecerá o señor Heathcliff, a súa nora Catherine e a Harenton. Ó día seguinte, Lockwood trasládase a Granxa dos Tordos e a súa ama de chaves, a señora Dean, contaralle a historia das dúas familias que alí viviran, Earnshaw e Linton. O vello señor Earnshaw recolle a un neno perdido e lévao á súa casa. O neno é Heathcliff. Faise moi amigo da filla do dono, Catherine, pero non pasa o mesmo co fillo, Hindley. Cando o vello Earnshaw morre, Hindley ocupa o seu lugar como dono da finca. Á morte da súa esposa, Hindley convertese nun home odioso. Catherine casa con Edgar Linton e vaise vivir á Granxa dos Tordos. Heathcliff escápase ó saber o futuro matrimonio de Catherine. Dende entón, Heathcliff fará o imposible para destruír as vidas das familias Earnshaw e Linton. 37


BODY OF LIES, de David Ignatius Maria Blanco

Eve Ducan é unha reconstrutora de cadáveres que vive unha tranquila vida xunto ó detective Joe Quinn e a súa filla adoptiva Jane. Pero ocorre un incidente que a deixa esnaquizada emocionalmente, polo que decide aceptar un traballo en Baton Rouge. Debe achar a identidade dun “corpo” do que só queda a cabeza. É un traballo moi importante para o goberno, e é mantido en alto segredo. Pero en canto Eve empeza o seu traballo coa caveira, ocorren unha serie de incidentes que poñen en perigo a vida da protagonista, o que a fai sospeitar de que detrás da morte do home que ten que identificar hai una gran verdade que alguén quere manter oculta. Este libro é moi interesante, está ben escrito e consegue facerche pasar un bo rato. Méteste na historia completamente e non es capaz de parar. Trata toda clase de temas (o paranormal, os asasinatos, a vida de parella, etc.) e sentimentos (amor, dor, traizón, etc).

GRAN TORINO, de Clint Eastwood Sabela Varela Esta película é unha nova demostración de talento do gran Clint Eastwood, tanto na súa faceta de actor como de director. Merece a pena ver esta historia chea de tópicos convertida nun retrato profundo da sociedade. Trata de Walt, un ancián groseiro e anclado no pasado. Trala morte da súa muller e o pasotismo por parte da súa familia, a súa personalidade vólvese incluso máis aceda. Para completar o seu resentimento, o seu barrio parece estar plagado de coreanos, xente que combateu na guerra anos atrás e a que ve coma uns bárbaros. O único alivio para este home é o seu Gran Torino, un coche polo que sente un gran cariño. Cando o seu veciño coreano intenta roubarllo, todo cambiará.

38


Celia Díaz2 ENCRUCILLADO

HORIZONTAIS 1. Planta gramínea. Cano con chave para abrir ou pechar a saída dun líquido. 2. Labre un campo. Conxunto de normas dun estado. Unidade monetaria do Xapón. 3. Dirixíase. Que pertence a outros. Nota musical. 4. Símbolo do xofre. Dono. Río. Romanos, cincuenta. 5. Parte dura e sólida do esqueleto. Cada unha das boliñas que forman un colar. 6. Símbolo do fósforo. Feminino, plantígrado. Peza dental posterior. Vogal. 7. Adverbio de lugar. Expresión de despedida. Pronome persoal. 8. Masa formada polo conxunto de ovos dos peixes, crustáceos, etc. Ao revés, camiño dentro dunha poboación. Emprego, utilizo. 9. Parte do día desde que comeza a pórse o sol ata que se fai noite. Calcular a cantidade que vai custar algo. VERTICAIS 1. Adverbio de cantidade. En plural, anaco de madeira. 2. Cólera, furia. Vogal. Certo imposto. 3. Pronome persoal átono. Cociño á acción directa do lume. Ao revés, anfibio. 4. Consoante. Pon á vista, deixa ver. Preposición. 5. Órgano do sentido da vista. Primeiro home. 6. Pronome persoal. 7. Ao..., de través. Parede, valado. 8. Vogal. En plural, órgano polo que percibimos os sons. Consoante. 9. Romanos, cincuenta e un. Gaba, eloxia. Breixo, torga, urce. 10. Percorrer coa vista un escrito comprendendo o que di. Vogal. Demostrativo. 11. Aro de metal, sortella. Cheiro.

2

Restra de letras, Edicións Xerais, 2002

39


IES AS LAGOAS – OURENSE

40


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.