ORIXE DA CONMEMORACIÓN
O 25 de novembro foi declarado día Internacional contra a Violencia de Xénero no 1º Encontro Feminista de Latinoamérica e do Caribe, celebrado en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981. A celebración deste simposio permitiu denunciar a violencia de xénero dentro do ámbito doméstico e a violación e o acoso sexual noutros contextos sociais, incluíndo a tortura e os abusos sufridos por prisioneiras políticas.
Elixiuse esa data por coincidir coa morte das irmás Miraval, tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana. Os seus cadáveres esnaquizados apareceron no fondo dun precipicio. Para o movemento popular e feminista de República Dominicana historicamente estas mulleres simbolizaron a loita e a resistência contra a inxustiza e as imposicións.
En 1999, a ONU deu carácter oficial a esta data e dende entón é conmemorada de modo institucional.