VIOLENCIA DE XÉNERO. ANÁLISE DE PUBLICIDADE ANUNCIO 1 : EL MALTRATO SUTIL 1. QUE PRODUTO SE PUBLICITA E A QUEN VAI DIRIXIDO? (Recoméndase que, tras ver o anuncio, se faga un resumo oral do que se presenta nel) Publicítase a necesidade de autoestima e de autenticidade na muller e tamén o rexeitamento de imposicións sociais de tinte machista. 2. CAL É O SLOGAN? COMÉNTAO Aparece, como sucede habitualmente en publicidade, ó remate: “ LA BELLEZA ES UNA ACTITUD. ERES INCREÍBLEMENTE PRECIOSA CUANDO ERES AUTÉNTICA”. Ninguén ten autoridade para impoñer desde fóra uns canóns de beleza e de actuación; quen o fai persegue sempre o beneficio propio a costa da liberdade das persoas: as marcas comerciais de roupa, alimentación... xogan un papel na sociedade co que temos que ser moito máis críticos. A beleza debe ser algo persoal e que ten que ver con moitas máis cousas que co aspecto externo de alguén. 3. PERSONAXES QUE APARECEN NO VÍDEO MOZA: aparece totalmente ESTEREOTIPADA, a través dunha serie de trazos que a sociedade considera definitorios da condición feminina ( uso da cor rosa, maquillaxe, tacóns, cepillo do pelo, preocupación polo peito, pola cintura...). Cómpre suliñar a presenza do XESTO TRISTE, que se repite no vídeo desde que a rapaza comeza a “pasear” pola cidade, é dicir, a someterse ás convencións sociais. MOZO: aparece pouco no vídeo, pero a súa presenza é moi significativa. O tamaño co que se representa é moi superior ó da protagonista feminina e a xestualidade manifesta violencia. Na escena na que aparece o home, PERCÍBENSE DE XEITO DIFUMINADO FIGURAS HUMANAS QUE REPRESENTAN A SOCIEDADE COMO UNHA MASA QUE NON REACCIONA ANTE O MALTRATO. 4. AMBIENTES Non hai ao comenzo do vídeo ambientación espacio-temporal concreta, feito co que se busca que a mensaxe teña validez universal (serve para calquer lugar e para calquera época). Despois a voz en off dinos que a rapaza “camiña pola cidade”: ese dato é relevante en tanto que a partir dese momento a opinión da sociedade vai influír decisivamente nela. As convenvións sociais