SOCIEDADE. A violencia de xénero é a primeira causa de morte das mulleres no planeta
Sete de cada 10 mulleres sofre violencia física ou sexual ao longo da súa vida SEVIMEDIA Madrid Actualizado: 15/10/2014 22:19 horas
Sete de cada 10 mulleres no mundo sufrirán violencia física ou sexual nalgún momento da súa vida, segundo Oxfam Intermón, que alerta de que a violencia de xénero é a primeira causa de morte das mulleres no planeta, por diante do cancro, a malaria, os accidentes de tráfico e as guerras. Así o puxo de manifesto Oxfam este mércores nun comunicado tras a celebración en Madrid do II Seminario Internacional sobre violencias contra as mulleres e feminicidio, no que participaron 30 organizacións de Europa e América Latina. Precisamente, é en ambas as dúas rexións nas que se centrou a análise desta eiva mundial, polo que as organizacións convocantes fixeron un chamamento á UE para que inclúa a loita contra o feminicidio e o fin da súa impunidade como prioridade no marco da cooperación ao desenvolvemento, en particular, "as medidas para a prevención, o acceso a unha xustiza efectiva, a reparación do dano e as garantías de non repetición". Nesta liña, a directora executiva do Centro da Muller Peruana, Flora Tristán, resaltou durante o encontro a importancia de analizar o diálogo político entre a Unión Europea e América Latina, "para xerar acordos birrexionais que