MASCOTAS DOS XOGOS OLÍMPICOS MODERNOS

Page 1

XOGOS OLÍMPICOS

Mascotas


XOGOS OLÍMPICOS

Múnich 1972

Waldi

É un dachshund (“can salchicha”) de diversas cores: a cabeza e a cola son azuis e o corpo é verde e amarelo. Estas son tres das cinco cores da bandeira olímpica. Representaba a resistencia, a tenacidade e a axilidade dos atletas. Waldi foi a primeira mascota duns Xogos Olímpicos de verán.


XOGOS OLÍMPICOS

Montreal 1976

Amik

Esta mascota representa un animal emblemático de Canadá: o castor. O seu significado era a amizade, a paciencia e o traballo duro que axudou á estrutura de Canadá.


XOGOS OLÍMPICOS

Moscú 1980

Misha

É un oso pardo, símbolo de Rusia. Foi a mascota olímpica máis popular e con máis éxito comercial, pois incluso se lle chegou a dedicar unha serie inanimada xaponesa, titulada O osiño Misha.


XOGOS OLÍMPICOS

Los Ángeles 1984

Sam

É unha aguia calva, símbolo nacional dos Estados Unidos de América. Foi diseñada por Robert Moore, un artista da compañía Disney.


XOGOS OLÍMPICOS

Seúl 1988

Hodori e Hosuni

Son dous tigres, animais comúns nas historias tradicionais e lendas de Corea do Sur. Hodori é o macho e Hosuni, a femia.


XOGOS OLÍMPICOS

Barcelona 1992

Cobi

É un can humanizado creado polo diseñador español Javier Mariscal. Foi unha das mascotas con maior aceptación da historia dos Xogos Olímpicos.


XOGOS OLÍMPICOS

Atlanta 1996

Izzy

É un personaxe antropomórfico de cor azul que pode transformarse en diferentes formas. Non tivo moita aceptación por parte do público, por iso foi unha das mascotas menos populares da historia das Olimpíadas.


XOGOS OLÍMPICOS

Sídney 2000

Olly, Sid e Millie

Para esta edición foron creadas tres mascotas: Olly, unha cucaburra (ave), cuxo nome proviña da palabra “Olimpíada”; Sid, un ornitorrinco, cun nome relacionado coa cidade de Sídney; e por último, Millie, un equidna, que ten este nome debido ao novo milenio que acababa de comezar.


XOGOS OLÍMPICOS

Atenas 2004

Athenà e Phèvos

Son dous irmáns inspirados en dous bonecos da antiga Grecia. Os seus nomes proceden de Atenea, protectora da cidade de Atenas, e de Febo, deus das artes e o deporte.


XOGOS OLÍMPICOS

Pekín 2008

Fuwa

É un grupo composto por: Beibei, un peixe azul que representa a auga e a prosperidade; Jingjing, un panda negro que representa a madeira e a felicidade; Huanhuan, unha chama olímpica vermella que representa o lume e a paixón; Yingying, un antílope tibetano amarelo que representa a terra e a saúde; e Nini, unha golondrina verde que representa o metal e a fortuna. Xuntos, os seus nomes forman a frase Beijing huanying ni, que significa “Pekín davos a benvida”.


XOGOS OLÍMPICOS

Londres 2012

Wenlock e Mandeville

Segundo o seu autor, naceron a partir das últimas gotas sobrantes na construción do Estadio Olímpico de Londres. Os seus nomes están dedicados ás cidades británicas de Much Wenlock e Stoke Mandeville.


XOGOS OLÍMPICOS

Rio 2016

Vinicius e Tom

Vinicius é un gato amarelo de brazos azuis que reúne a axilidade dos felinos, o abalo dos monos e a lixeireza dos paxaros. Só utiliza os seus poderes para o ben.Tom é un boneco-árbore co tronco azul, os brazos laranxas e o pelo verde


XOGOS OLÍMPICOS

Tokio 2021 (2020)

Miraitowa e Someity

O proceso de deseño incluíu a 5 millóns de nenos en todo Xapón que deron a súa opinión e aprobación ás diferentes propostas. Miraitowa ten un gran sentido da xustiza e ten o superpoder de moverse a calquera lugar de forma instantánea. Someity ten sensores táctiles de cerdeira en flor e 3 superpoderes: telepatía, telequinesia e capacidade de voar grazas á súa capa especial. Someity ten unha forza interior incrible e ama a natureza.


XOGOS OLÍMPICOS

París ¿2024?


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.