Boletín trimestral 2

Page 1

Boletín Trimestral do IES Curtis Páxina 1

INTERCAMBIO CURTIS - MONTEFIASCONE

Curso 2011—2012 Trimestre Nº 2

CONTIDOS: Intercambio Curtis— Montefiascone

1

Entroido 2012

1

Novos espazos Web

1

Salón do libro de Ponte- 2 vedra Actividades do trimestre 2 Biblioteca Sarmiento

3

Encontros con escritores 3 Semana Cultural

Entre o 3 e o 10 de marzo tivo lugar o intercambio do IES de Curtis co ISIS C.A. dalla Chiesa, de Montefiascone. Participaron doce alumnos e alumnas de 4º ESO. Viviron unha semana con familias italianas co obxectivo de coñecer a súa cultura, o seu idioma, a gastronomía, e realizaron diversas visitas culturais a Montefiascone, Tuscania, Tarquinia, Orvieto, Viterbo, Bagnaia e Roma. Ademais estas visitas foron compartidas

4

Resultados da 2ª Avalia- 4 ción

non só cos alumnos e alumnas italianos que os acollían senón tamén co alumnado holandés que realizaba un intercambio nesas memas datas.

ENTROIDO 2012 NOVOS ESPAZOS WEB Damos a benvida a dous novos espazos web do IES de Curtis: a web da nosa sección bilingüe, IES Curtis Technology (http: // sites.google.com/site/iescurtistechnology/), e Son de noso, o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do centro (http:// sondenoso.blogspot.com.es/) Con eles pretendemos achegar o noso alumnado ás novas tecnoloxías e contribuír á súa aprendizaxe dun xeito máis lúdico.

http://sondenoso.blogspot.com.es/

Este curso celebramos a festa do entroido o día 17 de febreiro. Organizouse un entroido temático co lema Flower Power que resultou ser do agrado da maioría do profesorado e do alumnado. A participación foi moi alta en todos os concursos que se organizaron: peperetadas, disfraces e coplas de entroido (apropósitos). A ANPA colaborou co centro participando como xurado nos distintos concursos e contribuíu nos premios. No patio cuberto do centro instalouse un Galeoke no que se interpretaron cancións galegas con moi boa acollida e participación. Descubrimos que temos moitos "talentos" para a canción entre os docentes e discentes. Esperamos que o deste ano se convirta nun hábito e que nos vindeiros cursos os entroidos sexan aínda mellores e máis divertidos.

http: // sites.google.com/site/iescurtistechnology/


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.