E TI, QUERES SER UN GRAN LECTOR… DE PUBLICIDADE? 1. PRECISA QUE PRODUTO SE PUBLICITA E A QUEN VAI DIRIXIDO 2. CAL É O SLOGAN E COMÉNTAO 3. DETALLA QUE PERSONAXES APARECEN NA LÁMINA OU NO VÍDEO: -
Trazos físicos Sentimentos que se mostran Status social dos personaxes (clases acomodadas, clase media, clase mediobaixa…) Argumento: que fan os personaxes, que historia se conta...
4. INDICA EN QUE AMBIENTES TRANSCORRE A ACCIÓN: -
Na casa Coa familia Na natureza Practicando deporte. Nunha reunión, nun hotel, nunha oficina...
5. IMOS LER AS IMAXES: - Que planos predominan (panorámico, xeral, americano, primeiro plano...) e para que. - Análise das cores (frías, quentes...) - Emprego da luz (natural, artificial, claridade, escuridade...) 6. SE HAI MÚSICA, PRECISA SE É CLÁSICA, MODERNA, SE É RELAXANTE OU MOI DINÁMICA... SE TEN LETRA, PODE TER TAMÉN IMPORTANCIA. 7. SULIÑA OS TÓPICOS (TEMAS ) AOS QUE SE FAI REFERENCIA NO ANUNCIO: • • • • •
Bo gusto, refinamento Liberdade Vida sa Natureza Sexo
• • • •
1
Crise económica Familia Xuventude Amizade
8. FAI O MESMO NO CASO DE QUE APAREZAN ESTEREOTIPOS: - Home: estable, valoroso, amante do risco, conquistador, executivo… - Muller: ama de casa, nai , inferior intelectualmente, fermosa… - Nenos: asociados aos roles masculinos. - Nenas: asociadas aos roles femininos. 9. FAI, DE XEITO ORAL, UN PEQUENO COMENTARIO CRÍTICO DO QUE LEVAS ANALIZADO, NO QUE VALORES A EFECTIVIDADE DO ANUNCIO E DOS MEDIOS EMPREGADOS PARA FACELO.
2