O Equipo de Biblioteca convídavos a participar no concurso A VOLTAS COA PUBLICIDADE..., no que haberá que respostar cinco preguntas diarias, relacionadas coas técnicas publicitarias e coa orixe do nome de produtos e marcas comerciais. BASES 1. O obxectivo do concurso será a procura de datos para respostar cinco cuestións diarias, durante cinco días, sobre o contido dos cartaces expostos no corredor da planta baixa do instituto e publicados, asemade, no blog da biblioteca (sarmientobiblioteca.blogspot.com.es). 2. Poderá participar todo o alumnado do IES de Curtis. 3. A participación poderá ser individual ou en equipos de 2 persoas, como máximo. 4. Aqueles que decidan participar farano no período comprendido entre os días 20 e 22 de abril (luns, martes e mércores). Para formalizar a inscripción, poderán anotarse na biblioteca, comunicándoo ao profesor encargado, ou ben a través do correo electrónico deste espazo: curtisbiblio@gmail.com; neste último caso indicarase en ASUNTO, “CONCURSO DE PUBLICIDADE” e no texto da mensaxe figurarán o nome, os apelidos e o curso do participante ou participantes. 5. O concurso comezará o xoves, 23 de abril (Día do Libro). O alumnado terá que escoller entre dúas modalidades de participación: - MODALIDADE A (FORMATO PAPEL): no primeiro recreo, os participantes inscritos recollerán na biblioteca unha ficha coas cinco preguntas correspondentes a ese día. Repetirán a mesma operación ata o mércores, 29 de abril, día no que rematará a quenda de preguntas. - MODALIDADE B (FORMATO DIXITAL) : os participantes inscritos poderán descargar diariamente do blog da biblioteca unha ficha coas cinco preguntas correspondentes a cada día. Repetirán a mesma operación ata o mércores, 29 de abril, día no que rematará a quenda de preguntas. O venres, 24 de abril, entregarán no primeiro recreo, na biblioteca ou ben a través do correo electrónico da biblioteca, a ficha coas respostas do día anterior; neste último caso, o correo deberá ser remitido antes das 10.45 horas. Repetirán a mesma dinámica nos seguintes días: o xoves, 30 de abril, farán a última entrega.