BLOQUE 3 - MULLERES

Page 1


























MARYSE CONDÉ (1937) Escritora nada en Pointe-à-Pitre, capital do archipélago antillano de Guadalupe, unha das figuras máis salientables da literatura contemporánea escrita en francés. É autora de obras de ficción histórica, profesora emérita de

Francés na Universidade de Columbia (EEUU) e promotora da cultura africana no Caribe. Na súa obra, aborda os temas da memoria e a identidade, a escravitude, a diáspora negra e o colonialismo. A súa novela máis vendida é a saga de Segou, que se ambienta en Mali e examina o impacto do comercio de escravos, o Islam, o Cristianismo e a colonización sobre unha familia ao longo de varios anos. Outros dos seus títulos son Moi, Tituba, sorcière, que se basea na historia dunha escrava estadounidense acusada de bruxería en Salem, e La vie scélérate, encadrada en Guadalupe. Tamén escribiu obras de teatro, literatura infantil e ensayos.

Presidiu o Comité pola Memoria da Escravitude en Francia (2001), cuxo traballo se materializou na lei que recoñece a escravitude como un crime contra a Humanidade. Gañou o Premio Nobel Alternativo de Literatura en 2018. Previamente, obtivo o Premio Nacional de Literatura sobre a Muller e o Premio AnaïsSégalas da Academia Francesa. Foi a primeira muller que recibiu o Premio Putterbaugh, outorgado nos Estados Unidos a escritores francófonos.











Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.