Curso 2013-2014 | 1º Trimestre
BOLETÍN TRIMESTRAL IES CURTIS CONTIDOS
ENCONTRO LITERARIO CON NEIRA VILAS
PÁXINA 1 Encontro literario con Neira Vilas Visitamos o Museo da Minería del Entrego en Uvieo PÁXINA 2 Tres actividades para pechar o ano de Roberto Vidal Bolaño Día da ciencia en galego Outras actividades realizadas A nosa bibloteca PÁXINA 3 Festa do Outono Festival de Nadal Exposición eu son... Axenda escolar
O cincuenta e dous aniversario da publicación de Memorias dun neno labrego serviu de desculpa para que D. Xosé Neira Vilas visitara o noso centro. Tardaremos en esquecer as leccións de vida e de dignidade que nos deixou. Podedes ver a entrevista que lle fixeron Noelia Castro e Noelia Fontecoba en: sondenoso.blogspot.com.es
PÁXINA 4 O departamento de filosofía convoca o I Certame de ensaio do IES de Curtis O IES de Curtis contra a violencia de xénero Gráfica de resultados da primeira avaliación Palabras de Juan Fandiño, director do centro
ÍNDICE DE APROBADOS NA SELECTIVIDADE Xuño: 100% Setembro: 67%
VISITAMOS O MUSEO DA MINERÍA DEL ENTREGO EN UVIEO Os alumnos e alumnas de Tecnoloxía de 3.º ESO C, 4.º ESO A e 1.º, 2º bacharelato visitamos en outubro o museo da minería del Entrego. Nel puidemos ver a aplicación práctica de moitos dos coñecementos adquiridos previamente na aula. Pola tarde, un tren mineiro levounos ao interior dunha antiga galería nas proximidades do Nalón.