Reducir o déficit público: contraer os gastos ou aumentar os ingresos?
En termos económicos o déficit público é a diferencia negativa entre os ingresos e os gastos que rexistra unha administración pública ao longo dun periodo de tempo. Déficit público = Ingreso público – Gasto público cando Ingreso público < Gasto público
Dada a anterior igualdade é fácil concluir que a diminución do déficit pode acadarse vía reducción do gasto e/ou vía aumento do ingreso. O gasto público cumpre unha función redistributiva. A actividad financieira do Estado intenta recadar recursos dos estratos de maior ingreso, para financiar a satisfacción de necesidades dos sectores máis pobres (saúde, educación, seguridade, etc) a través do gasto público, e desta maneira pode contribuir a unha redistribución socialmente máis xusta dos recursos. Sempre que o nivel de gasto público sexa racional, evitando dispendios innecesarios, parece lóxico pensar en combater o déficit público mediante o aumento dos ingresos, se isto é posible. Desta maneira os cidadáns non verán drásticamente reducido o seu nivel de benestar económico e social, sempre que existan mecanismos que permitan aumentar o nivel de ingresos públicos dunha forma racional e xusta. Trátase dunha decisión política actuar sobre unha ou outra vía -reducción do gasto vs. aumento dos ingresos-, optar por gobernar para o cidadán ou para os mercados e o capital. Non imos entrar aquí a establecer quen son os reponsables da actual situación de crise económica e quen debería soportar o maior esforzo para saír da mesma; “entre todos podemos”, pero uns poden máis que outros. Falaremos de cifras:
MEDIDAS DE CONTENCIÓN DO GASTO PÚBLICO APROBADAS POLO GOBERNO O efecto acumulado do radical plan de aforro e de contención do gasto público anunciado polo Goberno alcanza os 20.200 millóns de euros, entre 2010 e 2011, que se distribúe da seguinte maneira (en millóns de euros): • • • • •
recorte do soldo dos funcionarios unidose dos medicamentos rebaixa de investimentos cheque bebé axustes que aplicarán as CC.AA. e os Concellos 1
7.200 1.085 6.045 1.250
(35.64%) ( 5.37%) (29.93%) ( 6.25%)
1.200
( 5.94%)