Eduardo Barreiros - biografía

Page 1

EDUARDO BARREIROS http://www.fundacionbarreiros.org/

Eduardo Barreiros foi un dos empresarios españois máis representativos dos "anos do desenvolvemento". Partindo dun pequeno taller en Ourense, foi capaz de levantar un gran complexo industrial empresarial que contribuíu decisivamente á motorización de España, xunto cos seus irmáns Valeriano, Graciliano e Celso e un excelente grupo de colaboradores. O motor diesel chegou a ser para os españois sinónimo de Barreiros, e iso a pesar da hostilidade dun sector gobernamental tan influente como o INI. En 1963 a asociación con Chrysler, nun dos maiores investimentos norteamericanos en España, lanzoulle un protagonismo internacional. Posteriormente, o socio americano foi gañando terreo o español nas ampliacións de capital, ata que a empresa pasou a ser Chrysler España en 1969. Pero a obra de Barreiros segue presente na gran factoría de Villaverde (Madrid), no actual tecido industrial español e na memoria daqueles anos.

1919 - 1945: As orixes. Eduardo Barreiros nace o 24 de outubro de 1919 en Gundiás, na Parroquia de San Miguel del Campo (Ourense). O seu pai inicia un negocio familiar de liña de autobuses ao comprar o primeiro autobús: un Panhard Levasor, de 10 HP, con capacidade de carga de 1.500 Kg, que fai a ruta Ourense-Luintra-Orense. Máis tarde, o seu pai solicita a concesión da liña B, Ourense-Los Peares-Orense e compra un segundo autobús: un vello Renault de 2 Tm., por 4.000 pts. Eduardo Barreiros continúa traballando na liña familiar de autobuses e empeza a asistir a un taller de mecánica -Pradairo-, como aprendiz, cun xornal de 2 pts. ao día. Ao estalar a guerra civil, cumpre o servizo militar na fronte, primeiro no terzo Abárzuza, e logo como condutor nun dos autobuses da familia que fora requisado para o transporte de soldados e feridos dende A Coruña a Oviedo. Máis tarde, é destinado á Compañía 20, Batería de Antitanques. Mentres tanto, o seu pai adquire a exclusiva da empresa Luintra, cun turismo Renault para levar o correo na liña Ourense-Parada do Sil-Orense. Compra un autobús Chevrolet de catro cilindros e 16 CV do ano 1925, un camión Ford e unha carrocería demasiado longa que ten que adaptar. Eduardo Barreiros continúa traballando na nova liña de autobuses do seu pai. Créase un pequeno taller familiar onde empeza a reconstruír autobuses para a liña familiar e a fabricar gasóxenos. Ao mesmo tempo realiza algunhas operacións de reconstrución e venda de vehículos. Constrúe o terceiro autobús da liña, cos longueiros dun camión Citroën, un diferencial de despezamento e o motor e a caixa de cambios dun camión queimado. A carrocería encárgaa, nova, a Ourense.

1


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.