OBRADOIRO E TI, SABES LER… PUBLICIDADE?
(2021)
Onde hai máis dun anuncio para exemplificar, pódese seleccionar o que se queira.
- DIAP. 2: pequena toma de contacto coa publicidade a través das imaxes dos anuncios. Veremos se os alumnos asocian as imaxes con marcas concretas (se as recoñecen) e destacaremos algún aspecto relevante en cada unha desde o punto de vista publicitario (cores, temas, planos…). É un bo momento para explicar o concepto de CONNOTACIÓN: o que suxire ao espectador a imaxe en conxunto e/ou os elementos que a integran; por exemplo, o branco nun anuncio de limpeza suxire eficacia; as cores cálidas nos coches asócianse á xuventude, ó dinamismo…
- DIAP. 4: proxectamos tres vídeos, correspondentes a cada tipo de mensaxe publicitaria -P. COMERCIAL: 1 MACDONALDS e 2 ADIDAS - P. INSTITUCIONAL: 3 PharmaMundi e 4 DGT - P. A MEDIO CAMIÑO: 5 ORANGE (prevención de mal uso das redes sociais) e 6 DKV - DIAP. 6: comentamos a imaxe, preguntamos que ven, que se publicita e incidimos no concepto de connotación (as cores verdes e azuis recordan a dobre circulación do sangue e asocianse aquí á saúde, á vida sana). - DIAP. ⅞: ademais de comentar as imaxes imos proxectar vídeos que reforcen o poder suxestivo das cores. - cores cálidas: podemos usar calquera dos de Coca-Cola (o actual (7) e o dos dous irmáns -8-), onde hai un claro predominio de vermellos e marróns; tamén aparecen verdes, asociados á natureza e á vida saudable. - Para o verde (saúde, vida saudable): ou Coca-Cola life (9) ou LARSA (10). - Para o branco, o de Mr. Clean (11). - DIAP. 15: para complementar o que explicamos sobre planos e ángulos, proxectamos o anuncio de RENAULT (12) - DIAP. 21: despois de comentar os diferentes temas que podemos atopar nos anuncios publicitarios que aparecen nas imaxes, podemos complementar a tarefa co visionado dalgún destes anuncios: - vida saudable, alimentos sans, vida no campo / familia : Casa Tarradellas (13 E 14) - amizade: Coca-Cola “Siente el sabor” (15) - Tecnoloxía: AUDI (16) - Humor : RASTREATOR (17) E CITROEN (18) - Sexo, atracción sexual, luxo, diversión : Carolina Herrera (19) , Paco Rabanne (20 e 20 bis ) , que nos serve para introducir o concepto de ESTEREOTIPO. - Defensa da cultura, dos costumes, da xeografía, do emblemático de Galicia: Gadis (21) - DIAP. 22 e 23. Recollen o concepto anterior, que complementamos con imaxes que ilustran como a publicidade vai, afortunadamente, reflexando a evolución dunha sociedade cada vez máis crítica e inclusiva. Despois diso convén que proxectemos anuncios destes grupos, analizando con eles a presenza/ ausencia de estereotipos e outros aspectos que nos parezan oportunos:
Fayri
a) Con estereotipos: 22 VANISH GOLD E 23 SPRITE b) Anuncios de transición: 24 Emma Le Treffle, Rastreator...