Lecturas biblio 2018

Page 1

La primera mano que sostuvo la mía, Maggie O´ Farrell (Asteroide) 340 páxs. Premio Costa de novela Coa súa habitual pericia narrativa, M. M. O’Farrell entrelaza a vida de dúas mulleres separadas por varias décadas: a arte, o amor, a traizón, os segredos e a maternidade establecen estraños paralelismos entre elas.

Campeones (DVD) Javier Fesser Marco, un adestrador profesional de baloncesto, atópase un día, no medio dunha crise persoal, adestrando a un equipo composto por persoas con discapacidade intelectual. O que comeza como un problema acábase convertendo nunha lección de vida.

L’art de perdre, Alice Zéniter (Flammarion), 512 pages. Raconte l’histoire d’une famille entre l’Algérie et la France sur trois générations.

Del color de la leche, Nell Leyshon. (Sexto Piso), 174 páxs. Mellor novela, gremio de libreiros de Madrid, 2014. Na Inglaterra rural de 1830 -tempo de férreo patriarcado- Mary, de 15 anos e coxa, librarase do duro traballo na granxa familiar para coidar da muller enferma do vigairo. Aprenderá a ler e escribir para contarnos a súa insospeitada historia.

Anagnórise, Mª Victoria Moreno (Galaxia), 128 páxs. Nicolau é un mozo con problemas que decide marchar a Madrid en autostop. Recólleo unha enigmática muller coa que iniciará unha viaxe de sorprendentes descubrimentos.

Nova Nursia, Héctor Cajaraville (Xerais), 344 páxs. Rosendo Salvado renunciou a unha vida de riqueza para marchar de misioneiro a Australia e fundar a maior misión católica do continente; alí desenvolverá unha férrea defensa dos aborixes, abocados á extinción por leis inhumanas.

Cuando sale la reclusa, Fred Vargas (Siruela), 304 páxs. Premio Princesa de Asturias das Letras 2018. Novela negra europea, protagonizada polo intuitivo comisario Jean-Baptiste Adamsberg. É a historia dunha vinganza, un alegato feminista. contra a violencia e os abusos.

El amor del revés, Luisgé Martín (Anagrama) 280 páxs. Autobiografía sentimental elegante e sensible: longo camiño desde o descubrimento da condición sexual “diferente”, ao «o valor exacto da tenrura». Retrato dunha sociedade infestada pola intolerancia e o prexuízo, que busca enfermidades imaxinarias para marcar o seu territorio moral.

Los divinos, Laura Restrepo (Alfaguara), 256 páxs. Cinco homes novos da clase alta bogotana, relacionados entre si desde a infancia por unha irmandade perversa e levemente delictiva, cometerán un crime que conmoverá á sociedade. Alegato contra o feminicidio.

O xardineiro do ingleses, Marcos Calveiro (Galaxia), 444 páxs. Premio García Barros 2017 O destino dos mariñeiros ingleses e alemáns na Vilagarcía de principios do s. XX crúzase coas arelas de liberdade dunha moza que intenta ceibarse das cadeas da Galicia daquel tempo. No Cemiterio dos Ingleses só queda unha tumba anónima na que agarda o misterio final...

Apegos feroces, Vivian Gornick (Sexto Piso) 224 páxs. Libro do ano, gremio de libreiros de Madrid, 2017. Retrato humano, vital e honesto da relación entre unha nai e a súa filla, memoria da escritora e activista Vivian Gornick que reflicte unha sociedade e unha época; é tamén meditación sobre a experiencia de ser muller.

Camuflaxe, Lupe Gómez (Chan de Pólvora), 107 páxs. Premio da Crítica Española 2017. Unha obra que xorde dunha “urxencia existencial e literaria que a a autora sente ao morrer a súa nai”. Lupe Gómez (Fisteus) ensaia nesta colección de poemas novas formas de enerxía silenciosa con campos expresivos inéditos.

As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos Mª Victoria Moreno, ANAGNÓRISE


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Lecturas biblio 2018 by Curtisbiblio - Issuu