“Mergúllate no(s) fondo(s)”
Memoria Plambe 2009/2010
“MERGÚLLATE NO(S) FONDO(S)” MEMORIA PLAMBE 2009/2010 I.E.S. CURTIS
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
1
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
Memoria Plambe 2009/2010
ÍNDICE 1
INTRODUCIÓN
3
2
SITUACIÓN DE PARTIDA E PROCESO DE TRANSFORMACIÓN.
3
3
GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS.
4
4
GRAO DE IMPLICACIÓN DO CENTRO E DA COMUNIDADE EDUCATIVA. 5
5
ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS.
6
5.1
Xestión técnica e organización
6
5.2
Dinamización
6
5.3
Formación de usuarios e educación documental
11
6
ACTIVIDADES DE FORMACION.
11
7
MATERIAIS PRODUCIDOS.
12
7.1
Xestión técnica e organización
13
7.2
Dinamización
13
7.3
Formación de usuarios e educación documental
14
8
AVALIACIÓN.
15
9
HORARIO REAL ASIGNADO Á PERSOA RESPONSABLE E AO EQUIPO. 19
10. CONCLUSIÓNS
20
11.
22
ANEXO Á MEMORIA DE ACTIVIDADES.
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
2
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
1
Memoria Plambe 2009/2010
Introdución.
A presente memoria recolle o traballo que o novo equipo da biblioteca veu realizando ao longo do curso 2009-2010 no seu afán de implementar na vida cotiá do IES de Curtis os obxectivos propostos no proxecto presentado ao Plan de mellora de bibliotecas escolares. Nese sentido, e dado que en boa medida a biblioteca iniciou unha nova etapa durante este curso, este documento reflectirá as medidas organizativas e de xestión que levamos a cabo no proceso de transformación da biblioteca nun centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe. Así mesmo faremos explícito o grao
de
cumprimento
dos
obxectivos.
Tamén
se
reseñan
as
actividades
desenvolvidas na biblioteca e pola biblioteca, xa que é precisamente dende a dinamización onde a biblioteca pode presentarse como un lugar no que ocorren cousas e se fan actividades, máis alá de almacenar volumes.
2
Situación de partida e proceso de transformación.
O traballo levado a cabo no último ano deu lugar a un novo enfoque da nosa biblioteca en todos os aspectos, é dicir: renovación e actualización de fondos, organización
de
espazos
e
funcionamento,
xestión
técnica
e
organización,
formación de usuarios e dinamización. Pouco a pouco a biblioteca foise transformando nun lugar de aprendizaxe dentro do centro, no que tanto alumnado como profesorado teñen ao seu alcance unha importante cantidade de recursos educativos e de lecer que lles permiten poñer en práctica un modo distinto de achegarse ao saber. Os fondos da biblioteca vanse conformando con todo tipo de materiais, xa que na sociedade actual non podemos pensar soamente na exclusividade da palabra impresa como soporte da información, senón tamén en todo tipo de formato. Acometemos importantes reformas no espazo físico da biblioteca. En primeiro lugar, procedemos á ampliación da mesma, incorporando á sala principal o espazo correspondente ao antigo Departamento de Orientación, pasando de dispor de 90 m2 a 125 m2; nun futuro, cos recursos necesarios, establecerase aí unha sala multimedia. Este novo espazo está comunicado directamente coa sala
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
3
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
Memoria Plambe 2009/2010
principal a través dun tabique acristalado practicable con portas e cunha persiana automatizada que posibilita o escurecemento desa parte da biblioteca para proxeccións. O chan, antes de terrazo, foi substituído por tarima flotante en toda a biblioteca. Respecto do mobiliario, ao longo deste curso, adquirimos catro mesas individuais de deseño, ademais dunha mesa de bibliotecario. Nas primeiras instaláronse catro ordenadores con acceso a Internet, que os alumnos utilizan para consultas, realización de traballos, … Nas ventás, substituíronse as antigas cortinas por estores e na sala multimedia instalamos un canón e unha pantalla para proxeccións. Instalamos, con carácter permanente, unha rede de difusión de música ambiental, tanto para a biblioteca como para outros espazos comúns (corredores, patio cuberto,…)
3
Grao de cumprimento dos obxectivos propostos.
Incremento notable dos
fondos, tanto en soporte impreso como audiovisual e
informático. Cómpre sinalar a diversidade dos fondos incorporados, por soporte, temática, especialidades, niveis educativos,…
Dotación á biblioteca de equipos informáticos, canón e pantalla de proxeccións e instalación de audio.
Incorporación de fondos destinados a alumnos con necesidades educativas especiais e alumnado inmigrante.
Proceso de traspaso de fondos de ABIES a MEIGA, aínda non completado.
Adquisición de mobiliario: mesas individuais para postos informáticos, mesa do bibliotecario, estores.
Obras de ampliación do espazo, substitución do chan e redecoración dos espazos.
Colaboración continuada con outros órganos (Dirección, ENL, Seminarios e Departamentos didácticos) na dinamización das actividades culturais do centro.
Difusión dos fondos, mediante a publicitación dos fondos xa existentes e das novidades adquiridas a través de guías e publicacións nos blogs da biblioteca.
Ampliación das posibilidades de uso pedagóxico da biblioteca escolar :
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
4
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
•
Memoria Plambe 2009/2010
Información continuada ao profesorado sobre o sistema de organización dos fondos, para que posteriormente puidesen traballar na biblioteca cos seus alumnos.
•
Difusión das posibilidades da biblioteca como recurso pedagóxico noutras áreas
con
menos
tradición
de
uso
(Matemáticas,
Ciencias,
Ciclos
Formativos...). •
Deseño, xunto con profesores de distintas disciplinas, de actividades contando co espazo da biblioteca.
•
Difusión dunha "Guía da Biblioteca" entre alumnos e profesores.
Arquivo e catalogación de documentos elaborados no centro por profesores e alumnos.
Incremento das publicacións periódicas ás que está subscrito o centro.
Realización dun expurgo dos fondos.
4
Grao de implicación do centro e da comunidade educativa.
O maior nivel de implicación no desenvolvemento do Plan de Mellora da Biblioteca, como é de supoñer, atopouse entre o propio profesorado integrante do grupo de biblioteca así como no profesorado con gardas neste espazo. A afinidade dentro do equipo serviu para que ese afán de facer da biblioteca un espazo aberto e vivo polinizara a unha parte importante da comunidade educativa, sobre todo ao alumnado. O grao de implicación do alumnado en todas as propostas da biblioteca, tanto lúdicas como académicas, foi moi alto. No que respecta ao profesorado, hai unha boa parte dos departamentos implicados e implicándose, o que non significa que todos os membros deses departamentos tomen unha parte activa no que ocorre na biblioteca. Cómpre salientar o traballo dos profesores dos departamentos de Lingua e Literatura Castelá, Lingua e Literatura Galega, Filosofía, Latín, Historia e Administración de Empresas.
Tamén queremos facer unha mención explícita aos profesores de
Electricidade Narciso e Tomás e aos seus alumnos, por brindarse a realizar as instalacións eléctricas necesarias para o mellor funcionamento e distribución da biblioteca tras as obras realizadas e estar en todo momento á nosa disposición para axudarnos co audio nas celebracións organizadas dende a biblioteca. Por último, no que atinxe á implicación do equipo directivo, podemos afirmar que dende o principio houbo unha vontade de axuda no que se refire a medios técnicos,
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
5
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
Memoria Plambe 2009/2010
reformas, instalación de equipos informáticos,..., destinando unha parte moi importante dos recursos asignados ao centro para acometer as obras de remodelación do espazo da biblioteca. É obrigado recoñecer que por parte da dirección houbo un aposta importante por este espazo, que desexamos se manteña ao longo dos vindeiros anos, non só no que respecta a medios materiais senón tamén a adquirir o compromiso de destinar horas do profesorado implicado para a adicación á biblioteca.
5
5.1
Actividades desenvolvidas.
Xestión técnica e organización
Redistribución da biblioteca: reforma, expurgo e ampliación do espazo.
Contacto co carpinteiro para readaptar e completar mobiliario.
Elaboración de paneis informativos para os andeis. Renovación da rotulación dos andeis a través de cores identificadoras das principias seccións, así como a elaboración dun directorio-guía.
Creación da zona T.I.C. con catro novos equipos.
Instalación dunha pantalla de proxección e dun canón dixital.
Redeseño dun punto informal de lectura.
Catalogación e etiquetado dos fondos.
Demos a coñecer á comunidade educativa a páxina do Opac Meiga da nosa biblioteca, amosando a súa utilidade como buscador dos fondos do noso e doutros catálogos.
5.2
Dinamización
Mantemento
e
creación
de
entradas
nos
blogs
da
biblioteca:
sarmientobiblioteca.blogspot.com e curtisdecine.blogspot.com
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
6
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
Memoria Plambe 2009/2010
Reanudación das reunións do Club de Lectura “Fendetestas” e creación e funcionamento do seu blog (clubfendetestas.blogspot.com).
Posta en marcha do Proxecto Interdisciplinar “Entra no mundo dos contos, entra nos contos do mundo”.
Creación do blog “Que ler, que ver” (quelerquever.blogspot.com), pensado para que os alumnos comenten os libros que están lendo e se fagan recomendacións entre eles. Está administrado por este sector da comunidade educativa e destinado a fomentar o gusto pola lectura.
Alta en Facebook (www.facebook.com/curtisbiblio).
A temporalización das actividades foi a seguinte:
OUTUBRO
Primeira reunión do equipo de biblioteca para programar o deseño e temporalización de actividades.
Reanudación do proceso de rexistro de fondos en MEIGA.
Deseño da actividade para formación de usuarios.
Instalación dun panel con información sobre Ágora, película de Amenábar que se estrenou en outubro: información sobre Hypatia. Saída ao cine para ver Hypatia (outubro)
Adquisición de novidades.
Posta en marcha do Proxecto Interdisciplinar “Entra no mundo dos contos, entra nos contos do mundo” (1º ESO): Utilizando o conto “Las babuchas fatídicas” traballamos: vocabulario, texto narrativo e dende aí saltamos á información sobre Exipto (texto ambientado en O Cairo): •
xeografía.
•
moedas
•
indumentaria
•
clima
•
cultivos e gastronomía
•
música
•
o Nilo
•
a momificación
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
7
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
Creación
do
blog
Memoria Plambe 2009/2010
do
Club
de
Lectura
“Fendetestas”
Traballo
“A
(clubfendetestas.blogspot.com).
Presentación
ao
CEFORE
do
Grupo
de
educación
documental dende a biblioteca”.
NOVEMBRO
1ª quincena. Organización de actividades vencelladas ao misterio e terror: mesa con libros desta temática, mesturados con castañas, ourizos e setas.
Elaboración e colocación dun panel con información sobre don Juan, Halloween e Samaín.
12 de novembro: En relación co Proxecto Interdisciplinar, organizamos unha degustación, dentro da biblioteca, de pratos típicos exipcios, con audición de música típica.
Planificación das tarefas do Club de Lectura “Fendetestas”.
Celebración do Día contra a violencia de xénero: entradas no blog sobre este tema, exposición con debuxos de Forges, carteis, cancións e textos literarios, posta a disposición do profesorado de materiais para as titorías (curtametraxes Cicatrices / Amelia e as sereas, tamén en audiovisual campañas
publicitarias
contra
a
violencia
de
xénero,
panel
con
recomendacións de libros, unidade didáctica sobre El club de las mujeres muertas…); proxección de curtometraxes durante a semana para os titores que quixeron aproveitar a aportunidade de velos cos seus alumnos.
Comézase a planificar o traballo sobre a celebración do Día dos Dereitos Humanos e Darwin.
DECEMBRO
Conmemoración Día internacional dos Dereitos Humanos: exposición de libros en distintas localizacións da biblioteca e do centro e proxección de películas relacionadas co tema.
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
8
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
Memoria Plambe 2009/2010
Peche do ano Darwin: exposicíón de carteis sobre o seu traballo e exposición de libros cedidos polo IES As Mariñas. Fotografías en paneis.
Publicación do número 3 da revista interdisciplinar “Outravacanomillo”.
XANEIRO
Aínda que a biblioteca estivo pechada por obras durante case un mes, tentamos manter o nivel de actividade; temporalmente vímonos obrigados a suspender o servizo de préstamo, lectura en sala e fichaxe de fondos.
Conmemoración do Día da Paz: elaboración de powerpoint sobre os premios nobel, mans en papel con poemas e citas sobre a paz elaborados polos alumnos que se colgaron no patio cuberto, lectura de textos nas clases e proxección de cortos e películas relacionadas coa celebración. Exposición na mesa redonda da biblioteca de libros e películas sobre o tema da paz, cartel con pombas para a paz con textos no interior, ambientación de audio en todo o centro con música relacionada co evento. Visionado da película “La vida es bella” (1º, 2º e 3º ESO). Elaboración dun tríptico informativo sobre aspectos da película que se entregou aos alumnos.
FEBREIRO
Conmemoración do Entroido: elaboración dunha presentación con imaxes da celebración do Entroido en diferentes zonas de Galicia, busca con alumnos
extranxeiros
de
información
sobre
tradicións
da
súa
terra
relacionadas con esta festa. Este traballo imprimiuse, plastificouse e fíxose unha exposición no taboleiro do patio cuberto. Concurso de repostería típica destas datas.
Actividades en colaboración co Club de Lectura arredor da película Sherlock Holmes e saída ao cine (A Coruña).
MARZO
Celebración do Día da Muller: nova edición do concurso Quen é esa muller?
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
9
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
Memoria Plambe 2009/2010
Publicación do número 4 da revista interdisciplinar “Outravacanomillo”..
Proxección das películas “Los santos inocentes” e “Las ratas” no día da morte de Miguel Delibes. Nese mesmo día fíxose unha exposición de obras de Delibes na biblioteca e colocáronse carteis co lema “Hoxe é un bo día para ler a Delibes”.
ABRIL
Conmemoración do Día do Libro e homenaxe a Miguel Delibes: •
Elaboración e exposición de murais sobre o escritor.
•
Lectura dramatizada de “Cinco horas con Mario”: recreación dun velorio no que a viúva (alumnas e profesoras caracterizadas) leron algunhas pasaxes da obra.
•
Elaboración de presentacións powerpoint sobre a obra deste autor cunha exposición complementaria.
•
Difusión de datos sobre a súa persoa e o seu labor literario en distintos grupos e niveis.
Actividade en torno a Uxío Novoneyra e Miguel Hernández: o equipo seleccionou textos de ambos autores, posteriormente repartíronse entre o alumnado, que os ilustrou (debuxos, collage, caligramas,…). Finalmente realizouse unha exposición con eses traballos.
Elaboraronse exposicións de carteis co material “Para que les”: imprimíronse carteis,
plastificáronse
e
colocáronse
sobre
paneis
distribuídos
polos
corredores do centro.
Iniciamos as celebración do Día das letras galegas: •
Fixemos carteis con viñetas de Pinto e Chinto e seleccionamos textos de todos os autores homenaxeados ao longo dos anos.
•
Montamos unha exposición no primeiro andar do centro sobre Uxío Novoneyra.
MAIO
Conmemoración do Día das matemáticas: exposición na biblioteca do Seminario de Matemáticas sobre materiais diversos relacionados con esta
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
10
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
Memoria Plambe 2009/2010
disciplina: con obxecto da 4ª edición da Feira Matemática que se celebra o 15 de maio no Pazo da Opera da Coruña, o Departamento de Matemáticas organizou unha exposición con libros antigos, exemplares doutros países, obxectos antigos relacionados co ensino desta disciplina, narrativa e humor sobre os números…
Actividades no Día das letras galegas: •
Elaborouse un panel, situado xunto á porta da biblioteca, con información sobre a conmemoración e sobre a figura de Novoneyra.
•
Exposición nunha mesa con libros de autores homenaxeados en diferentes anos.
•
Exposición sobre a flora galega.
•
Selección de textos de Uxío Novoneyra para traballar nas aulas e ilustrar: foron obxecto de concurso.
•
Proxección continuada durante a mañá do día 14 de maio dun vídeo sobre Uxío Novoneyra no recinto da biblioteca
Exposición con textos de Uxío Novoneyra e Miguel Hernández, con ilustracións feitas polos alumnos de ESO.
5.3
Formación de usuarios e educación documental.
Durante o primeiro trimestre, tras a elaboración dunha presentación en Jclick, onde se explica o funcionamento e estrutura da biblioteca, fixemos unha presentación da mesma aos alumnos de nova incorporación no centro. Elaboramos
un tríptico-guía coas normas de funcionamento, uso e
distribución da biblioteca. Reparto entre os usuarios do tríptico-guía.
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
11
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
6
Memoria Plambe 2009/2010
Actividades de formación.
Xornadas de Bibliotecas Escolares, Compostela, 23-24 de outubro 2009: Asistentes: Hortensia Blanco Socas, Carlos Blanco Dávila, Begoña Iglesias Cao, María Sánchez Manteiga.
Grupo de Traballo:
“A educación documental dende a biblioteca”,
cos seguintes obxectivos: •
Familiarizar a todo o grupo no dominio e manexo con destreza das liñas básicas de traballo e funcionamento dunha biblioteca.
•
Adquirir e saber transmitir a posteriori, habilidades que posibiliten o acceso á información en fontes diversas, a súa selección, o uso crítico da mesma, o seu tratamento creativo, o emprego da mesma para soluccionar problemas e para comunicar os contidos elaborados non só de maneira correcta senón tamén ética.
•
Dominar as aplicacións das novas tecnoloxías na busca, tratamento e reelaboración de materiais diversos, tanto de tipo lingüístico como matemático.
•
Adquirir
coñecementos
elementais
para
a
presentación
da
información atopada de xeitos diversos. •
Levar a cabo e planificar accións individuais e/ou grupais, podendo actuar o equipo de biblioteca como guías e como fontes de información á vez.
•
Difundir entre a comunidade educativa a idea da biblioteca como centro básico de recursos informacionais na actividade diaria do centro.
•
Avaliar o desenvolvemento de cada actividade coa finalidade de engadir
as
correccións
necesarias
para
mellorar
os
seguintes
traballos. •
Formular conclusións.
Asistentes: Hortensia Blanco Socas, Carlos Blanco Dávila, Begoña Centoira Bello, Begoña Iglesias Cao, María Sánchez Manteiga, Francisco Javier Vázquez Méndez, M. José Zas Vieira.
Encontros dos centros do Plambe, Compostela, 15-16 abril 2010. Asistentes: Santiago Soliño Díez.
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
12
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
7
Memoria Plambe 2009/2010
Materiais producidos
Os materiais elaborados son de moi diversa índole: guías de lectura impresas, actividades de formación de usuarios, educación documental, presentacións en powerpoint, carteis, entradas nos blogs, sinalizacións e rotulacións, impresión de diversos textos (poemas, relatos, textos do alumnado…), etc. Producíronse materiais para todas as áreas de traballo. Como pequena mostra, destacamos aquí os seguintes:
7.1
Xestión técnica e organización
Pps de sinalización de andeis.
Enquisas profesores e alumnos.
Folla para seminarios/departamentos de suxestións para adquisición de fondos.
7.2
Folla individual para suxestión de adquisición de fondos.
Libro de incidencias.
Dinamización
Creación do blog “Fendetestas” (clubfendetestas.blogspot.com) do Club de lectura e “Que ler, que ver” (quelerquever.blogspot.com)
Entradas nos blogs Biblioteca Sarmiento (sarmientobiblioteca.blogspot.com) e Curtis de cine (curtisdecine.blogspot.com)
Materias colgados na rede: • • • • •
www.slideshare.net/curtisdecine www.picturetrail.com/curtisdecine www.slideserve.com/users/Curtis/presentations/public www.slideboom.com/people/curtisbiblio www.issuu.com/curtisbiblio
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
13
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
Memoria Plambe 2009/2010
Materiais das distintas celebracións, que poden ser visionados na súa totalidade no Anexo I e no CD adxunto:
7.3
•
Club de lectura
•
Concurso Uxío Novoneyra – Miguel Hernández
•
Día contra a violencia de xénero
•
Día da Muller
•
Día das letras galegas
•
Día das matemáticas
•
Día dos dereitos humanos
•
Día do libro – Homenaxe a Miguel Delibes
•
Hypatia
•
Darwin
•
Xornal Outravacanomillo
•
Entroido
•
Premios nobel da paz
•
Proxecto interdisciplinar
•
Samaín
•
Guías lecturas
Formación de usuarios e educación documental
Actividade Jclick de formación de usuarios.
Guía de información e funcionamento.
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
14
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
8
Memoria Plambe 2009/2010
Avaliación
A avaliación inicial entendemos que queda recollida na Memoria da Biblioteca do curso 2008-2009 así como no Proxecto para o curso 2009-10. Nestes dous documentos recollíase o estado da biblioteca en relación co traballo que nela se viña
desenvolvendo
así
como
aspectos
máis
específicos
en
relación
coa
organización e a xestión técnica, xa que a formación de usuarios era un aspecto que non
se viña tratando en
profundidade. Eramos conscientes que nos
enfrontabamos a un traballo importante que abranguía diferentes obxectivos, o traspaso a Meiga de todos os fondos, a nova organización e distribución da biblioteca, lograr que fora un lugar atractivo e visitado, convertela nun centro de recursos para o ensino-aprendizaxe, potenciar as competencias de lectoescritura, ampliar as actividades de dinamización, formar na educación documental e na formación de usuarios, introducir as T.I.C. na biblioteca, etc. Pensamos que todos estes obxectivos, non sen esforzo, foron logrados, uns en maior medida que outros. A abrumadora cantidade de traballo por desenvolver en ámbitos diferentes, a necesidade de organización e distribución dese traballo ao ser un equipo que traballa en conxunto, as gañas de facer cousas, fixo que, se ben durante o curso todo foi bastante ben feito, quizais estivemos máis volcados na implementación das actividades – de formación, de dinamización, de xestión ou catalogación- que na avaliación das mesmas no momento da súa realización. É certo, non obstante, que posto que o traballo esixiu constantes reunións e postas en común tanto do equipo da biblioteca como do Grupo de Traballo, durante todo o curso produciuse un diálogo constante en torno ao estado e movemento da biblioteca. Podemos afirmar que este espazo experimentou unha grande transformación, non só física; converteuse nun punto referencial da vida cultural e académica do centro, o alumnado acode a ela
e participa nas actividades cunha actitude para nós, case
que, descoñecidas ata agora; a súa relación coa biblioteca é intensa, en cantidade e calidade. Nós, o grupo de biblioteca, a pesar do grande esforzo feito en tempo e traballo, sentímonos satisfeitos e recompensados pola positiva e, ás veces, entusiasta
resposta
dunha
parte
significativa
da
comunidade
escolar,
fundamentalmente, do noso alumnado. Finalmente faremos referencia aos seguintes datos: enquisas realizadas a docentes e alumnos (empregando unha variación do modelo ofrecido pola Asesoría
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
15
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
Memoria Plambe 2009/2010
de Bibliotecas Escolares) e datos absolutos e estadísticos dos movementos de fondos (adquisición e préstamos) e das aportacións ás entradas dos blogs: - Enquisas ao profesorado: cómpre salientar a diferenza de uso da biblioteca entre o profesorado de ESO e Bacharelato, que a utilizan con relativa frecuencia, e o profesorado de Ciclos Formativos, que apenas fan uso dela. Os usos preferentes entre os docentes son o préstamo, sobre todo de libros de carácter informativo, e a participación
nas
actividades
de
fomento
de
lectura.
Maioritariamente,
o
profesorado considera a biblioteca como un recurso pedagóxico que facilita a aprendizaxe, a adquisición do hábito lector, o uso da información e das novas tecnoloxías da comunicación e da información, e que actúa como factor de compensación social. Consideran os docentes que comezamos a ter unha boa actualización e adecuación do fondo nas distintas áreas curriculares, aínda que pode ser mellorable. - Enquisas ao alumnado: no que se refire á utilización da biblioteca polo alumnado estes acoden maioritariamente pola súa conta de unha a dúas veces por semana. Mais do 60% utilizan a biblioteca para facer traballos de clase e os materiais máis utilizados son: libros de ficción, DVDs de cine, cómics e dicionarios e enciclopedias. conectarse
a
Practicamente internet
e
o
100%
utilizan
son este
coñecedores recurso
con
da
posibilidade
moita
de
frecuencia,
fundamentalmente nos recreos. Teñen aínda dificultades para saber como están ordenados os documentos e como consultar o catálogo da nosa biblioteca, así como os de outras bibliotecas en internet. No que se refire ás actividades organizadas pola biblioteca, que non van dirixidas exclusivamente a eles como grupo (clubs de lectura, concursos…) case o cen por cen as coñecen, pero a maioría recoñece que non participan. Nas actividades de formación de usuarios organizada para os diferentes grupos de alumnado hai que salientar que practicamente a totalidade participou con aproveitamento nelas. O alumnado utiliza con moita frecuencia o servizo de préstamo (fundamentalmente libros de libre elección, de lectura obrigatoria das distintas materias e películas de cine), sendo as áreas máis demandadas literatura nas distintas linguas. No apartado de suxestións, demandan máis ordenadores conectados a internet e o seu uso máis frecuente co profesorado das distintas materias. - A análise dos préstamos é un dos indicadores máis claros para avaliar a incidencia do Plan de Mellora na vida da biblioteca. Podemos falar dun incremento
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
16
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
Memoria Plambe 2009/2010
de máis do 75% de incremento dos préstamos en comparación cos datos relativos a estas mesmas datas do ano pasado. Isto débese, por unha banda,
a un maior
número de usuarios, pero tamén á existencia dunha mellor oferta no que a fondos documentais se refire (temos rexistradas en MEIGA, dende 1 de outubro de 2009 ata a data de hoxe, 1434 novas altas de material textual e 97 de DVDS, fundamentalmente cine). Aínda que o gran protagonista seguen a ser as obras de literatura, queremos destacar o grande incremento dos préstamos de DVDs de cine e, en menor medida, a banda deseñada. Deixamos aquí unha táboa relativa á distribución dos préstamos por disciplinas:
DISTRIBUCIÓN DOS PRÉSTAMOS POR DISCIPLINAS
Disciplina Civilización, progreso e cultura en xeral. Publicacións infantís en xeral. Libros infantís e xuvenís. Banda deseñada. Ciencias Sociais en xeral. Filosofía. Ciencias Puras. Ciencias Exactas e Naturais. Alimentos. Debuxo en xeral. Cine. Literatura nas distintas linguas. Biografías. Outros. Socioloxía.
TOTAIS
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
% 0,12% 9,28% 0,58% 0,46% 0,12% 0,70% 0,23% 36,89% 49,77% 0,70% 1,03% 0,12%
100%
17
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
Memoria Plambe 2009/2010
- Respecto do número total de fondos dos que dispoñemos e a súa distribución, aportamos os seguintes datos relativos aos rexistros en MEIGA (quedan aínda pendente de catalogar nesta aplicación en torno a 1.000 fondos documentais que na actualidade están unicamente catalogados en ABIES):
Nº de rexistros bibliográficos
4.873
Nº volumes
5.117
Libros
4.448
Música impresa
4
Música manuscrita
3
Mapas impresos
3
Mapas manuscritos
2 395
Audiovisuais Gravación de son non musical
8
Material mixto
2
Manuscritos
1
Artigos
2 5
Prensa, revistas Ligazóns Web Nº de títulos Nº de autores Nº de CDU Nº de series Nº de materias Nº de editoriais Nº de lectores Data última actualización
198 6.526 3.057 5.346 2.501 3.506 419 518 08/06/2010
- No que respecta aos blogs que actualmente mantén a biblioteca, cómpre sinalar que dende principio deste curso o número de entradas neles foi superior a 700.
Sen
dúbida
algunha
(sarmientobiblioteca.blogspot.com)
o
foi que,
o con
blog
da
diferenza,
maior
biblioteca número
de
entradas, a cargo dos profesores membros do equipo de biblioteca, rexistrou, se ben é certo que este ano incrementouse de maneira considerable a participación do alumnado, fundamentalmente do primeiro ciclo de ESO e bacharelatos.
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
18
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
9
Memoria Plambe 2009/2010
Horario asignado á coordinadora e ao equipo (en vermello) e a gardas doutro profesorado (en negro).
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
1ª
Hortensia
2ª
Hortensia
1ºR
Hortensia
3ª
4ª
2ºR
5ª
VENRES
Begoña I. Hortensia
Fernanda Mª José Zas
Paco
Begoña I. Teresa Mª José Zas
Hortensia
Hortensia
Begoña I. Lois
Hortensia
Begoña I.
Loli Carril
Lois Catoira
Paco
Lois
Angel
Loli Carril
Teresa
Silvia
Angel
Carlos B.
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
Begoña I.
Carlos B.
Hortensia
Angel Begoña I. Mª José Zas
Fernanda
Hortensia
Angel María M. Carlos B. Begoña C. Paco
Silvia
6ª
Hortensia
Hortensia
Paco
Carlos B. María M.
Lois
Lois
Carlos B.
Begoña C.
19
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
Memoria Plambe 2009/2010
Tendo en conta que nas gardas debemos atender sobre todo aos préstamos e devolucións, estas horas resultáronnos insuficientes. Este curso, como o anterior, superamos esta dificultade cunha boa dose de voluntarismo, dedicando algúns membros do equipo moitísimas horas fóra do horario escolar a traballar na biblioteca e para a biblioteca. Estas situacións sabemos que non poden perpetuarse no tempo, posto que acabará incidindo negativamente no interese, motivación e rendemento dos membros do equipo. Cremos que, cando menos, o profesorado do equipo de biblioteca debería dispor de máis horas de adicación á biblioteca no seu horario. Pensamos que, sempre que a organización do horario de centro o permita, debe darse prioridade a este profesorado para que o total das súas horas complementarias sexan destinadas integramente ao traballo de biblioteca; non debe considerarse este como un traballo residual, senón como unha parte máis da boa organización e bo funcionamento do centro. Neste punto débese suliñar o alto grado de implicación co proxecto dalgúns profesores.
10 Conclusións.
A valoración xeral do traballo desenvolvido neste curso no Plan de Mellora de Bibliotecas é moi positiva.
Acadáronse a maioría dos obxectivos propostos e os
non acadados seguen abertos para enfrontármonos a eles no próximo curso. En canto á implicación do resto do persoal do centro nas actividades da biblioteca, observamos un achegamento tímido de parte do profesorado (non moi numeroso). Somos conscientes de que este é un dos principais cabalos de batalla e que sempre será unha tarefa inacabada, pero non desistimos convencidos
que
é
fundamental
para
levar
adiante
porque estamos
calquera
proxecto
de
desenvolvemento dos contidos curriculares e das habilidades e estratexias de aprendizaxe. A base de insistencia ou simplemente ir facendo cousas e amosalas, servirá para lograr, en maior ou menor medida, este difícil obxectivo. A biblioteca do centro xa é un lugar de referencia para unha parte significativa da comunidade educativa, está viva, está chea de proxectos e de actuacións. É un espazo cada día máis demandado e querido polos alumnos (fomos moi conscientes disto durante o tempo que estivo pechada por obras), os alumnos coñécennos e nós coñecémolos a eles, reclaman a nosa axuda, os nosos consellos, a nosa atención, colaboran nas actividades organizadas e préstanse de moi bo grao a axudarnos en moitas tarefas, ás veces tan pouco atractivas como mover
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
20
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
Memoria Plambe 2009/2010
mobiliario, libros,… Traballando para eles, traballamos para nós, e recibimos a diario a súa gratitude coa súa presenza nese espazo.
A Coordinadora da Biblioteca Begoña Iglesias Cao
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
Vº e Pce. O Director Juan Fandiño da Torre
21
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
Memoria Plambe 2009/2010
ANEXO Á MEMORIA DE ACTIVIDADES 2009-2010 Reportaxe fotográfica Documentos adxuntos CD con ficheiros adxuntos ÍNDICE
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
22
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
Memoria Plambe 2009/2010
1. Reportaxe fotográfica 2. Documentos adxuntos:
Adxunto 1: Tríptico formación de usuarios
Adxunto 2: Carteis expositivos de materiais sobre a Violencia de Xénero
Adxunto 3: Cuestionario sobre a exposición de Darwin
Adxunto 4: Cuestionario sobre os Premios Nobel da Paz
Adxunto 5: A riqueza do entroido galego.
Adxunto 6: Exemplar nº4 de Outravacanomillo
Adxunto 7: Dia da Muller Traballadora, materiais sobre o concurso Quen é esa muller?
Adxunto 8: Presentación power point sobre Miguel Delibes e a súa obra
Adxunto 9: Tríptico guía de lecturas abril 2010
Adxunto 10: Bases do concurso de ilustración e fotografía para poemas de U. Novoneira e M. Hernández Adxunto 11: Tríptico conferencia sobre la Pervivencia del modernismo en
las voces de los géneros populares
Adxunto 12: Proxecto interdisciplinar
Adxunto 13: Club de lectura
Adxunto 14: Enquisa so alumnado sobre o funcionamento da biblioteca
Adxunto 15: Enquisa so profesorado sobre o funcionamento da biblioteca
3. CD con ficheiros adxuntos:
Adxunto 1: (7.1) Xestión técnica e organización •
Carteis andeis
•
Libro de incidencias
•
Enquisa alumnado
•
Enquisa profesorado
•
Ficha de suxestións dos departamentos
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
23
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
Memoria Plambe 2009/2010
Adxunto 2: (7.2) Dinamización •
Hypatia (fotos exposición Hypatia-Ágora, datos sobre Hypatia, Amenábar e Ágora)
•
Samaín (fotos)
•
Día contra a Violencia de Xénero ( fotos exposición, nota informativa e guía aos titores e carteis expositivos de materiais sobre a Violencia de Xénero)
•
Materiais sobre Darwin (presentación power point, cuestionario sobre a exposición e fotos)
•
Premios Nobel da Paz (presentación power point e cuestionario)
•
Entroido
•
Dia da Muller Traballadora ( concurso Quen é esa muller? e fotos entrega premios)
•
Día do Libro ( fotos exposición Delibes, fotos lectura Cinco horas con Mario, presentaciones power point Caricatuas de cine, Delibes y el cine, Delibes y su obra, exposición Para que les?
•
Tríptico guía de lecturas abril 2010
•
Día das matemáticas (fotos exposición)
•
Día das Letras Galegas ( fotos )
•
Xornal exemplar nº4 de Outravacanomillo
•
Concurso U. Novoneyra e M. Hernández ( fotos M.Hernández e Novoneyra, bases concurso Novoneyra-M.Hernández e presentación power point M.Hernández)
•
Proxecto interdisciplinar
•
Club de lectura
Adxunto 3: (7.3) Formación de usuarios e educación documental
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
24
“Mergúllate no(s) fondo(s)”
•
Tríptico
•
Presentación Jclick
Biblioteca Sarmiento IES de Curtis
Memoria Plambe 2009/2010
25